viernes, 7 de febrero de 2025

Ofertas de emprego varias. Programa de reforzo do emprego do Plan Deputación de Cooperación cos concellos 2024, financiado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo

No BOP de Lugo de hoxe día 07/02/2025 publícase a convocatoria para a selección dun/dunha AUXILIAR DE INFORMACIÓN TURÍSTICA, de DOUS PEÓNS MANTEMENTO DE ZONAS NATURAIS e dun PEÓN DE SERVIZOS MÚLTIPLES, a xornada completa, dentro do programa de reforzo do emprego do Plan Deputación de Cooperación cos concellos 2024, financiado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo.

O prazo de solicitude é de 10 días naturais a contar a partir do día seguinte ao da publicación: polo tanto queda aberto desde mañá día 8 de febreiro de 2025 ata o día 17 de febreiro de 2025.

Para máis información ou consulta das bases e convocatoria, contactar no teléfono 982590029, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.2

No hay comentarios: