lunes, 27 de junio de 2016

OFERTA EMPREGO INCENDIOS

O Concello de O Vicedo selecciona persoal para a brigada municipal de prevención e defensa contra incendios forestais para a tempada de verán/2016. A duración do contrato é de tres meses con data de inicio prevista para o 20 de xullo.

Os postos de traballo convocados son:
 
- 3 PEÓNS DE  PREVENCIÓN E DEFENSA DE INCENDIOS FORESTAIS.
 
- 1 PEÓN CONDUCTOR DE PREVENCIÓN E DEFENSA DE INCENDIOS FORESTAIS.
 
- 1 XEFE DE BRIGADA.

 Están publicadas as bases de selección para tódalas postos no taboleiro de anuncios do concello e o prazo de inscrición remata o día 06 de xullo, ás 15:00 horas.
A proba de esforzo realizarase o día 8 de xullo, ás 11:30 horas, e os que a superen continuaran co proceso de selección o día 12 de xullo, ás 10:00 horas, na Casa da Cultura.

Para máis información, contactar coa axente de emprego e desenvolvemento local do concello, con oficina sita na Casa da Cultura, ou chamar ó 982590195.

No hay comentarios: