miércoles, 8 de junio de 2016

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun ANIMADOR/-A SOCIOCULTURAL, a xornada completa, durante a tempada de verán/2016 (3 meses), con adscrición ao Centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade do concello do Vicedo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o próximo día 20 de xuño, ás 15:00 horas. Realizándose o proceso de selección o día seguinte, 21 de xuño, a partir das 11:00 h. na Casa da Cultura.

Para máis información e inscricións contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local.

No hay comentarios: