martes, 19 de mayo de 2020

Oferta emprego: auxiliar de axuda no fogar (xornada: 22 horas/semana)

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (22 h/semana), con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 12 de xuño, e a duración do contrato seis meses.

O prazo de inscrición de solicitudes queda aberto desde o día 20 ata o 29 de maio de 2020. A selección realizarase o día 02 de xuño de 2020, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

No hay comentarios: