martes, 29 de octubre de 2019
Acta selección ADMINISTRATIVO. Programa "Fomento do emprego 2019"
Publicada no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do concello do Vicedo acta da selección para o nomeamento como funcionario interino dun administrativo, dentro do programa: fomento do emprego do plan provincial único de cooperación cos concellos 2019, financiado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0
lunes, 28 de octubre de 2019
CURSOS DE ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS PARA PERSOAS DESEMPREGADAS
O Concello do Vicedo organiza dous cursos de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións Sociais, un en horario de mañá (de 9:00 a 14:00 h.) e outro de tarde (15:30 a 20:30 h.), sendo a data prevista de inicio o 11/12/2019 para os dous cursos e a de fin o 29/04/2020 para o de mañá e 18/05/2020 para o da tarde.
Estas acción formativas están dirixidas ás persoas desempregadas e cofinanciadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galica e o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.
Ao finalizar, en caso de superar tódolos módulos, obteríase o correspondente certificado de profesionalidade de nivel 2. Os requisitos para poder acceder son: estar desempregado e inscrito no Servizo Público de Emprego e ter unha titulación mínima: ESO, FPI, un certificado de profesionalidade do mesmo nivel,etc.
Para máis información ou en caso de dúbida chamar ao concello do Vicedo ó teléfono 982590029 ou 982590195, e preguntar pola Axente de emprego e desenvolvemento local .
viernes, 25 de octubre de 2019
PROGRAMA DE APOIO A EMPRESAS AGROALIMENTARIAS
A Fundación Juana de Vega pon en marcha a convocatoria do VIII Programa de apoio a empresas do sector agroalimentario.
O programa estructurase en tres modalidades:
- Creación de novas empresas.
- Consolidación de empresas.
- Desenvolvemento de novas liñas de negocio e propostas de valor.
Máis información en: www.juanadevega.org. Prazo aberto ata o 30 de novembro de 2019
O programa estructurase en tres modalidades:
- Creación de novas empresas.
- Consolidación de empresas.
- Desenvolvemento de novas liñas de negocio e propostas de valor.
Máis información en: www.juanadevega.org. Prazo aberto ata o 30 de novembro de 2019
jueves, 24 de octubre de 2019
Lista definitiva admitidos/excluidos selección ADMINISTRATIVO. Programa "Fomento do emprego 2019"
Publicouse no día de hoxe 24/11/2019 a lista definitiva
de admitidos e excluidos definitiva en relación coas
bases para o nomeamento como funcionario interino dun ADMINISTRATIVO, pertencente
á escala de Administración Xeral, dentro do programa: "Fomento do Emprego
do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2019", financiado
pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo.
Recordarvos que as probas e valoración de méritos terán
lugar o día 29 de outubro de 2019, ás 09:00 horas, no Centro Sociocultural,
Xuvenil e da Terceira idade do Vicedo, sita na rúa Cidade de Mondoñedo, nº 23 O
Vicedo (Casa da Cultura).
Para máis información ou consulta das listas contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.
miércoles, 23 de octubre de 2019
DATAS REALIZACIÓN DAS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DOS CELGAS 2 E 4
RESOLUCIÓN
do 9 de outubro de 2019, da Secretaría Xeral de Política Lingüística,
pola que se fixan as datas de realización das probas para a obtención
dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2 e 4, no ano 2019, que
foron convocadas mediante a Resolución do 2 de setembro de 2019 (código
de procedemento PL500C).
Nesta resolución fíxanse as seguintes datas de realización
das probas para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga)
convocadas mediante a Resolución do 2 de setembro de 2019:
– Celga 4, en Santiago de Compostela e en Ponferrada: 16 de novembro de 2019.
– Celga 2, en Santiago de Compostela e en Ponferrada: 17 de novembro de 2019.
No caso daquelas persoas as cales,
atendendo a causas xustificadas, se lles concedese algún tipo de
adaptación ou apoio para que poidan levar a cabo as probas, a data de
realización destas seralles comunicada directamente pola Secretaría
Xeral de Política Lingüística.
As sedes e horarios de
realización das probas, así como as listaxes de persoas admitidas para
cada nivel e localidade, poden consultarse na web da Secretaría Xeral de
Política Lingüística (http://www.lingua.gal).
As persoas admitidas deberán presentarse
30 minutos antes da hora de inicio da proba provistas do documento que
acredite a súa personalidade (DNI, NIE ou pasaporte) e mais dun
bolígrafo. Lémbrase ademais, respecto da proba oral de cada nivel Celga,
que esta será posterior á proba escrita. A hora concreta en que cada
persoa deberá estar presente para realizar a dita proba oral publicarase
na sede correspondente unha vez que remate a proba escrita.
jueves, 17 de octubre de 2019
LISTA PROVISIONAL ADMITIDOS/EXCLUIDOS PARA O POSTO DE ADMINISTRATIVO. PROGRAMA FOMENTO DO EMPREGO 2019
Publicouse no día de hoxe 17/10/2019 a
lista de admitidos e excluidos provisional en relación coas
bases para o nomeamento como funcionario interino dun ADMINISTRATIVO, pertencente
á escala de Administración Xeral, dentro do programa: "Fomento do Emprego
do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2019", financiado pola da Excma.
Deputación Provincial de Lugo.
Segundo se establece na resolución os
excluidos dispoñen dun prazo de dous días hábiles, é decir, dos días 18 e
21 de outubro para efectuar as alegacións que estimen oportunas.
As probas e valoración de méritos terán
lugar o día 29 de outubro de 2019, ás 09:00 horas, no Centro Sociocultural,
Xuvenil e da Terceira idade do Vicedo, sita na rúa Cidade de Mondoñedo, nº 23 O
Vicedo (Casa da Cultura).
