lunes, 28 de marzo de 2011

AXUDAS PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO DA CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

Persoas beneficiarias:
1.- As persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego que procedan á creación do seu propio posto de traballo mediante a súa constitución en traballadores/as autónomos/as ou por conta propia, sempre que:

• Sexan titulares ou cotitulares do negocio ou explotación, ou ben formen parte de sociedades civís ou comunidades de bens sempre que as soliciten a título persoal.

• Se dean de alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional.

• Non percibisen subvencións ao abeiro do programa de promoción do emprego autónomo nos catro anos anteriores á data do inicio da nova actividade.

* Non desenvolvesen como traballadores/as autónomos/as a mesma ou similar actividade na mesma localidade, nos 6 meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade, nin estiveran de alta como traballadores/as autónomos/as en calquera réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, sempre que a dita situación de alta presupoña actividade, nos 3 meses inmediatamente anteriores.

2.- As persoas beneficiarias da subvención pola primeira contratación indefinida serán os traballadores ou traballadoras autónomos/as ou profesionais, que realicen esta contratación durante o primeiro ano de actividade, para prestar servizos en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia.


Tipos de axuda:


• Subvención polo establecemento como traballador ou traballadora autónoma ou por conta propia.

. Subvención financeira.

• Subvención para asistencia técnica.

• Subvención para formación.

• Axuda excepcional para o financiamento dos primeiros gastos da actividade.

• Subvención pola primeira contratación indefinida.


Prazo de solicitudes:


O prazo xeral para a presentación de solicitudes das distintas axudas deste programa será de un mes desde a data da solicitude de alta na Seguridade Social ou mutualidade do colexio profesional ou desde realizada a contratación indefinida. En todo caso, este prazo finalizará o 30 de setembro de 2011, aínda que non transcorreran dous meses desde a dita alta (art. 11º.2).

As actuacións realizadas entre o 1 de xullo do 2010 e o 25 de marzo do 2011, poderán acollerse a esta axuda e o prazo de solicitude remata o 29 de abril de 2001.


Máis información e solicitudes: oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

miércoles, 23 de marzo de 2011

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha auxiliar de axuda a domicilio a xornada parcial.
O prazo de inscrición remata o vindeiro día 31 de marzo, ás 10:00 horas.
Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha limpiadora a media xornada.
O prazo de inscrición remata o próximo día 31, ás 10:00 horas.
Para máis información e inscricións: pasar pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

viernes, 18 de marzo de 2011

AXUDAS DO GRUPO DE ACCIÓN COSTEIRA PARA EMPRENDEDORES

O próximo 30 de marzo remata o prazo de solicitude das axudas convocadas polo Grupo de acción costeira A Mariña-Ortegal para proxectos de creación empresas ou negocios vinculados co mar.
As axudas poden chegar ata o 60%.
Para máis información pasar pola oficina que ten O GAC na confraría de Pescadores de Celeiro, na segunda planta. Ou chamando ó teléfono 982563355.

miércoles, 16 de marzo de 2011

AXUDAS Á CONTRATACIÓN A TEMPO PARCIAL POR CONTA ALLEA

No enlace que aparece a continuación podedes ver todo o máis importante sobre as bonificacións na Seguridade Social para as contratacións por conta allea a tempo parcial que poden solicitarse desde o pasado día 13 de febreiro:

https://www.redtrabaja.es/es/redtrabaja/contenidos/generico.do?pagina=/empleo_form/informacion_RD_12011.html

martes, 15 de marzo de 2011

CURSOS DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A PERSOAS DESEMPREGADAS

No enlace que aparece a continuación podedes ver os cursos de formación dirixidos prioritariamente a persoas desempregadas que están aprobados para a provincia de Lugo:
http://traballo.xunta.es/descargas/afd2011-Lugo.pdf

viernes, 4 de marzo de 2011

OFERTA EMPREGO EDUCADOR INFANTIL

Estás publicadas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal dun educador infantil para cubrir vacacións das cuidadoras.
Os requisitos para os candidatos son:
- Ser español ou cidadán da Unión Europea
- Estar en posesión do título de Técnico superior en educación infantil ou mestre especializado en educación infantil.
- Ter coñecementos de primeiros auxilios.
- Dispoñer do carné de manipulador de alimentos.
- Estar vacinado contra a rubéola.
- Non padecer enfermidade nin defecto físico que impida o normal desenvolvemento das funcións correspondentes a ese posto.
- Non haber traballado para o concello de O Vicedo, máis de 23 meses nos 30 últimos.
O prazo de inscrición finaliza o día 14 de marzo ás 13:00horas, e a partir de dita hora realizaranse as probas de selección.

LISTA DEFINITIVA ADMITIDOS E EXCLUIDOS SELECCIÓN AXENTE TIC E FIXACIÓN DA DATA DO EXAME

No enlace que aparece a continuación, no apartado de emprego público do taboleiro de anuncios da sede electrónica do concello, pode verse a resolución da alcaldía pola que se aproba a lista de admitidos e excluídos para a selección do axente TIC, así como a designación do tribunal e a data e hora na que se realizarán as probas.

http://concellodovicedo.sedelectronica.es/?wicket:interface=:1::::

O exercicio realizarase o día 11 de marzo de 2011, ás 11:00 horas, na Casa da Cultura de O Vicedo, sita na r/Cidade de Mondoñedo, 23.

miércoles, 2 de marzo de 2011

OFERTAS DE EMPREGO

Para máis información e inscricións nas ofertas de emprego que aparecen a continuación ir a www.infojobs.net :

- ADER recursos humanos selecciona AUXILIAR ACUÍCOLA para piscifactoría situada na Costa de Lugo. Contrato de duración determinada a xornada completa. Títulación requerida ESO e non necesaria experiencia.
- ASESOR COMERCIAL para A Mariña para Previsión sanitaria nacional. Estudios mínimos de bachillerato. Experiencia de 2 anos na rama de seguros de vida. Residencia na zona. Disponibilidade para viaxar e vehículo propio.
- ASESOR/FUTURO DIRECTOR OFICINA DE SEGUROS para Seguros Bilbao-Grupo catalana occidente para Lugo, Viveiro, Foz.
-Beca de INGENIERO DE PROCESO para multinacional do sector industrial ubicada en San Ciprián.
- CAMARERO/-A para cervecería pub Temple en Viveiro.

martes, 1 de marzo de 2011

OFERTA DE EMPREGO

No taboleiro de anuncios do Concello de O Vicedo están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun peón de recollida de lixo.
O prazo de presentación de solicitudes remata o día 9, ás 9:30 horas.
Para máis información e solicitudes pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local sita na Casa da Cultura.

ADMITIDOS E EXCLUÍDOS NO PROCESO DE SELECCIÓN DO AXENTE TIC

No enlace que aparece a continuación, no apartado de emprego público do taboleiro de anuncios da sede electrónica do concello, está publicada a resolución pola que se establece a lista de admitidos e excluídos para participar no proceso de selección do axente TIC:

http://concellodovicedo.sedelectronica.es/?wicket:interface=:2::::
Abrése a partir do día da data un prazo de dous días hábiles para presentar as alegacións que estimen oportunas.
Aquelas persoas que presenten alegacións nun rexistro distinto ó do concello de O Vicedo, deberán adelantar o escrito por fax ó número 982590001.