jueves, 5 de abril de 2018

OFERTA DE EMPREGO. AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR PARA CUBRIR VACACIÓNS

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, para cubrir vacacións das auxiliares de axuda no fogar do servizo municipal de axuda no fogar. A data de inicio prevista é o día 23  de abril, e a xornada variará en función da persoa a que sustitúa.

O prazo de inscrición queda aberto desde o día 6 de abril de 2018 remata o vindeiro día 16 de abril de 2018, ás 09:30 horas. A selección realizarase ese mesmo día  16 de abril de 2018, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura, ou pinche no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

No hay comentarios: