lunes, 21 de enero de 2019

OFERTA EMPREGO AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR (20 HORAS SEMANA)

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (20 horas á semana). A data de inicio prevista é o día 04 de febreiro, e cunha duración inicial de tres meses.

O prazo de inscrición queda aberto do día 22 ao 29 de xaneiro de 2019.  A selección realizarase o día  30 de xaneiro de 2019, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura, ou pinche no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

No hay comentarios: