jueves, 28 de marzo de 2019

OFERTA EMPREGO AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO (34 HORAS/SEMANA)

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (34 horas/semana), con adscrición ao servizo municipal de axuda ó fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 22 de  abril, e por un período de seis meses.

O prazo de inscrición iniciase o próximo día 29 de marzo e remata o 08 de abril de 2019
. A selección realizarase o día 09 de abril de 2019, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

No hay comentarios: