viernes, 22 de marzo de 2019

APERTURA DE LISTAS DE CONTRATACIÓN TEMPORAL DA XUNTA DE GALICIA PARA XEROCULTOR E PERSOAL DE SERVIZOS XERAIS

No DOG do 18/03/2019, a Xunta de Galicia abre o prazo de inscrición nas listas de emprego temporal da Administración galega para cubrir postos de traballo nas categorías profesionais de xerocultor/ra e persoal de servizos xerais . O prazo permanecerá aberto ata o próximo 30 de  abril.

Todos aquelas persoas interesadas en apuntarse nestas listas deberán presentar instancia, que se pode descargar da páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.gal), no apartado de "Listas de contratación". Calquera persoa que cumpra os requisitos de titulación poderá anotarse nestas listas e noutras bolsas abertas para o nomeamento de funcionarios interinos e para contratación de persoal laboral temporal, que a Xunta utiliza para cubrir vacantes, facer relevos, etc.





No hay comentarios: