jueves, 31 de enero de 2019
OFERTA DE EMPREGO
CAMARER@S e AXUDANTES DE COCIÑA. Enviar currículum a: parrilladalosarboles@hotmail.com
miércoles, 30 de enero de 2019
OFERTAS DE EMPREGO PARA A SELECCIÓN DE DOUS PEÓNS DE ZONAS NATURAIS E DUN PEÓN DE SERVIZOS MÚLTIPLES, DENTRO DO PROGRAMA: "FOMENTO DO EMPREGO DO PLAN PROVINCIAL ÚNICO DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS 2018”, FINANCIADO POLA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
Están aprobadas e expostas as bases para a
contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, de DOUS PEÓNS DE
MANTEMENTO DE ZONAS NATURAIS e DUN PEÓN DE SERVIZOS MÚLTIPLES, a
xornada completa, dentro do programa: "Fomento do Emprego do Plan
Provincial Único de Cooperación cos concellos 2018", financiado pola da
Excma. Deputación Provincial de Lugo.
Próximamente está previsto que se publiquen as
convocatorias no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, e o prazo de inscripción
será de 10 días naturais contados a partir da dita publicación.
lunes, 28 de enero de 2019
Subvencións para proxectos de adquisición de maquinaria e equipamento en actividades non agrícolas. DOGA 28/01/2019
Axudas a proxectos de adquisición de maquinaria e equipamento en actividades non agrícolas.
Prazo:
28 de febreiro de 2019
Beneficiarios: microempresas
e pequenas empresas situadas en zonas rurais, autónomos, e titulares dunha
explotación agraria ou membros da súa unidade familiar, de alta con anterioridade
ao 1 de setembro de 2018.
Axuda:
45 % dos gastos subvencionables, cun límite de 100.000 euros no sector do transporte
e de 200.000 euros noutros casos.
Destacar: os
proxectos non poden estar iniciados na data de presentación da solicitude. Quedarán
excluídos os proxectos cun orzamento elixible inferior a 10.000 € ou superior a
220.000 €.
Probas acceso a ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional. Doga 25/01/2019
Probas de acceso a ciclos
formativos de grao medio (ED312C).
Requisitos: persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan dezasete anos ou os fagan no ano natural de celebración da proba.
Prazo: do 7 ao 22 de marzo de 2019, ambos os dous incluídos.
Realización da proba: día 28 de maio de 2019.
Requisitos: persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan dezasete anos ou os fagan no ano natural de celebración da proba.
Prazo: do 7 ao 22 de marzo de 2019, ambos os dous incluídos.
Realización da proba: día 28 de maio de 2019.
Probas de acceso a
ciclos formativos de grao superior (ED312D).
Requisitos: persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan dezanove anos ou os fagan no ano de realización da proba.
Prazo: do 28 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2019, ambos os dous incluídos.
Realización da proba: día 10 de abril de 2019.
Requisitos: persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan dezanove anos ou os fagan no ano de realización da proba.
Prazo: do 28 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2019, ambos os dous incluídos.
Realización da proba: día 10 de abril de 2019.
SELECCIÓN AXENTE TIC PARA AULA CEMIT DO VICEDO
No Boletín
oficial da provincia de Lugo do día 26/01/2019, publicouse
o anuncio da convocatoria para a selección, mediante concurso-oposición, dun AXENTE TIC,
a xornada parcial (20 horas/semana), como persoal laboral temporal do concello de O Vicedo, e
encargado da aula CEMIT.
Poden
consultar as bases e descargar a instancia de solicitude no seguinte enlace:
https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0 (apartado taboleiro de anuncios).
Según aparece nas bases de selección a documentación que debe acompañar a instancia de solicitude é:
https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0 (apartado taboleiro de anuncios).
Según aparece nas bases de selección a documentación que debe acompañar a instancia de solicitude é:
- DNI.
- Titulación esixida: estar en posesión dalgunha titulación de Técnico superior ou FPII da rama informática
- Acreditación de estar en posesión do CELGA 4 ou curso de
perfeccionamento do galego.
-
Acreditación dos méritos de ser o caso: vida laboral máis contratos de traballo, diplomas dos cursos e outras titulacións
relacionados co posto de
traballo.
Si
a
documentación se presenta directamente neste concello, deben traer os
orixinais da documentación anterior para o seu cotexo (faríanselles
aquí as fotocopias). Si se presenta noutro rexistro, deberán enviar orixinais ou copias compulsadas ou cotexadas, sen perxuizo de que en calquer momento se lle poda requerir o orixinal.
Si presentan
a solicitude noutro rexistro distinto o do propio concello, ademáis de todo o
anterior, deben de enviar por fax ao 982590001, dentro do prazo
estipulado, unha copia da solicitude correctamente presentada e datada, según o
estipulado nas bases.
O prazo de solicitude é de 10 días naturais a contar desde o día seguinte o da publicación no Boletín oficial da provincia, finaliza o próximo día 5 de febreiro de 2019.
viernes, 25 de enero de 2019
Probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria no ano 2019. DOGA 24/01/2019
Requisitos:
1. Ter cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da
proba. 2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación
secundaria. 3. Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2018/19 nas
ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional
básica. 4. O alumnado matriculado durante o curso 2018/19 na educación
secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente
cumpre as seguintes condicións: 4.1. Para acudir á primeira convocatoria, o
alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre. Así
mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán
renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos. 4.2. Para inscribirse na
segunda convocatoria, o alumnado con ámbitos suspensos no segundo cuadrimestre,
ten que renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos. O incumprimento
dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria das
probas e dos posibles resultados académicos obtidos nelas.
Prazos de matrícula: –
Convocatoria de maio: 11 de marzo ao 22 de marzo de 2019, ambos os dous
incluídos. – Convocatoria de setembro: 1 ao 8 de xullo de 2019, ambos os dous
incluídos. As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan
a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda
convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)