lunes, 11 de febrero de 2019

LISTA DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS PROVISIONAL SELECCIÓN DUN AUXILIAR DE INFORMACIÓN TURÍSTICA. PROGRAMA FOMENTO DO EMPREGO 2018 DO PLAN PROVINCIAL ÚNICO DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS, FINANCIADO POLA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

Publicouse no día de hoxe 11/02/2019 a lista de admitidos e excluidos provisional  en relación coas bases para a selección, mediante oposición, dun AUXILIAR DE INFORMACIÓN TURÍSTICA, a xornada completa, como persoal laboral temporal, dentro do programa: "Fomento do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2018", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo, ao abeiro das bases publicadas no BOP de Lugo de 3 de marzo de 2018, con adscrición ao servizo municipal de turismo

Segundo se establece na resolución os excluidos dispoñen dun prazo de dous días hábiles, é decir, dos días 12 e 13 de febreiro para efectuar as alegacións que estimen oportunas ou corrixir, no seu caso, os erros que proceda, directamente no propio concello ou , enviando dentro do mesmo prazo a documentación orixinal ou en fotocopia compulsada ou cotexada por calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 01 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas. Neste último caso, adelantaran por fax ó número 982590001 ou por correo electrónico o enderezo: concello@concellodovicedo.org, toda a documentación presentada nun rexistro habilitado e dentro do prazo estipulado.

As probas e valoración de méritos terán lugar o día 20 de febreiro de 2019, ás 10:00 horas, no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira idade do Vicedo, sita na rúa Cidade de Mondoñedo, nº 23 O Vicedo (Casa da Cultura).



Para máis información ou consulta das listas contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.  ( Ir a taboleiro de anuncios, pinchar no  + para ver toda a información)

No hay comentarios: