jueves, 29 de junio de 2017

OFERTA DE EMPREGO

No día de hoxe presentouse oferta na oficina de emprego de Viveiro para un CONDUCTOR MOTOBOMBA, por quedar unha praza vacante na primeira convocatoria.

Para poder asistir o proceso de selección é necesario estar desempregad@ e inscrito no servizo público de emprego e ter carnét de conducir tipo C.



Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello. Tlf. 982590195/982590029 ou pinchar no seguinte enlace:
https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

miércoles, 21 de junio de 2017

SUBVENCIÓNS PARA A MELLORA DA IMAXE, ACONDICIONAMENTO E MODERNIZACIÓN DE ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS RETALLISTASón dos establecementos comerciais retallistas


Beneficiarios:
Persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, comunidades de bens, etc… que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia e teñan domicilio social e fiscal en Galicia; que teñen a condición de peme e empreguen a menos de 10 traballadores e non teñan consideración de grande establecemento comercial; que estean de alta nun IAE do anexo II; que teñan unha superficie comercial ≤150m2 (excepto IAE 653.1).

Solicitudes: obrigatoriamente presentación electrónica para persoas xurídicas i entidades sen personalidade xurídica. As persoas físicas poderán presentala electrónicamente ou en  papel.

Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 15 de xullo de 2017.

Actuacións subvencionables: S

a)    Proxectos de modernización integral do local comercial incluídos nun proxecto técnico de decoración e interiorismo, en particular: as obras de reforma e acondicionamento integral da superficie de exposición e venda do local comercial; a adquisición de moblaxe destinada á mellora da imaxe comercial e adquisición de equipamento especializado para a exposición do produto que sexa necesario para o desenvolvemento da actividade comercial e de uso exclusivo na superficie de exposición e venda; as actuacións de mellora da fachada exterior do local comercial e a instalación de toldos, carteis, letreros e similares.
Porcentaxe de axuda: 50% do investimento máximo subvencionable. O investimento subvencionable será mínimo de 15.000 € e máximo de 30.000 € (IVE excluído). O investimento subvencionable amplíase ata 2.000 € para atender o custo do proxecto técnico sempre que non supere o 10% do investimento total solicitado.

b)    Proxectos de renovación e mellora da imaxe comercial, sempre que impliquen unha renovación clara e directa da imaxe do establecemento comercial, en particular: obras de reforma e acondicionamento da superficie de exposición e venda do local comercial; adquisición de moblaxe destinada á mellora da imaxe comercial e adquisición de equipamento especializado para a exposición do produto que sexa necesario para o desenvolvemento da actividade comercial e de uso exclusivo na superficie de exposición e venda; actuacións de mellora da fachada exterior do local comercial e a instalación de toldos, carteis, letreiros e similares.
Porcentaxe de axuda: 40% do investimento máximo subvencionable. O investimento subvencionable será:

1. En obras de reforma e acondicionamento da superficie de exposición e venda do local comercial:
- para establecementos con superficie de exposición e venda <50m sup="">2
, o investimento mínimo non pode ser inferior a 1.500 € (IVE excluído).
- para establecementos con superficie de exposición e venda ≥50m2, o investimento mínimo non pode ser inferior a 3.000 € (IVE excluído).
- o investimento máximo subvencionable será 60 €(IVE excluído) por m2 de superficie de exposición e venda. 
2. O investimento máximo subvencionable para para o conxunto das actuacións: 9.000 € (IVE excluído).


c)    Servizos dun xestor de redes sociais. A axuda consistirá nun ticket para a xestión de redes sociais, no marco do Programa de Social Comerse que se vai desenvolver en colaboración coa Federación Galega de Comercio durante o ano 2017.

As actuacións teñen que ser realizadas e pagadas entre o día 01/01/2017 e o 30/10/2017. 

Para máis información, pinchar no enlace seguinte, ou contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello:

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170615/AnuncioG0424-060617-0003_gl.html 


martes, 20 de junio de 2017

OFERTAS DE EMPREGO



VIVEIRO: HOTEL URBAN:
- Recepcionista de Noche Estudios: Bachillerato Idiomas: Inglés, se valorará conocimiento de otros idiomas
- Ayudante de Cocina: Disponibilidad inmediata. Persona con iniciativa propia y muchas ganas de aprender. Experiencia en el sector.
- Camarero Imprescindible experiencia en barra. Mantener el orden y la limpieza en el restaurante.

Ortigueira Bases reguladoras para a creación dunha bolsa de traballo para a selección de persoal que desenrole tarefas de información turística e actividades en centros de interpretación en chamamento interino BOP CORUÑA 13/06/2017

viernes, 16 de junio de 2017

OFERTA DE EMPREGO

No día de hoxe presentouse oferta na oficina de emprego de Viveiro para un XEFE DE BRIGADA DE DEFENSA E PREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS, por quedar deserta a primeira convocatoria.

Para poder asistir o proceso de selección é necesario estar desempregad@ e inscrito no servizo público de emprego e ter unha titulación da rama forestal.

Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello. Tlf. 982590195/982590029


viernes, 9 de junio de 2017

AXUDAS PARA REHABILITACIÓN DE VIVENDAS PROTEXIDAS


No seguinte enlace pódense consultar a convocatoria de axudas para a rehabilitación de vivendas protexidas:

OFERTA DE EMPREGO

O Concello do Vicedo vai presentar a correspondente oferta para a contratación de 6 SOCORRISTAS.
Requisito imprescindible estar desempregado e inscrito na oficina de emprego de Viveiro, e carecer de ocupación según informe de vida laboral.
Para máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local, con oficina sita na Casa da Cultura, ou directamente coa oficina de emprego.

Pode consultar as bases de selección no seguinte enlace:
https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0 

lunes, 5 de junio de 2017

OFERTA EMPREGO BRIGADA INCENDIOS

O Concello de O Vicedo selecciona persoal para a brigada municipal de prevención e defensa contra incendios forestais para a tempada de verán/2017. A duración do contrato é de tres meses con data de inicio prevista para o 17 de xullo.

Os postos de traballo convocados son:
- 3 PEÓNS DE  PREVENCIÓN E DEFENSA DE INCENDIOS FORESTAIS.
- 1 PEÓN CONDUCTOR DE PREVENCIÓN E DEFENSA DE INCENDIOS FORESTAIS.
 
- 1 XEFE DE BRIGADA.

 Están publicadas as bases de selección para tódalas postos no taboleiro de anuncios do concello e o prazo de inscrición remata o día 15 de xuño, ás 15:00 horas.
A proba de esforzo realizarase o día 20 de xuño, ás 12:30 horas, e os que a superen continuaran co proceso de selección o día 27 de xuño, ás 10:00 horas, na Casa da Cultura.

Para máis información, contactar coa axente de emprego e desenvolvemento local do concello, con oficina sita na Casa da Cultura, ou chamar ó 982590195.

No seguinte enlace pode consultar bases e descargar os modelos de solicutude: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board/9753e838-f59b-11de-b600-00237da12c6a/

OFERTA EMPREGO CONDUCTORES MOTOBOMBA

O Concello de O Vicedo selecciona TRES CONDUCTORES PARA A MOTOBOMBA para a temporada de verán/2017. A duración do contrato é de dous meses e medio, sendo con data de inicio prevista para o 28 de xullo.
As bases de selección están publicadas no taboleiro de anuncios do concello, e o prazo de presentación de instancias remata o día 15 de xuño, ás 15:00 horas.
A proba de esforzo realizarase o día 20 de xuño, ás 12:30 horas. E os que a superen continuarán co proceso de selección o día 28 de xuño, ás 10:00, na Casa da Cultura

Para máis información, contactar coa axente de emprego e desenvolvemento local do concello, con oficina sita na Casa da Cultura, ou chamar ó 982590195.

No seguinte enlace pode consultar bases e descargar os modelos de solicutude: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board/9753e838-f59b-11de-b600-00237da12c6a/

jueves, 1 de junio de 2017

OFERTA EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello de O Vicedo, as bases para de selección para a contratación laboral temporal, mediante oposición, de  UN INFORMADOR/-A DE TURISMO, con categoría de auxiliar, para a temporada de verán 2017, desde o 01 de xullo ata o 31 de agosto .

O prazo de solicitude remata o día 12 de xuño, ás 15:00 horas. Sendo o proceso selectivo o día 14 de xuño, a partir das 11:00 horas na Casa da Cultura.

Para máis información e solicitudes: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local.

No seguinte enlace pode consultar bases e descargar os modelos de solicutude: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board/9753e838-f59b-11de-b600-00237da12c6a/

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun ANIMADOR/-A SOCIOCULTURAL, a xornada completa, durante a tempada de verán/2017 (3 meses), con adscrición ao Centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade do concello do Vicedo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o próximo día 12 de xuño, ás 15:00 horas. Realizándose o proceso de selección o día 14 de xuño, a partir das 10:00 h. na Casa da Cultura.

Para máis información e inscricións contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local.

No seguinte enlace pode consultar bases e descargar os modelos de solicutude: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board/9753e838-f59b-11de-b600-00237da12c6a/

OFERTA EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases de selección para a contratación, mediante oposición, de 10 PEÓNS DE PROTECCIÓN DO AMBIENTE E ESPACIOS NATURAIS, a media xornada, para a tempada de verán/2017, do 1 de xullo o 31 de agosto.

O prazo de solicitude remata o próximo día 12 de xuño, ás 15:00 horas. Celebrándose o proceso selectivo o día seguinte, 13 de xuño, a partir das 10:00 horas na Casa da Cultura.

Máis información e inscricións: pasando pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

 No seguinte enlace pode consultar bases e descargar os modelos de solicutude: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board/9753e838-f59b-11de-b600-00237da12c6a/