martes, 2 de junio de 2020

AXUDAS DO IGAPE AOS SERVIZOS DE DESENVOLVEMENTO ESTRATÉXICO, PROFESIONALIZACIÓN, INNOVACIÓN E DIXITALIZACIÓN (PROGRAMA RE-ACCIONA)


Finalidade
O programa queda configurado deste xeito como un programa de servizos a pemes que, lles permite ás pemes executar proxectos de mellora en distintos ámbitos: desenvolvemento estratéxico, profesionalización, innovación e adopción de solucións de dixitalización.

Beneficiarios potenciais
As pequenas e medianas empresas (pemes), incluíndo os autónomos, comunidades de bens, asociacións, fundacións ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, leven a cabo actividade empresarial. En calquera caso, deberán ter radicado algún centro de traballo en Galicia, e cumprir a definición de peme.


Inversións ou gastos computables
A Amtega poderá conceder axudas en especie consistentes na execución de servizos para a súa realización en empresas galegas integrados nas seguintes categorías:

Adopción de solucións de dixitalización:

- Servizos para a definición dunha estratexia dixital da empresa.
- Definición e implantación dunha estratexia de ciberseguridade para a peme.
- Apoio na adopción de solucións de xestión empresarial en mobilidade.
- Deseño dunha estratexia de marketing de contidos para a peme.

O Igape poderá conceder axudas en especie consistentes na execución de servizos para a súa realización en empresas galegas integrados nas seguintes categorías:

1. Profesionalización e desenvolvemento estratéxico:

- Análise do potencial competitivo e primeiras accións de mellora.
- Construción dun proxecto de futuro e plan de mellora empresarial.
- Desenvolvemento de plans de acción e plan transversal.
- Análise do cumprimento normativo e os riscos legais.
- Mellora da xestión financeira e procura de financiamento.
- Optimización da produción e cadea loxística.
- Asesoramento para o relanzamento comercial.

2. Innovación:

- Preparación de procesos certificables.
- Deseño e lanzamento de produtos e servizos innovadores.
- Protección da innovación.
- Asesoramento para o financiamento da innovación.

As pemes poderán solicitar axudas para a prestación dun ou varios servizos, se ben non poderán solicitar un servizo do mesmo tipo que outro xa solicitado anteriormente, agás que renuncie ao anterior ou que a súa prestación xa estivera finalizada.

Os servizos adaptaranse en cada unha das prestacións á realidade da peme destinataria. Para este efecto, deberán establecerse inicialmente os parámetros de cada un deles: priorización de necesidades, alcance do traballo e ámbitos complementarios necesarios. A empresa contratada polo Igape para a prestación do servizo actuará durante todo o proceso como facilitador, aportando a metodoloxía de traballo e asegurando a súa calidade.

Cuantía das axudas
As axudas previstas nestas bases reguladoras configúranse como axudas en especie, da disposición adicional terceira da Lei 9/2007. A dita axuda confórmase como a diferenza entre o custo aboado polo Igape pola prestación do servizo e o importe esixido ás beneficiarias en concepto de cofinanciamento.

O importe do cofinanciamento privado pode consultarse no artigo 3 das bases reguladoras.

Ás empresas que tiveran finalizado un ou varios servizos do mesmo tipo nos dous anos anteriores á solicitude aplicaráselles un incremento no seu cofinanciamento crecente dun 20% por cada un dos servizos do mesmo tipo reiterados nese período.

A diferenza entre o custo do servizo e o cofinanciamento privado terá a consideración de axuda en especie, en réxime de minimis, e a súa contía indicarase na resolución de concesión.

Prazo de presentación de solicitudes
Os prazos para a presentación de solicitudes serán os seguintes:

Convocatoria // Inicio do prazo - Fin do prazo

2020.1 // 03/06/2020 - 02/07/2020
2020.2 // 06/07/2020 - 17/09/2020
2020.3 // 21/09/2020 - 05/11/2020

2020.4 // 09/11/2020 - 28/12/2020

Pódese consultar a normativa pinchando no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200602/AnuncioO92-220520-0004_gl.pdf






No hay comentarios: