martes, 20 de mayo de 2025

ABERTO PRAZO DE ADHESIÓN PARA COMERCIO RETALLISTA AOS BONOS COMERCIA (DESCONTOS PARA GASTAR NOS COMERCIOS MINORISTAS ADHERIDOS)

 OBXECTIVO: Incentivar a demanda comercial

 BONOS ACTIVA COMERCIO:

Cada bono terá un valor de 30 euros, pode ser usado en varios establecementos, e con el poderán obterse descontos:

-Desconto de 5 euros para compras iguais ou superiores a 20 euros e inferiores a 30 (IVE incluido).

-Desconto de 10 euros en compras iguais ou superiores a 30 euros e inferiores a 50 (IVE incluido).

  -Desconto de 15 euros en compras iguais ou superiores a 50 euros (IVE incluido).

COMERCIOS MINORISTAS QUE PODEN ADHERIRSE A ESTE PROGRAMA DE BONOS: os establecementos minoristas interesados poderán solicitado na web http://www.bonosactivacomercio.gal. DESDE O 20 DE MAIO DE 2025 E ATA O 15 DE DECEMBRO DE 2025, ou ata o esgotamento do crédito da última edición convocada.  Principais requisitos para poder adherirse:

-Desenvolver a  súa actividade comercial en Galicia.

- Ser empresarios autónomos ou pequenas e medianas empresas.

- Estar de alta nalgún dos epígrafes do IAE que aparecen nesta orde, publicado no DOG de 11/10/2022 (pinchar no seguinte enlace e ver anexo I: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250519/AnuncioG0767-020525-0001_gl.html )

FUNCIONAMENTO DOS BONOS:

-          Os comerciantes adheridos recibirán semanalmente na conta bancaria indicada, a cantidade equivalente a os bonos canxeados no seu establecemento.

-          Para canxear os bonos e poder aplicar os descontos os comerciantes terán que descargar no seu móvil a APP corespondente, e no momento da compraventa, o comerciante terá que introducir nesa APP o importe e concepto da venda, aparecendo automáticamente o importe a cobrar (aplicado xa o desconto ao cliente). Pola sua parte, o usuario deberá mostrar o bono en formato código QR e pagar, en efectivo ou con tarxeta, o importe final da compra.

 

OBRIGAS DOS COMERCIOS ADHERIDOS:

-          Anunciar no exterior do establecemento a adhesión ao programa.

-          Realizar o desconto directo do bono, sin que  o usuario chegue a desembolsar o importe do desconto.

-          Especificar na zona de caixa, de forma visible, a política de devolución.

-          Someterse de ser o caso as actuacións de comprobación e vixilancia necesarias.

-          Conservar durante un ano os tickets de compra e facturas xustificativas da aplicación dos bonos.

-          Custodiar as claves de acceso á plataforma co fin de evitar un uso indebido da mesma.

Máis información: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=CO301B

viernes, 16 de mayo de 2025

Axudas ao emprendemento da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Orde do 28 de abril de 2025 da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para apoiar iniciativas de emprendemento e se procede a súa convocatoria para a anualidade 2025 (código procedemento TR880A). DOGA DO 13 DE MAIO DE 2025

Persoas Beneficiarias: traballadores autónomos e pequenas e medianas empresas, incluindo cooperativas e sociedades laboráis, que se encontren de alta e iniciasen a súa actividade desde o 1 de xaneiro de 2023

 

Que se subvenciona:

Son subvencionables:

-      Equipamento informático.

-      Activos intanxibles.

-      Inversións en eficiencia enerxética.

-      Adquisición de bens de equipo e mobiliario.

-      Reforma e rehabilitación das instalación do local de negocio.

-      Gastos notariales e/ou rexitrales (gasto corrente)

-      Gastos de alquiler de inmobles para a realización da actividade (gasto corrente).

-      Adquisición de activos pertencentes a un establecemento ou bens de equipo de segunda man sempre que se cumplan determinadas condicións

Os investimentos deberán ser realizados e pagados entre o 01 de xullo de 2024 e a data de presentación da solicitude.

 O importe mínimo das facturas a tener en conta é 300 euros, IVE excluido.

Existe a obriga de manter os bens un período mínimo de dous anos, ou cinco si son bens inscritibles nun rexistro público, e tamén manter durante dous anos desde a resolución da concesión, a actividade e a forma xurídica.

 Importe: dependerá da cuantía da inversión:

-      Entre 5.000 e 20.000 euros: 55%.

-      Entre 20.001 e 30.000 euros: 50%

-      Entre 30.001 e 60.000 euros: 45%

-      Incremento do 10% no caso de remuda xeracional.


Prazo e lugar presentación solicitudes: iniciase o día 21 de maio 2025 e finaliza o 30 de xuño de 2025 ou ata o esgotamento do crédito. A presentación debe ser obrigatoriamente por medios electrónicos e a orde de resolución é por orde de entrada con expediente completo.

Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local, ou pinchando nos seguintes enlaces: https://empregovicedo.blogspot.com/, https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250513/AnuncioG0767-290425-0001_gl.html


jueves, 15 de mayo de 2025

Oferta de emprego: limpador/-a a xornada completa

Están expostas na sede electrónica e no taboleiro de anuncios do concello os bases de selección para a contratación, mediante concurso-oposición, dun/dunha LIMPADOR/-A, a xornada completa, cunha duración de seis meses, sendo a data de inicio o 16 de xuño e a de finalización o 15 de decembro de 2025.

O prazo de solicitude é de 10 días hábiles a contar a partir do día seguinte a publicación, comenza o día 16 de maio e remata o día 29 de maio de 2025. A proba de selección realizarase o día 30 de maio de 2025, ás 11:30 horas na Centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade de O Vicedo (Casa Cultura).

 Máis información e inscricións: pasando pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, ou pinchando no seguinte enlace: http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

Oferta de emprego: catro peóns de protección do ambiente e espazos naturais para a tempada de verán 2025

Están expostas na sede electrónica e no taboleiro de anuncios do concello os bases de selección para a contratación, mediante oposición, de 4 PEÓNS DE PROTECCIÓN DO AMBIENTE E ESPAZOS NATURAIS, a xornada completa, sendo a data de inicio o 16 de xuño e a de finalización o 15 de setembro de 2025.


O prazo de solicitude é de 10 días hábiles a contar a partir do día seguinte a publicación, comenza o día 16 de maio e remata o día 29 de maio de 2025. A proba de selección realizarase o día 30 de maio de 2025, ás 10:00 horas na Centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade de O Vicedo (Casa Cultura).
 
 Máis información e inscricións: pasando pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, ou pinchando no seguinte enlace: http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

lunes, 12 de mayo de 2025

OFERTA DE EMPREGO

Casa de turismo rural Almoina, ubicada en San Román (concello de O Vicedo), necesita una persona para tareas de servicio de habitaciones y desayuno, 2-3h/día en julio y agosto. Interesados enviar CV a: casa_almoina@hotmail.com, o llamar al teléfono 640346964

jueves, 8 de mayo de 2025

Axudas reparación vivendas protexidas

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas ás comunidades de propietarios/as para a reparación, a rehabilitación e/ou a adaptación dos edificios de vivendas protexidas promovidos por este instituto, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento VI420A).

Para máis información, pinchar no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250508/AnuncioC3Q2-240425-0005_gl.html


viernes, 14 de marzo de 2025

Oferta de emprego: educador/a social

Publicadas no taboleiro de edictos e na sede electrónica do Concello do Vicedo, as bases para a selección dun/dunha educador social, a xornada completa, con adscrición o departamento de servizos sociais do  Concello do Vicedo

O prazo de solicitude será de 5 días hábiles a contar desde o seguinte á publicación das bases.

A data prevista para a selección será o día 25 de marzo de 2025, as 10 horas na Casa Consistorial.

Para máis información ou consulta das bases contactar no teléfono 982590029, ou pinchar aquí:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0