lunes, 11 de mayo de 2020

Reactivación prazo solicitude selección dun/dunha Auxiliar de axuda no fogar para cubrir vacacións

Están expostas no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello a resolución pola que se reactiva o cómputo do prazo para a presentación de solicitudes ao abeiro das bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR (para cubrir vacacións).

Polo tanto, o prazo de solicitude queda aberto os días 12 e 13 de maio (dous días naturais que restaban do prazo), realizándose o proceso de selección o día 14 de maio partir das 10:00 horas na casa do concello.

Para máis información e inscricións: pasar pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board

No hay comentarios: