CONVOCATORIA E BASES DOS PREMIOS “LUGO CAMBIA AO TURISMO LUCENSE”, DO “PREMIO TURISMO SOSTIBLE” E DOS PREMIOS “… E PARA COMER, LUGO Á GASTRONOMÍA LUCENSE” PARA A ANUALIDADE 2025 no seguinte enlace: https://deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/29-05-2025.pdf#page=1
jueves, 29 de mayo de 2025
Talleres ES.MAR para o mes de xuño
Podes inscribirte a través da nosa web: https://rede-esmar.gal/es/
Para dúbidas e consultas: viveiro@rede-esmar.gal /664 461 557.
Publicación no BOP das bases para a selección dun/dunha auxiliar administrativo/-a, funcionario interino, subvencionado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo a través do programa "Reforzo do emprego 2024", para cubrir vacante
No BOP de Lugo de hoxe día 29/05/2025 publícanse as bases para o nomeamento como funcionario interino dun AUXILIAR ADMINISTRATIVO/-A, pertencente á escala de Administración Xeral, dentro do programa: "Reforzo do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2024", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo, para a cobertura de vacante.
O prazo de solicitude é de 5 días hábiles a contar a partir do día seguinte ó da publicación: polo tanto queda aberto desde mañá día 30 de maio de 2025 ata o día 5 de xuño de 2025.Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0
martes, 27 de mayo de 2025
Oferta de emprego: auxiliar administrativo/-a, funcionario interino, subvencionado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo a través do programa "Reforzo do emprego 2024", para cubrir vacante
Están aprobadas e expostas as bases para o nomeamento como funcionario interino dun AUXILIAR ADMINISTRATIVO/-A, pertencente á escala de Administración Xeral, dentro do programa: "Reforzo do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2024", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo, para cubrir vacante ata o 31 de outubro de 2025
Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí:
https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.2
https://deputacionlugo.gal/gl/temas/emprego/reforzo_emprego2024/listaxe_postos
lunes, 26 de mayo de 2025
Oferta emprego: CATRO PEÓNS FORESTAIS, programa APROL RURAL 2025
A Consellería de Promoción do emprego, comercio e emigración concedeu unha axuda ao Concello do Vicedo para a contratación de 4 PEÓNS FORESTAIS, para o mantemento de zonas naturais, a xornada completa e durante 9 meses, con data prevista de inicio o 01 de xullo de 2025, ao abeiro da Orde do 5 de marzo de 2025 pola que se regulan as subvencións para o fomento de emprego no medio rural (Aprol rural), e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2025.
Entre outros requisitos para poder optar a estos postos de traballo hai que estar desempregados, non ocupados e dispoñible para o emprego, e inscritos no servizo público de emprego (oficina de Viveiro), tanto no momento da selección como no da contratación.
Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local municipal, ou pinchando no seguinte enlace onde están expostas as bases de selección: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.6
miércoles, 21 de mayo de 2025
Campaña municipal "A saúde das mulleres" no concello de Mañón
O Concello de Mañón pon en marcha unha campaña no marco da conmemoración do 28 de maio, día internacional de acción pola saúde das mulleres e queremos compartir con vós toda a información, dado que somos concellos veciños e consideramos que algunhas actividades son moi interesantes para as vosas veciñas e tamén veciños.
[CAMIÑADA SAUDABLE “CON NÓS MESMAS] o sábado 31 de maio ás 10:00 da mañá, que consistirá nun percorrido a pé pola contorna da Área recreativa de Ponte Segade e Río Sor e nun xantar no que cada participante levará a súa comida. Para mulleres.
[XORNADA FORMATIVA ”A SAÚDE DAS MULLERES] A xornada terá lugar o sábado 7 de xuño en horario de 11.00 a 19:00h. no Centro Sociocomunitario do Barqueiro-Mañón, con opción de xantar en grupo (menú 15€) no Porto do Barqueiro con pequena visita pola zona.
Os relatorios da xornada correrán a cargo de Sara Iglesias, da asociación @quer_endo, mulleres con endometriose; María Hervada, técnica de intervención social de #FundaciónMujeres que falará desde a perspectiva das mulleres coidadoras; Laura López Méndez, educadora social de @aspromor.ortigueira que intervirá sobre mulleres e discapacidade intelectual e @mariagc_matrona, fundadora do @centro_m_burela que desenvolverá un faladoiro sobre peri/menoupausa.
[XORNADA DE RESPIRO “AS MULLERES NO MUSEO] o venres 20 de xuño que consistirá nunha saída á cidade da Coruña. O Barqueiro será o punto de partida da viaxe que comezará ás 8:30 horas e cuxa primeira parada será o @museo.belas.artes.coruna onde está prevista unha visita guiada polas instalación museística co título “As mulleres no museo” á que seguirá unha visita ás instalacións do xornal @lavozdegalicia en Arteixo. (20€ que inclúen xantar e bus, as visitas son gratuitas). Actividade aberta tamén a homes.
✍🏽 A inscrición nas actividades pode facerse nas oficinas de Servizos Sociais e Igualdade do Concello de Mañón, escribindo a igualdade@manon.es ou chamando directamente ao 681 147 029.
✅ A inscrición na XORNADA FORMATIVA “A SAÚDE DAS MULLERES” pode facer tamén a través do seguinte formulario web https://forms.gle/Xk98Qc76VcehfUtM6
Axudas contratación de mozos menores de 30 anos para promover a primeira experiencia
TR353C - Axudas á para promover a primeira experiencia profesional das persoas mozas menores de 30 anos mediante contratos formativos - 2025
Data inicio de solicitude: 27/05/2025
Data remate de solicitude (prazo xeral): 30/09/2025
Obxecto: Esta Orde ten por obxecto publicar a convocatoria das subvencións para a contratación por conta allea, que realicen as empresas e persoas empregadoras, para facilitar a persoas mozas menores de 30 anos en situación de desemprego unha primeira experiencia profesional mediante contratos formativos.
Características da axuda:
Serán subvencionables as contratacións por conta allea de persoas mozas mediante a subscrición de:
- Contratos para a obtención da práctica profesional.
- Contratos de formación en alternancia
Duración mínima de doce meses e a xornada completa.
O período durante o cal se teñen que realizar os contratos formativos para que sexan subvencionables é do 16/10/2024 ata o 15/10/2025.
Persoas beneficiarias
Poderán ser persoas e empresas beneficiarias as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as comunidades de bens e sociedades civís que contraten persoas mozas traballadoras por conta allea, para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia.
Tamén poden ser beneficiarios os centros especiais de emprego e as empresas de inserción laboral, que contraten persoas mozas traballadoras por conta allea, para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, excepto para subscribir contratos con persoas con discapacidade e contratos con persoas en situación ou risco de exclusión social, respectivamente.
Máis información: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=TR353C
martes, 20 de mayo de 2025
Oferta de emprego: peón/condutor/tratorista, a xornada completa
Están expostas na sede electrónica e no taboleiro de anuncios do concello os bases de selección para a contratación, mediante oposición, dun PEÓN/CONDUTOR/TRATORISTA, a xornada completa, cunha duración de cinco meses.
O prazo de solicitude é do 21 ao 27 de maio de 2025. A proba de selección realizarase o día 29 de maio de 2025, ás 10:00 horas na Centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade de O Vicedo (Casa Cultura).
OBRADOIRO NOVOS MODELOS DE INNOVACIÓN E COMERCIO
A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza, co apoio da Xunta de Galicia a través da iniciativa Conecta Lugo, un obraoiro práctico de traballo dirixido a mellorar o coñecemento sobre como innovar nos sectores de turismo e comercio, así como sobre as diferentes liñas de axuda e apoios públicos para promover a innovación ou a dixitalización nos devanditos sectores.
O taller, de dúas horas de duración, terá lugar en Viveiro (no salón multiusos do Concello), en formato presencial, o próximo día 21 de maio, mércores, en horario de 19:00 a 21:00 horas. Incluirase información sobre axudas do Igape e a Oficina Económica de Galicia destinadas aos sectores de comercio e turismo, apoios da Axencia Galega de Turismo ou presentación de casos de éxito innovador relevantes para estes sectores. Con dinámica grupal.
A asistencia é gratuíta pero é necesario reservar praza na seguinte ligazón:
ABERTO PRAZO DE ADHESIÓN PARA COMERCIO RETALLISTA AOS BONOS COMERCIA (DESCONTOS PARA GASTAR NOS COMERCIOS MINORISTAS ADHERIDOS)
OBXECTIVO: Incentivar a demanda comercial
Cada bono terá un valor de 30 euros, pode ser usado en varios establecementos, e con el poderán obterse descontos:
-Desconto de 5 euros para compras iguais ou superiores a 20 euros e inferiores a 30 (IVE incluido).
-Desconto de 10 euros en compras iguais ou superiores a 30 euros e inferiores a 50 (IVE incluido).
-Desconto de 15 euros en compras iguais ou superiores a 50 euros (IVE incluido).
COMERCIOS MINORISTAS QUE PODEN ADHERIRSE A ESTE PROGRAMA DE BONOS: os establecementos minoristas interesados poderán solicitado na web http://www.bonosactivacomercio.gal. DESDE O 20 DE MAIO DE 2025 E ATA O 15 DE DECEMBRO DE 2025, ou ata o esgotamento do crédito da última edición convocada. Principais requisitos para poder adherirse:
-Desenvolver a súa actividade comercial en Galicia.
- Ser empresarios autónomos ou pequenas e medianas empresas.
- Estar de alta nalgún dos epígrafes do IAE que aparecen nesta orde, publicado no DOG de 11/10/2022 (pinchar no seguinte enlace e ver anexo I: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250519/AnuncioG0767-020525-0001_gl.html )
FUNCIONAMENTO DOS BONOS:
- Os comerciantes adheridos recibirán semanalmente na conta bancaria indicada, a cantidade equivalente a os bonos canxeados no seu establecemento.
- Para canxear os bonos e poder aplicar os descontos os comerciantes terán que descargar no seu móvil a APP corespondente, e no momento da compraventa, o comerciante terá que introducir nesa APP o importe e concepto da venda, aparecendo automáticamente o importe a cobrar (aplicado xa o desconto ao cliente). Pola sua parte, o usuario deberá mostrar o bono en formato código QR e pagar, en efectivo ou con tarxeta, o importe final da compra.
OBRIGAS DOS COMERCIOS ADHERIDOS:
- Anunciar no exterior do establecemento a adhesión ao programa.
- Realizar o desconto directo do bono, sin que o usuario chegue a desembolsar o importe do desconto.
- Especificar na zona de caixa, de forma visible, a política de devolución.
- Someterse de ser o caso as actuacións de comprobación e vixilancia necesarias.
- Conservar durante un ano os tickets de compra e facturas xustificativas da aplicación dos bonos.
- Custodiar as claves de acceso á plataforma co fin de evitar un uso indebido da mesma.
Máis información: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=CO301B
viernes, 16 de mayo de 2025
Axudas ao emprendemento da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Orde do 28 de abril
de 2025 da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, pola que se establecen
as bases reguladoras das subvencións para apoiar iniciativas de emprendemento e
se procede a súa convocatoria para a anualidade 2025 (código procedemento TR880A).
DOGA DO 13 DE MAIO DE 2025
Persoas Beneficiarias: traballadores autónomos e pequenas e medianas empresas, incluindo cooperativas e sociedades laboráis, que se encontren de alta e iniciasen a súa actividade desde o 1 de xaneiro de 2023
Que se subvenciona:
Son subvencionables:
- Equipamento
informático.
- Activos
intanxibles.
- Inversións
en eficiencia enerxética.
- Adquisición
de bens de equipo e mobiliario.
- Reforma
e rehabilitación das instalación do local de negocio.
- Gastos
notariales e/ou rexitrales (gasto corrente)
- Gastos
de alquiler de inmobles para a realización da actividade (gasto corrente).
- Adquisición de activos pertencentes a un establecemento ou bens de equipo de segunda man sempre que se cumplan determinadas condicións
Os investimentos deberán ser realizados e pagados entre o 01 de xullo de 2024 e a data de presentación da solicitude.
O importe mínimo das facturas a tener en conta é 300 euros, IVE excluido.
Existe a obriga de manter os bens un período mínimo de dous anos, ou cinco si son bens inscritibles nun rexistro público, e tamén manter durante dous anos desde a resolución da concesión, a actividade e a forma xurídica.
Importe: dependerá da cuantía da inversión:
- Entre
5.000 e 20.000 euros: 55%.
- Entre 20.001
e 30.000 euros: 50%
- Entre 30.001
e 60.000 euros: 45%
- Incremento
do 10% no caso de remuda xeracional.
Prazo e lugar presentación solicitudes: iniciase o día 21 de maio 2025 e finaliza o 30 de xuño de 2025 ou ata o esgotamento do crédito. A presentación debe ser obrigatoriamente por medios electrónicos e a orde de resolución é por orde de entrada con expediente completo.
Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local, ou pinchando nos seguintes enlaces: https://empregovicedo.blogspot.com/, https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250513/AnuncioG0767-290425-0001_gl.html
jueves, 15 de mayo de 2025
Oferta de emprego: limpador/-a a xornada completa
Están expostas na sede electrónica e no taboleiro de anuncios do concello os bases de selección para a contratación, mediante concurso-oposición, dun/dunha LIMPADOR/-A, a xornada completa, cunha duración de seis meses, sendo a data de inicio o 16 de xuño e a de finalización o 15 de decembro de 2025.
O prazo de solicitude é de 10 días hábiles a contar a partir do día seguinte a publicación, comenza o día 16 de maio e remata o día 29 de maio de 2025. A proba de selección realizarase o día 30 de maio de 2025, ás 11:30 horas na Centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade de O Vicedo (Casa Cultura).
Máis información e inscricións: pasando pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, ou pinchando no seguinte enlace: http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0
Oferta de emprego: catro peóns de protección do ambiente e espazos naturais para a tempada de verán 2025
Están expostas na sede electrónica e no taboleiro de anuncios do concello os bases de selección para a contratación, mediante oposición, de 4 PEÓNS DE PROTECCIÓN DO AMBIENTE E ESPAZOS NATURAIS, a xornada completa, sendo a data de inicio o 16 de xuño e a de finalización o 15 de setembro de 2025.
O prazo de solicitude é de 10 días hábiles a contar a partir do día seguinte a publicación, comenza o día 16 de maio e remata o día 29 de maio de 2025. A proba de selección realizarase o día 30 de maio de 2025, ás 10:00 horas na Centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade de O Vicedo (Casa Cultura).
lunes, 12 de mayo de 2025
OFERTA DE EMPREGO
Casa de turismo rural Almoina, ubicada en San Román (concello de O Vicedo), necesita una persona para tareas de servicio de habitaciones y desayuno, 2-3h/día en julio y agosto. Interesados enviar CV a: casa_almoina@hotmail.com, o llamar al teléfono 640346964
jueves, 8 de mayo de 2025
Axudas reparación vivendas protexidas
RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas ás comunidades de propietarios/as para a reparación, a rehabilitación e/ou a adaptación dos edificios de vivendas protexidas promovidos por este instituto, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento VI420A).
Para máis información, pinchar no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250508/AnuncioC3Q2-240425-0005_gl.html