jueves, 9 de febrero de 2017

CONVOCATORIA PROBAS DE LIBRE PARA OBTER O GRADUADO ESO

 No DOG de hoxe publicase a resolución que convoca as probas libres para a obtención do título de graduado en educación secundaria para maiores de dezaoito anos
 
Os períodos de inscríción para cada unha das convocatorias serán: entre o 13 e o 24 de marzo para a de xuño, e do 3 ao 10 de xullo para a de setembro.


Requisitos para poder participar:
1. Teren feitos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.
2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria.
3. Non estar en nin teren estado matriculadas no curso 2016/17 nas ensinanzas de educación
secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.

4. O alumnado matriculado durante o curso 2016/17 na educación secundaria para persoas
adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:
- Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas
do segundo cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre
sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
- Para inscribirse na segunda convocatoria, o alumnado con ámbitos suspensos no
segundo cuadrimestre ten que renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria
das probas e dos posibles resultados académicos obtidos nelas.



Para máis información poden contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello de O Vicedo, ou pinchar no seguinte enlace: http://www.edu.xunta.es/web/node/1238

No hay comentarios: