lunes, 23 de septiembre de 2013

BOLSA PARA LICENCIADO OU GRADO EN HISTORIA DO ARTE


CONVOCATORIA E BASES QUE REXERÁN A OFERTA DE UNHA BOLSA FORMATIVA DE PATRIMONIO MATERIAL PARA O SERVIZO DE CULTURA, TURISMO, ENSINO, NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA E PATRIMONIO HISTÓRICO DA DEPUTACIÓN DE LUGO 2013 – 2014.

Para consultar as bases pinche aquí:
https://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/RecursosWeb/DOCUMENTOS/1/0_8747_1.pdf#PAGE=9

OFERTA DE EMPREGO




CONVOCATORIA DE PROCESO SELECTIVO PARA INTERINAR (ART. 10.1.c DO EBEP) NOVE EMPREGOS DE PEÓNS DE REPARACIÓN DE VÍAS PROVINCIAIS, EMPREGOS DE CARÁCTER TEMPORAL NA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO.

 Para ver as bases da convocatoria pinche aquí:

https://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/RecursosWeb/DOCUMENTOS/1/0_8747_1.pdf#PAGE=9

miércoles, 18 de septiembre de 2013

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial  (28 horas/semana), durante seis meses, sendo a data de inicio prevista o día 2 de outubro.

O prazo de inscrición remata o vindeiro día 27 de setembro, ás 9:30 horas. A selección realizarase ese mesmo día a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

lunes, 16 de septiembre de 2013

BECAS PROXECTO TIC-LUGOII. BECAS EUROPEAS LEONARDO DA VINCI


A Fundación TIC publicou no BOP do 16 de setembro do 2013 unha convocatoria que ten por obxecto establecer as bases polas que 20 persoas beneficiarias do proxecto TIC de axudas para estancias no estranxeiro coa finalidade formativa-profesional, realizarán prácticas en empresas de Italia, Portugal e Reino Unido, no marco do Programa de Aprendizaxe Permanente.

Prazo: 15 días naturais desde a publicación.

Para máis información pinche aquí:

https://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/RecursosWeb/DOCUMENTOS/1/0_8703_1.pdf#PAGE=22

viernes, 13 de septiembre de 2013

AXUDAS A EMPRENDEDORES

O Grupo de Acción Costeira A Mariña-Ortegal (GAC1), entidade colaboradora da Consellería do Medio Rural e do Mar, concede axudas de ata o 60%  para proxectos de creación de empresa vinculadas ao mar e que podan encadrarse dentro dalgunha das seguintes medidas:

- Fortalecemento da competitividade do sector pesqueiro.
- Diversificación e fortalecemento da economía nas zonas pesqueiras.
- Cohesión social.
- Mellora ambiental nas zonas de pesca.

O prazo de solicitude remata o 31 de marzo de 2014, pero no último semestre resolven tódolos proxectos presentados ata o 30 de setembro de 2013, o resto a partir do 31 de marzo de 2014.

Si necesitas máis información podes contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello de O Vicedo, ou directamente na oficina do GAC en Celeiro, sita na rúa da praia, 1-2º, ou chamando ó 982563355.

miércoles, 11 de septiembre de 2013

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (30 h./semana), para sustiuir a unha das auxiliares de axuda no fogar de baixa. A data de inicio prevista é o día 17 de setembro e ata que finalice a sustitución.

O prazo de inscrición remata o vindeiro día 13 de setembro, ás 10:30 horas. A selección realizarase ese mesmo día a partir das 10:30 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha LIMPADORA, a media xornada, por un período de 6 meses


O prazo de inscrición remata o próximo día 18 de setembro, ás 09:30 horas, realizándose o proceso de selección ese mesmo día a partir das 10:00 horas.

Para máis información e inscricións: pasar pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.