viernes, 15 de marzo de 2019

OFERTA DE EMPREGO LIMPADORA A XORNADA COMPLETA

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha LIMPADOR/A a  xornada completa, por un período de 6 meses.


O prazo de inscrición comenza o próximo día 18 e remata o día 27 de marzo de 2019, realizándose o proceso de selección o día 28 de marzo partir das 10:30 horas, na casa do concello.


Para máis información e inscricións: pasar pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura. https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board

jueves, 14 de marzo de 2019

AXUDAS ECONÓMICAS ÁS FAMILIAR PARA A ATENICÓN DE MENORES DE 12 ANOS. BONO CONCILIA. ANO 2019


A axuda está destinada a país, nais e titoresou as persoas que teñan en situación de acollemento familiar ou garda preadoptiva para nenos e nenas menores de 12 anos, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia, cuxa renda da unidade familiar non supere os 45.000 Euros ou os 13.500 Euros per cápita na declaración do IRPF do ano 2017.

Esta axuda consistirá nunha achega para contribuir ao pagamento dos servizos de atención á infancia a domicilio e/ou de servizos de conciliación autorizados pola Consellería de Política Social para atender necesidades puntuais, ludotecas, espazosinfantísouservizos complementarios de atención primaria.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica. E o prazo de presentación das mesmas comezará a partir do día seguinteao da publicación destaOrde no D.O.G., 8 de marzo, e finalizará o día 31 de agosto de 2019.

jueves, 7 de marzo de 2019

SELECCIÓN AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO PARA CUBRIR VACACIÓNS

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO (para cubrir vacacións).

O prazo de inscrición iniciase o día 7 de marzo e remata o próximo día 14 de marzo de 2019, realizándose o proceso de selección o día 15 de marzo partir das 10:00 horas na casa do concello.

Para máis información e inscricións: pasar pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura. https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board

LISTAS CONTRATACIÓN TEMPORAL XUNTA DE GALICIA


No  Diario Oficial de Galicia do xoves 28 de Febreiro de 2019, publicase o acordo para o peche e apertura de determinadas listaxes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galcia  e o nomeamentode persoal funcionario interino.
Aquelas persoas que queiran inscribirse nas listaxes de contratación temporal poderán facelo sempre que cumpran os requisitos da listaxe correspondente (titulación, coñecemento do  idioma galegoe os demáis que para cada caso estableza a correspondente resolución de apertura da listaxe).

Naquelas listaxes que se atopen pechadas solo poderán inscribirse aquelas persoas candidatas que teñan servizos prestados ou superada algunha proba do derradeiro proceso selectivo.

PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: do 1 de marzo ao 15 de xullo, elaborándose a listaxe no período comprendido entre o 1 de setembro e o 31 de decembro do mesmo ano.

Os documentos que deberán presentar as personas interesadas son os seguintes:
  • Solicitude de inscrición debidamente cuberta.
  • Impreso de pago da taxa.
  • Certificado debidamente compulsado do grao de coñecemento do idioma galego.
  • Fotocopia do DNI (no caso de que a persoa solicitante non autorice a súaconsulta nasolicitude de inscrición).
  • Fotocopia debidamente compulsada que acredite a titulación requerida e os demáis requisitos da listaxe.




OFERTA DE EMRPEGO LIMPADORA XORNADA PARCIAL

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha LIMPIADOR/A a xornada parcial (70%), por un período de 6 meses.
O prazo de inscrición iniciase mañá día 8 de marzo e remata ás 9:30 horas do próximo día 18 de marzo de 2019, realizándose o proceso de selección ese mesmo día 18 de marzo partir das 10:00 horas na casa do concello.
Para máis información e inscricións: pasar pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura. https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board

miércoles, 6 de marzo de 2019

CONVOCATORIA PROBAS COMPENTENCIAS CLAVE

A Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, por proposta do Instituto Galego das Cualificacións convoca probas de avaliación en competencias clave para o acceso ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional da formación profesional para o emprego.

As competencias clave convocadas son:
Comunicación en lingua galega.
Comunicación en lingua castelá.
Comunicación en lingua estranxeira (inglés).
Competencia matemática.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 29 de marzo de 2019.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento TR306A
Máis información no DOG do 4 de marzo de 2019 e en http://emprego.ceei.xunta.gal/portada-competencias-clave

viernes, 1 de marzo de 2019

CURSOS PARA SOCORRISTAS

No DOG do 1/03/2019 convócanse cursos de reciclaxe de socorrismo acuático, válidos para a renovación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia. Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190301/AnuncioO3C2-210219-0002_es.html

No DOG do 28/02/2019 publícase a RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2019 pola que se convocan cursos de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en instalacións acuáticas (CAFDO-IA) e en espazos acuáticos naturais (CAFDO-EAN), para licenciados ou graduados en Ciencias da Actividade Física e o Deporte e técnicos superiores en Animación de Actividades Físicas e Deportivas, co obxectivo de acadar a formación mínima que deben reunir os/as socorristas acuáticos/as para o seu exercicio profesional no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia. Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190228/AnuncioO3C2-210219-0001_gl.html