jueves, 20 de junio de 2019

SELECCIÓN DE PERSOAL PARA A BRIGADA DE INCENDIOS E CONDUTORES/AS MOTOBOMBA

Próximamente publicarase no BOP de Lugo o anuncio da convocatoria para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, do persoal de incendios para a campaña 2019:

- Tres peóns para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.
- 1 Peón-condutor/a para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.
- 1 Xefe para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.
- 3 Condutores/as de vehículo motobomba, dous meses e medio a xornada completa.

Cando se abra o prazo de solicitude anunciarase neste blog, na páxina web do concello e no taboleiro de anuncios.

Poden consultar as bases de selección pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info

 ( Ir a taboleiro de anuncios, pinchar no + que está a dereita para ver tódolas publicacións)

No hay comentarios: