miércoles, 21 de mayo de 2025

Curso de manipulador de alimentos e hixiene alimentaria no concello do Vicedo


 

Obradoiro de alimentación saudable no concello do Vicedo


 

Campaña municipal "A saúde das mulleres" no concello de Mañón

O Concello de Mañón pon en marcha unha campaña no marco da conmemoración do 28 de maio, día internacional de acción pola saúde das mulleres e queremos compartir con vós toda a información, dado que somos concellos veciños e consideramos que algunhas actividades son moi interesantes para as vosas veciñas e tamén veciños.


A proposta inclúe 3 accións principais:

[CAMIÑADA SAUDABLE “CON NÓS MESMAS] o sábado 31 de maio ás 10:00 da mañá, que consistirá nun percorrido a pé pola contorna da Área recreativa de Ponte Segade e Río Sor e nun xantar no que cada participante levará a súa comida. Para mulleres.

[XORNADA FORMATIVA ”A SAÚDE DAS MULLERES] A xornada terá lugar o sábado 7 de xuño en horario de 11.00 a 19:00h. no Centro Sociocomunitario do Barqueiro-Mañón, con opción de xantar en grupo (menú 15€) no Porto do Barqueiro con pequena visita pola zona.
Os relatorios da xornada correrán a cargo de Sara Iglesias, da asociación @quer_endo, mulleres con endometriose; María Hervada, técnica de intervención social de #FundaciónMujeres que falará desde a perspectiva das mulleres coidadoras; Laura López Méndez, educadora social de @aspromor.ortigueira que intervirá sobre mulleres e discapacidade intelectual e @mariagc_matrona, fundadora do @centro_m_burela que desenvolverá un faladoiro sobre peri/menoupausa.

A sesión da mañá está aberta tamén a homes e daremos diploma acreditativo de participación.

[XORNADA DE RESPIRO “AS MULLERES NO MUSEO] o venres 20 de xuño que consistirá nunha saída á cidade da Coruña. O Barqueiro será o punto de partida da viaxe que comezará ás 8:30 horas e cuxa primeira parada será o @museo.belas.artes.coruna onde está prevista unha visita guiada polas instalación museística co título “As mulleres no museo” á que seguirá unha visita ás instalacións do xornal @lavozdegalicia en Arteixo. (20€ que inclúen xantar e bus, as visitas son gratuitas). Actividade aberta tamén a homes. 

✍🏽 A inscrición nas actividades pode facerse nas oficinas de Servizos Sociais e Igualdade do Concello de Mañón, escribindo a igualdade@manon.es ou chamando directamente ao 681 147 029.

✅ A inscrición na XORNADA FORMATIVA “A SAÚDE DAS MULLERES” pode facer tamén a través do seguinte formulario web  https://forms.gle/Xk98Qc76VcehfUtM6

XV RUTA DE PINCHOS 2025

 


Axudas contratación de mozos menores de 30 anos para promover a primeira experiencia

TR353C - Axudas á para promover a primeira experiencia profesional das persoas mozas menores de 30 anos mediante contratos formativos - 2025


Data inicio de solicitude: 27/05/2025

Data remate de solicitude (prazo xeral): 30/09/2025


 Obxecto: Esta Orde ten por obxecto publicar a convocatoria das subvencións para a contratación por conta allea, que realicen as empresas e persoas empregadoras, para facilitar a persoas mozas menores de 30 anos en situación de desemprego unha primeira experiencia profesional mediante contratos formativos.

Características da axuda:

Serán subvencionables as contratacións por conta allea de persoas mozas mediante a subscrición de:

-          Contratos para a obtención da práctica profesional.

-          Contratos de formación en alternancia

Duración mínima de doce meses e a xornada completa.

O período durante o cal se teñen que realizar os contratos formativos para que sexan subvencionables é do 16/10/2024 ata o 15/10/2025.

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas e empresas beneficiarias as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as comunidades de bens e sociedades civís que contraten persoas mozas traballadoras por conta allea, para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia.

Tamén poden ser beneficiarios os centros especiais de emprego e as empresas de inserción laboral, que contraten persoas mozas traballadoras por conta allea, para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, excepto para subscribir contratos con persoas con discapacidade e contratos con persoas en situación ou risco de exclusión social, respectivamente.

Máis información: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=TR353C

 https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250520/AnuncioG0767-060525-0001_gl.html , ou contactando coa Axente de emprego e desenvolvemento local.

martes, 20 de mayo de 2025

Oferta de emprego: peón/condutor/tratorista, a xornada completa

Están expostas na sede electrónica e no taboleiro de anuncios do concello os bases de selección para a contratación, mediante oposición, dun PEÓN/CONDUTOR/TRATORISTA, a xornada completa, cunha duración de cinco meses.


O prazo de solicitude é do 21 ao 27 de maio de 2025. A proba de selección realizarase o día 29 de maio de 2025, ás 10:00 horas na Centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade de O Vicedo (Casa Cultura).
 
 Máis información e inscricións: pasando pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, ou pinchando no seguinte enlace: http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

OBRADOIRO NOVOS MODELOS DE INNOVACIÓN E COMERCIO

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza, co apoio da Xunta de Galicia a través da iniciativa Conecta Lugo, un obraoiro práctico de traballo dirixido a mellorar o coñecemento sobre como innovar nos sectores de turismo e comercio, así como sobre as diferentes liñas de axuda e apoios públicos para promover a innovación ou a dixitalización nos devanditos sectores.

O taller, de dúas horas de duración, terá lugar en Viveiro (no salón multiusos do Concello), en formato presencial, o próximo día 21 de maio, mércores, en horario de 19:00 a 21:00 horas. Incluirase información sobre axudas do Igape e a Oficina Económica de Galicia destinadas aos sectores de comercio e turismo, apoios da Axencia Galega de Turismo ou presentación de casos de éxito innovador relevantes para estes sectores. Con dinámica grupal. 

A asistencia é gratuíta pero é necesario reservar praza na seguinte ligazón:

INSCRICIÓN OBRADOIRO INNOVACIÓN COMERCIO & TURISMO VIVEIRO