lunes, 30 de enero de 2017

PROGRAMA LUGOWORK. EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

Aberto ata o 3 de febreiro o prazo do LUGOWORK, o plan de emprego xuvenil da Deputación de Lugo que inclúe cursos de formación gratuítos e posteriormente posibilidade de contratos laborais.
-Se es menor de 30 anos
-Se estás no paro
-Se estás inscrito no Sistema de Garantía Xuvenil
-Se buscas formación con oportunidades reais de emprego

Apúntante en www.deputacionlugo.gal nos seguintes cursos:
- Vendas online e atención ao público - Lugo
- Cociña e servizo de restauración - Lugo
- Maquinaria para o aproveitamento forestal - Viveiro
- Serraxe de madeira - A Fonsagrada
- Xestión informática e Internet para PEMES - Lugo
- Obras de rehabilitación e construción - Monforte de Lemos
- Operario de obra civil - Lugo

jueves, 26 de enero de 2017

OFERTAS DE EMPREGO VARIAS




Becario/a en prácticas Admon y dirección Empresas en Alcoa, Cervo, Requisitos: Estudios mínimos: Grado en Administración y Dirección de Empresas Experiencia mínima: No Requerida. Requisitos mínimos: Titulación: Licenciatura en Administración y Dirección de Empresas Dominio de Ofimática (conocimiento avanzado en Excel) Idiomas: IMPRESCINDIBLE - Nivel MUY alto de Inglés. Haber finalizado los estudios en los tres últimos años No haber cotizado por los grupos 1 ó 2 Descripción: Consistirá en la formación en el Departamento de Financiero para el control de costes y los sistemas contables además de revisión de cuentas. FONTE: INFOJOBS 26/01/2017 http://www.infojobs.net/ofertas-trabajo

 


miércoles, 25 de enero de 2017

OFERTAS DE EMPREGO VARIAS



O Viveiro Urban Hotel reforza o panorama hosteleiro comarcal. A empresa procura profesionais «con experiencia» para desenvovler diferentes postos. Recollen currículums no correo electrónico rrhh@hotelego.es. FONTE: LA VOZ DE GALICIA 25/01/2017

viernes, 20 de enero de 2017

PROCEDEMENTO RECOÑECEMENTO EXPERIENCIA PROFESIONAL

Procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas por experiencia laboral 

Este procedemento vailles ofrecer unha oportunidade ás persoas non vinculadas aos sistemas educativos, que aprenderon a través da práctica profesional ou a través de cursos non “oficiais”, para que poidan demostrar os seus coñecementos e capacidades, mediante un proceso de asesoramento e avaliación, no que se comprobará a súa competencia profesional en relación coas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.

No caso de que superen esta avaliación, poderán obter unha acreditación oficial, con validez nacional, que terá os correspondentes efectos profesionais e/ou académicos. Expedirase unha acreditación parcial acumulable por cada unha das unidades de competencia superadas, que poderán ser validadas polos correspondentes módulos da formación profesional para o emprego (desempregados e ocupados) ou polos correspondentes módulos da FP inicial, podendo chegar a obter un certificado de profesionalidade nunha ocupación ou parte dun título de técnico ou técnico superior de FP.

 Máis información:

http://emprego.ceei.xunta.gal/orde-do-30-de-decembro-de-2016

No DOG do día 19/01/2017 convócase por parte da Consellería de Economía, Emprego e Industria este procedemento para varias especialidades entre as cales están: Atención sociosanitaria a persoas no domicilio, atención sociosanitaria a persoas en institucións, socorrismo en instalacións acuáticas, socorrismo en instalacións naturais...

A continuación aparecen todas as especialidades desta convocatoria:

http://emprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/Contidos_Estandar/formacion_e_cualificacions/reconecemento_experiencia_profesional/2017/2017_dog_gl_rexp_anexos_i_ii.pdf