viernes, 1 de marzo de 2019

CURSOS PARA SOCORRISTAS

No DOG do 1/03/2019 convócanse cursos de reciclaxe de socorrismo acuático, válidos para a renovación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia. Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190301/AnuncioO3C2-210219-0002_es.html

No DOG do 28/02/2019 publícase a RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2019 pola que se convocan cursos de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en instalacións acuáticas (CAFDO-IA) e en espazos acuáticos naturais (CAFDO-EAN), para licenciados ou graduados en Ciencias da Actividade Física e o Deporte e técnicos superiores en Animación de Actividades Físicas e Deportivas, co obxectivo de acadar a formación mínima que deben reunir os/as socorristas acuáticos/as para o seu exercicio profesional no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia. Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190228/AnuncioO3C2-210219-0001_gl.html

No hay comentarios: