martes, 9 de enero de 2024

AXUDAS PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO

 Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a promoción do emprego autónomo, cofinanciadas polo Unión Europea no marco do Programa FSE+Galicia 2021-2027, e se realiza a súa convocatoria para o ano 2024 (código procedemento TR341D)

Persoas Beneficiarias: persoas que causen alta definitiva no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional entre o 30 de setembro de 2023 e o 29 de setembro de 2024, como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación, que cumpran as seguintes condicións:

 -      Estar inscritas como demandantes de emprego e carecer de ocupación efectiva no momento da alta como persoas autónomas.

-      Ter iniciada a actividade con anterioridade a presentación da solicitude de subvención, o non haber estado de alta como autónomo nos tres anos anteriores a publicación desta convocatoria.

-      Estar de alta no imposto de actividades económicas.

-      Desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia.

-      Ter domicilio fiscal en Galicia.

-      No caso liña 2: ser beneficiaria da cota reducida regulada no apartado 1 do artigo 38 da Lei 20/2007, de 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo


Hai dous tipos de axuda:

1.- Liña 1: axuda para o inicio da actividade e mantemento do emprego como persoa traballadora autónoma:

-      2.000 € para persoas desempregadas en xeral.

-      4.000 € para persoas desempregadas incluídas en algúns dos seguintes colectivos:

·         Menores de 30 anos.

·         Desempregadas de longa duración.

·         Desempregadas con discapacidade ou en situación de dependencia.

·         Desempregadas en situación ou risco de exclusión social.

·         Emigrantes retornados.

·         Persoas que teñan a condición de extranxeiras.

·         Maiores de 52 anos.

-      A contía base incrementarase nun 15% (incrementos acumulables; contía máxima posible de 7.000 €):

·         Se a persoa incorporada é unha muller.

·         O centro de traballo (ou o domicilio fiscal) estea situado nun concello rural.

·         Persoas maiores de 45 anos (non aplicable no caso de maiores de 52).

·         Se a persoa incorporada é unha persoa emigrante retornada ou estranxeira.

·         Persoas trans.

·         Profesións ou oficios en que a muller estea subrepresentada.


2.- Liña 2: axuda para sufragar os gastos de mantemento da actividade, equivalente  a 12 meses da cota reducida regulada no apartado 1 do artigo 38 da Lei 20/2007, de 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo.


Prazo presentación solicitudes: desde o día 16 de xaneiro de 2023 ata o 29 de setembro de 2024. Deberán presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

 

Destacar:

-      Obriga de manter a alta no RETA ou mutualidade durante un tempo mínimo de vinte e catro meses, salvo cesamento por causas alleas á súa vontade acreditados fidedignamente.

-      Obriga de manter durante o período dun ano a forma xurídica elixida pola cales se lles concederon as subvencións.

 

Máis información: contactar coa axente de emprego e desenvolvemento local municipal ou pinchar no seguinte:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240109/AnuncioG0656-291223-0004_gl.html

 


martes, 2 de enero de 2024

Oferta de emprego: AXENTE TIC, para a aula CeMIT do concello do Vicedo

Publicadas no BOP de Lugo de 30/12/2023, e expostas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica as bases para a contratación como funcionario interino, mediante concurso-oposición, dun/dunha AXENTE TICa xornada parcial (20 horas/semana), para a aula CEMIT.

O prazo de presentación de solicitudes é de 8 días naturais, contados a partir do seguinte a publicación das bases no BOP.

 Para máis información ou consulta das bases contactar coa axente de emprego e desenvolvemento local do Concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board

Modificación e contestación a alegacións listas selección limpadora Casa Cultura e outros, limpadora Casa do Concello e outros e peón recollida lixo. Proceso de estabilización do emprego temporal

Publicadas no BOP de Lugo do día 30 de decembro de 2023,  modificación e contestación alegacións as listas de admitidos e excluídos provisionais dos procesos de estabilización do emprego temporal, das seguintes prazas, convocadas tanto polo sistema de concurso:

- PEÓN RECOLLIDA LIXO.

- LIMPADORA CASA CULTARA E OUTROS.

- LIMPADORA CASA DO CONCELLO E OUTROS.

Pode consultarse: no BOP de Lugo,  no taboleiro de anuncios do Concello do Vicedo e no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello do Vicedo no seguinte enlace: https://www.deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/Documentos/bop_298_30122023.pdf

 https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

O prazo para alegacións e enmendas é de 10 días hábiles, a contar desde o día siguiente a publicación no BOP.

miércoles, 13 de diciembre de 2023

BONO DEPORTE DA XUNTA DE GALICIA

 

Requisitos dos establecementos adheridos ao programa:

 Poderán adherirse ao programa Bono deporte os establecementos comerciais, entidades deportivas e prestatarios de servizos que cumpran os seguintes requisitos:

a) No caso dos establecementos comerciais e dos prestatarios de servizos, que desenvolvan a súa actividade en Galicia e reúnan as condicións legalmente establecidas para o exercicio da súa actividade.

No caso das entidades deportivas, que estean inscritas no Rexistro de Entidades deportivas de Galicia .

b) Que en ambos supostos estean dados de alta nalgún dos grupos ou epígrafes do IAE recollidos no anexo I desta orde

Prazo de adhesión para os establecementos: do 12/012/2023 ao 02/01/2024

 

Requisitos para os beneficiarios do bono deporte:

A descarga dos bonos para as familias que cumpran os requisitos anteriores estenderase do 8 de xaneiro ao 29 de febreiro de 2024, salvo esgotamento do crédito do programa. Unha vez descargado poderase utilizar ata o 1 de xullo.


Máis información e inscricións: https://www.bonodeporte.gal/?fbclid=IwAR0N1rotIMc_JffVhRCiC7WXwRqsBq_Iyr9CnUXd2MgOrKL3BWMwU6NojOY






CURSO DE SOCORRISMO EN XOVE


 

lunes, 11 de diciembre de 2023

Listas admitidos e excluídos provisional das prazas de: peón-condutor, peón recollida de lixo, limpadora casa da cultura e outros e limpadora casa do concello e outros , convocadas no proceso de estabilización do emprego temporal, polo sistema de concurso.

Publicadas no BOP de Lugo do día 09 de decembro de 2023,  as listas de admitidos e excluídos provisionais dos procesos de estabilización do emprego temporal, das seguintes prazas, convocadas tanto polo sistema de concurso:

- PEÓN-CONDUTOR.

- PEÓN RECOLLIDA LIXO.

- LIMPADORA CASA CULTARA E OUTROS.

- LIMPADORA CASA DO CONCELLO E OUTROS.

Pode consultarse: no BOP de Lugo,  no taboleiro de anuncios do Concello do Vicedo e no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello do Vicedo no seguinte enlace: https://www.deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/09-12-2023_0.pdf#page=21

 https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

O prazo para alegacións e enmendas é de 10 días hábiles, a contar desde o día siguiente a publicación no BOP.

XORNADA SOBRE EXEMPLOS DE MULLERES EMPRENDEDORAS NA MARIÑA

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Mondoñedo presenta esta xornada para visibilizar a iniciativa emprendedora feminina, de mulleres que viven na costa de Lugo. 

Estas mulleres emprenderon aproveitando o patrimonio familiar, para ofrecer unha alternativa de hospedaxe no rural diferencial que transmita cultura e valores, e tamén aprenderon da xente da zona a forma tradicional de elaboración de produtos do mar para a comercialización de conservas.

Son exemplos da posta en valor das tradicións e o que se facía para autoconsumo nos fogares, convertindo estas actividades nunha alternativa de traballo incorporando a innovación.



Programa e inscricións: https://polosemprendemento.gal/calendar/emprendendo-en-feminino