Publicada na sede electrónica a resolución da alcaldía pola que se aproba a lista DEFINITIVA de admitidos e excluídos para a selección dun/dunha AUXILIAR DE INFORMACIÓN TURÍSTICA, a xornada completa, como persoal laboral temporal, dentro do programa reforzo do emprego do Plan Deputación de Cooperación cos concellos 2024, financiado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0
Recordámoslles que a proba de selección terá lugar no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira Idade de O Vicedo (Casa Cultura), sita en rúa Cidade de Mondoñedo, 23, o día 5 de marzo de 2025, ás 10:30 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario