miércoles, 26 de julio de 2023

Oferta de emprego: auxiliar de axuda no fogar a xornada completa

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada completa, con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo, e por un período de seis meses.

O prazo de inscrición comenza o día 27 de xullo de 2023 e remata o día 03 de agosto de 2023. As probas de selección realizaranse o día 4 de agosto de 2023, ás 10:00 horas, na casa consistorial do Concello do Vicedo.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board 

No hay comentarios: