miércoles, 17 de junio de 2020

Axudas a contratación de persoas traballadoras remudistas

Este programa ten a finalidade de favorecer a substitución nos cadros de persoal das empresas, das persoas traballadoras  próximas á xubilación por persoas mozas menores de 30 anos desempregadas ou cun contrato formativo na mesma empresa, ou menores de 35 anos cun contrato de duración determinada na mesma empresa ou persoas desempregadas maiores de 45 anos, garantindo a non destrución de postos de traballo, unha vez que as persoas traballadoras que os ocupaban rematen a súa vida activa.

Por medio desta orde as empresas terán a posibilidade de obter axudas pola realización dun contrato de remuda a tempo completo de duración indefinida ou ben de duración determinada sempre que neste último suposto conste o compromiso de conversión a indefinido no momento da súa finalización.

O prazo de solicitude comenza mañá día 17 de xuño.

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200617/AnuncioG0424-050620-0004_gl.pdf

No hay comentarios: