Necesítase urxentemente CAMAREIRO/-A para bar O Boliche, O Barqueiro.
Interesados/-as chamar o 981424212
viernes, 3 de julio de 2015
OFERTA DE EMPREGO DE DOUS EDUCADORES INFANTÍS PARA O PUNTO DE ATENCIÓN A INFANCIA (PAI)
Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a
contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, de DOUS EDUCADORES INFANTÍS, para o Punto de atención á infancia municipal, durante o curso 2015/2016, desde o próximo
día 10 de setembro de 2015 ata o día anterior o inicio do novo curso
escolar 2016/2017.
Os requisitos para os candidatos son:
1º) Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da
Lei 7/2007, de 12 de abril, do estatuto básico do empregado público,
respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.
2º)Ter cumprido os 16 anos e non superar a idade establecida para a xubilación forzosa.
3º)Estar en posesión do título de Técnico superior en educación infantil ou mestre especializado en educación infantil.
4º) Declaración xurada do aspirante de non haber
traballado para este Concello máis de 11 meses dentro dos últimos 30 meses inmediatamente
anteriores, de ser o caso, á data de inicio do contrato.Non se terán en conta os contratos formativos, de relevo e
interinidade, a os contratos temporais celebrados no marco de programas
públicos de emprego-formación, así como os contratos temporais que sexan
utilizados por empresas de inserción debidamente rexistradas e o obxecto de
ditos contratos sexa considerado como parte esencial dun itinerario de
inserción personalizado.
5º)Ter coñecementos de primeiros auxilios.6º)Dispoñer do carné de manipulador de alimentos.
7º)Estar vacinado contra a rubéola.
Estes requisitos deberán acreditarse antes de que finalize o prazo de presentación de instancias (así como os méritos alegados), e a persoa seleccionada deberá presentar certificado médico ou certificado de aptitude conforme esta apta para o posto de traballo de educador infantil, antes da dación de alta.
O prazo de presentación de solicitudes comenza mañá día 4 de xullo e remata o próximo día 13 de xullo de 2015
O lugar de presentación será no rexistro de entrada do Concello do
Vicedo, ou mediante as formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/92, de
26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do
procedemento administrativo común.
As persoas que presenten a solicitude por outras formas diferentes ó
rexistro de entrada do Concello do Vicedo, deberán adelantar por fax o
982590001, dentro do plazo estipulado, copia da solicitude correctamente
datada e selada.
Poder consultar as bases e conseguir a instancia de solicitude e a declaración que acompaña a documentación, pinchando no seguinte enlace (apartado Taboleiro de anuncios- Emprego público): https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.1
jueves, 2 de julio de 2015
CURSOS DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A DESEMPREGADOS/-AS
A Consellería de Traballo e Benestar subvenciona novos cursos na zona da Mariña, entre eles un curso de salvamento e socorrismo no concello de Xove.
Máis información
http://traballo.xunta.es/cursos-afd?p_p_id=ipecos_opencms_portlet_INSTANCE_2qHI&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_col_id=column-3&p_p_col_count=1&_ipecos_opencms_portlet_INSTANCE_2qHI_content=%2Fopencms%2FTraballo%2FContidos%2FCursos_AFD%2Flistado_cursoAFD_central.html&activo2=null&category=Tema/Formacion_e_cualificacions/
Máis información
http://traballo.xunta.es/cursos-afd?p_p_id=ipecos_opencms_portlet_INSTANCE_2qHI&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_col_id=column-3&p_p_col_count=1&_ipecos_opencms_portlet_INSTANCE_2qHI_content=%2Fopencms%2FTraballo%2FContidos%2FCursos_AFD%2Flistado_cursoAFD_central.html&activo2=null&category=Tema/Formacion_e_cualificacions/
lunes, 29 de junio de 2015
AXUDAS DO INEGA PARA A RENOVACION DE FIESTRAS E CALDEIRAS DE ALTA EFICIENCIA
ORDE
do 10 de xuño de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a
concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva,
relativa ao Plan renove de caldeiras de alta eficiencia, así como a
selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e
se procede á súa convocatoria para o ano 2015 (códigos de procedemento
IN422D-IN422E).
ORDE do 10 de xuño de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativa ao Plan renove de fiestras, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria (códigos de procedemento IN412A-IN412B).
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150626/AnuncioCA04-180615-0008_gl.html
ORDE do 10 de xuño de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativa ao Plan renove de fiestras, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria (códigos de procedemento IN412A-IN412B).
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150626/AnuncioCA04-180615-0008_gl.html
miércoles, 24 de junio de 2015
BEN EMPREGADO I e II. ABERTO O PRAZO PARA DESEMPREGADOS/-AS
Publicado no BOP de Lugo e na páxina da Excma. Deputación Provincial de Lugo as axudas concedidas para a contratación de persoal no BEN EMPREADO II, e aberto o prazo para aqueles traballadores/-as desempregados/-as que queiran optar a algún dos postos de traballo subvencionados.
Máis información:
http://benempregado.deputacionlugo.org/benempregado2.asp
O prazo de solicitude finaliza o 04/07/2015
Tamén se ofertan a maiores algunha praza no BEN EMPREGADO I, despois de presentarse varias renuncias:
http://benempregado.deputacionlugo.org/benempregado1.asp (apartado últimas novas).
viernes, 19 de junio de 2015
OFERTA DE EMPREGO
O Concello de O Vicedo selecciona TRES CONDUCTORES PARA A MOTOBOMBA
para a temporada de verán/2015. A duración do contrato é de dous meses e medio, sendo con data de inicio prevista para o 16 de xullo.
As bases de selección están publicadas no taboleiro de anuncios do
concello, e o prazo de presentación de instancias remata o día 29 de
xuño, ás 15:00 horas.
Para máis información, contactar coa axente de emprego e desenvolvemento local do concello, con oficina sita na Casa da Cultura, ou chamar ó 982590195.
OFERTA DE EMPREGO
O Concello de O Vicedo selecciona persoal para a brigada municipal de
prevención e defensa contra incendios forestais para a tempada de
verán/2015. A duración do contrato é de tres meses con data de inicio
prevista para o 16 de xullo.
Os postos de traballo convocados son:
- 3 PEÓNS DE PREVENCIÓN E DEFENSA DE INCENDIOS FORESTAIS.
- 1 PEÓN CONDUCTOR DE PREVENCIÓN E DEFENSA DE INCENDIOS FORESTAIS.
- 1 XEFE DE BRIGADA.
Están publicadas as bases de selección para tódalas postos no taboleiro de anuncios do concello e o prazo de inscrición remata o día 29 de xuño, ás 15:00 horas.
Para máis información, contactar coa axente de emprego e desenvolvemento local do concello, con oficina sita na Casa da Cultura, ou chamar ó 982590195.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)