Para máis información ou consulta das listas contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info. ( Ir a taboleiro de anuncios, pinchar no + para ver toda a información)
lunes, 14 de octubre de 2019
BASES SELECCIÓN ALUMNOS E PERSOAL DO OBRADOIRO DE EMPREGO TERRAS DO SOR III
Están expostas na sede electrónica e taboleiro de anuncios do concello as bases de selección do alumnado e persoal para o obradoiro dual de emprego,
conxunto para os concellos de O Vicedo, Ourol e Muras, denominado
"Terras do Sor III" e subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego
e Industria. O número de alumnos/-as participantes é de 20: 8 para a especialidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio e 12 para a especialidade de carpintaría e moble. Ademáis seleccionarase un director, 2 monitores de carpintaría de madeira, 1 monitor de sociosanitaria e 1 administrador a media xornada.
Para máis información, pode pinchar no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0
jueves, 10 de octubre de 2019
OBRADOIRO DE EMPREGO TERRAS DO SOR III
Está previsto proximamente por en funcionamento un Obradoiro dual de emprego
conxunto para os concellos de O Vicedo, Ourol e Muras, denominado
"Terras do Sor III", subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria. O número de alumnos/-as participantes é de 20,
correspondendo 10 a este concello e distribuidos do seguinte xeito:
- Atención sociosanitaria a persoas no domicilio: 4 persoas.
- Traballos de carpintería e moble: 6 persoas.
Os candidatos deberán estar inscritos como desempregados na oficina de emprego de Viveiro e carecer de ocupación nese momento, ademáis doutros requisitos que poden establecerse nas bases de selección, as cales contamos que a próxima semana estarán expostas na sede electrónica do concello de O Vicedo, taboleiro de edictos, etc. Para a especialidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio é necesario ter unha titulación mínima: ESO ou equivalente...
Os interesados deben pasar pola oficina de emprego de Viveiro para inscribirse especificamente para Obradoiros duais de emprego e nunha das dúas especialidades en concreto.
Ademáis, contratarase outro persoal de xestión e apoio: un director, monitores un adminsistrativo.
lunes, 7 de octubre de 2019
OFERTA DE EMPREGO AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR. XORNADA PARCIAL 30 HORAS/SEMANA
Están
expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante
concurso-oposición, dun/dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a
xornada parcial (30 h/semana), con adscrición ao servizo municipal de axuda no
fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de inicio prevista o día 4
de novembro, e por un período de seis meses.
O prazo de inscrición iniciase o próximo día 08 de outubro e remata o 17 de outubro de 2019. A selección realizarase o día 18 de outubro de 2019, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.
Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0
OFERTA DE EMPREGO OPERARIO DE SERVIZOS MÚLTIPLES
Están expostas no taboleiro de anuncios do concello e na súa sede electrónica as bases para a
contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun operario de servizos múltiples, a xornada completa. A data de inicio prevista é o día 28 de outubro, e cunha duración de seis meses.
O prazo de inscrición queda aberto desde o próximo día 08 de de outubro e ata o 17 de outubro de 2019. A selección realizarase o día 18 de outubro de 2019, a partir das 10:30 na Casa Consistorial.
Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura, ou pinche no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0
jueves, 3 de octubre de 2019
APERTURA LISTAS SEAGA
O director xerente de Seaga, en virtude das competencias
atribuídas polo Consello de Administración, anuncia a apertura do prazo de
actualización de méritos e/ou incorporación de novos candidatos, que estará aberto durante o mes de outubro, e para as seguintes categorías profesionais do sistema de listas previas para a selección de
persoal temporal da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga):
- Enxeñeiros (Montes, Agrónomos, Forestais, Agrícolas, Camiños e Obras Públicas) Arquitectos e Arquitectos Técnicos.
- Licenciados (Dereito, Económicas, Bioloxía e Ciencias do Mar) Administrativos e Auxiliares.
- Capataces, Xefes de Brigada, Maquinistas, Técnicos de Laboratorio, Peóns Especialistas e Peóns.
A
información relativa a este anuncio está exposta na sede da Empresa Pública de
Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), sita no polígono industrial do Tambre;
Vía Marconi, nº 14, 15890 Santiago de Compostela, e na páxina web de Seaga (www.epseaga.com).
martes, 1 de octubre de 2019
Oferta emprego Auxiliar de axuda no fogar. Xornada parcial: 34 horas/semana
Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (34 h/semana), con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de inicio prevista o día 22 de outubro, e por un período de seis meses.
O prazo de inscrición iniciase o próximo día 02 de outubro de 2019 e remata o 11 de outubro de 2019. A selección realizarase o día 14 de outubro de 2019, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.
Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0
Oferta emprego administrativo. Programa "Fomento do emprego 2019", subvencionado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo
No BOP de Lugo de hoxe día 01/10/2019 publícanse as bases para o nomeamento como funcionario interino dun ADMINISTRATIVO, pertencente
á escala de Administración Xeral, dentro do programa: "Fomento do
Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2019", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo.
O prazo de solicitude é de 10 días naturais a contar a partir do día seguinte ó da publicación: polo tanto queda aberto desde mañá día 2 de outubro de 2019 ata o día 11 de outubro de 2019.
Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: http://deputacionlugo.gal/boletin-oficial-da-provincia-de-lugo/ultimo-bop , https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0
O prazo de solicitude é de 10 días naturais a contar a partir do día seguinte ó da publicación: polo tanto queda aberto desde mañá día 2 de outubro de 2019 ata o día 11 de outubro de 2019.
Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: http://deputacionlugo.gal/boletin-oficial-da-provincia-de-lugo/ultimo-bop , https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0
Suscribirse a:
Entradas (Atom)