viernes, 7 de julio de 2023

Axudas a empresas creadas por mulleres e a creación de emprego feminino (Programa EMEGA)

Poderán ser beneficiarias das axudas do programa Emega as empresas privadas formadas por mulleres que inicien a súa actividade económica ou formalicen os seus plans de reactivación e/ou mellora no período comprendido entre o 1 de agosto de 2022 e a data da fin do prazo de presentación de solicitudes, sempre que cumpran todas as condicións e requisitos comúns e os específicos da correspondente liña ou tipo de axuda previstos nas bases reguladoras.

Debe tratarse de empresas coa categoría de micro ou pequenas empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten: empresarias individuais, sociedades civís ou sociedades mercantís, incluídas as sociedades laborais e as cooperativas de traballo asociado.

As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e teñen por obxecto apoiar e fomentar o emprendemento feminino en Galicia e a creación de emprego, por conta propia e por conta allea, para mulleres.

O programa Emega comprende as seguintes liñas e axuda complementaria: 

a) Liña Emprende: liña de axudas económicas mediante incentivos para promover a posta en marcha de novas iniciativas empresariais (ten que suponer a creación do posto de traballo de tódalas promotoras e antes do inicio deben de estar desempregadas, carecer de ocupación mínimo un mes antes según informe de vida laboral)

 b) Liña Activa: liña de axudas económicas mediante incentivos para favorecer a reactivación, consolidación e mellora de empresas para paliar unha situación económica adversa e acadar o necesario equilibrio empresarial para asegurar a súa pervivencia e consolidación no actual contexto económico

 c) Liña ITEF: liña de axudas económicas mediante incentivos para impulsar a implantación de iniciativas empresariais de carácter innovador, con contido científico ou con base tecnolóxica; 

d) Axuda complementaria Concilia: co obxecto de a promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, en dúas modalidades: Concilia-promotoras e Concilia-persoas traballadoras por conta allea.

Prazo de solicitude:  08/07/2023 - 07/08/2023

Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local municipal ou pinchando no seguinte enlace: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=SI429A ; https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230707/AnuncioG0656-280623-0001_es.html


No hay comentarios: