miércoles, 27 de junio de 2012

OFERTA DE EMPREGO

O Concello do Vicedo ten previsto contratar seis socorristas durante dous meses, subvencionados pola Consellería de Traballo e Benestar a través dos chamados "Programas de cooperación".

O primeiro requisito é estar desempregado e inscrito na oficina de emprego de Viveiro, oficina na cal se presentou a correspondente oferta.

Para máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local, con oficina sita na Casa da Cultura, ou chamando o 982590195

martes, 26 de junio de 2012

OFERTA DE EMPREGO. URXENTE

Na Voz de Galicia do sábado 23 de xuño, publicouse unha oferta de emprego de TRAGSA de:

- Xefes brigada incendios forestais
- Peóns defensa incendios forestais
para varios distritos.

Mañá mércores 27 de  xuño, ás 19:00 horas remata o prazo de presentación de solicitudes.

Documentación a presentar: Currículum vitae, fotocopia DNI, fotocopia carné de conducir no seu caso, vida laboral actualizada, tarxeta de demandante de emprego, contratos de traballo relacionados co posto e cursos relacionados, de ser o caso.

Para máis información: pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura

SELECCIÓN ENTIDADES SIN ÁNIMO DE LUCRO PARA IMPARTIR CURSOS

O INLUDES selecciona entidades públicas ou privadas sen ánimo de lucro para a execución de accións formativas no marco do proxecto "Lugo-Pacto provincial polo emprego", mediante firma dun convenio.

O prazo de solicitude remata o próximo 02/07/2012.

Consulta de bases de selección: http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/p_20_contenedor1.jsp?seccion=s_fdoc_BOP.jsp&contenido=18587&tipo=5&nivel=1400&layout=p_20_contenedor1.jsp&language=gl

Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local, con oficina sita na Casa da Cultura

lunes, 25 de junio de 2012

AXUDAS PARA INVERSIÓNS REALIZADAS POR EMPRENDEDORES OU EMPRESAS DE NOVA CREACIÓN

O Instituto Galego de Promoción Económica convocou axudas co obxectivo de fomentar a aparición de proxectos de creación de pequenas e medianas empresas ou de realización de investimentos en pequenas e medianas empresas novas promovidas por novos emprendedores.

Serán subvencionables os proxectos de creación de pequenas e medianas empresas ou de realización de investimentos en pequenas e medianas empresas novas promovidas por novos emprendedores para a ampliación do seu novo establecemento que cumpran os requisitos establecidos nestas bases reguladoras, entre eles: A intensidade de axuda concedida establécese entre un mínimo dun 15% dos gastos subvencionables e un máximo do 50%. Fin plazo de presentación de solicitudes: ata o 15 de novembro de 2012.

a) Non teñan comezado antes da presentación da solicitude de axuda.

b) Presenten un custo subvencionable superior a 35.000€ e non superior a 500.000€, que se realizará no prazo de execución do proxecto que se estableza na resolución de concesión; se o custo subvencionable resultase superior a 500.000 €, o Igape reduciría a base subvencionada a esta cantidade.

c) Os gastos e/ou investimentos subvencionables terán que estar localizados no centro de traballo da empresa en Galicia.

Considérase novo emprendedor, para os efectos destas bases, aquela persoa física que non estea acometendo outra actividade económica por conta propia á data de presentación da solicitude de axuda. Considerarase que non se cumpre esta condición cando unha persoa no momento da solicitude figure de alta no RETA cunha antigüidade superior a un ano ou detente unha participación igual ou superior ao 25% noutra sociedade mercantil.


 
 
Para máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local, con oficina sita na Casa da Cultura.

AXUDAS A LIÑAS DE FINANCIAMENTO CONVOCADAS POLO INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

No DOG do día de hoxe, o IGAPE publica as bases para poder acceder a tres liñas de financiamento para a realización de investimentos para empresarios e emprendedores:

1. Liña Microcréditos: créditos para financiar investimentos nas microempresas galegas (con menos de 10 traballadores e cunha cifra de negocios anual ou balance xeral anual que non supere os 2 millóns de euros). Cuantía máxima 25.000 euros.

2. Liña Peme xove: créditos para financiar investimentos en proxectos emprendedores galegos. Cuantía mínima 25.000 euros e máximo de 120.000 euros.

3. Liña Peme competitiva: créditos para financiar investimentos que permitan mellorar a competitividade das pemes galegas. Cuantía mínima 25.000 euros e máximo de 120.000 euros.

Fin plazo presentación solicitudes: ata o 14/09/2012.

Máis información: pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

viernes, 22 de junio de 2012

OFERTA DE EMPREGO

O Concello de O Vicedo selecciona TRES CONDUCTORES PARA A MOTOBOMBA durante a tempada de verán/2012. A duración do contrato é de tres meses e medio con data de inicio prevista para o 16 de xullo.

Requisitos que deben cumprir os candidatos:

- Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.
-  Ter cumprido os 16 anos e non superar a idade establecida para a xubilación forzosa.
- Estar en posesión do certificado de estudios primarios ou certificado de escolaridade.
- Estar en posesión do carné de conducir tipo C, e de ser o caso, certificado de aptitude profesional (CAP).


Todos os requisitos anteriores deberán posuírse o día en que remate o prazo de presentación de instancias e deberán presentarse nas oficinas municipais coa solicitude.

O prazo de solicitude remata o próximo día 3 de xullo, ás 9:30 horas, celebrándose ese mesmo día o proceso selectivo a partir das 10:00 horas na Casa da Cultura.

Para máis información, contactar coa axente de emprego e desenvolvemento local do concello.

miércoles, 20 de junio de 2012

CURSOS PARA DESEMPREGADOS CONVOCADOS POLO INLUDES

Cursos convocados polo INLUDES dentro do Proxecto "Lugo Pacto provincial polo emprego":

Criterios de admisión:

1. Perfil A:
- Persoas desempregadas e inscritas como demandantes de emprego na oficina de emprego correspondente.
- Estar empadroado nalgún concello da provincia de Lugo con data anterior a 20/06/2012.

2. Perfil B:
- Persoas desempregadas e inscritas como demandantes de emprego pertencentes a algúns colectivos  de dificil inserción: mozos menores de 30 anos, maiores de 45 anos, desempregados de longa duración (máis de 1 ano), etc.
- Estar empadroado nalgún concello da provincia de Lugo con data anterior a 20/06/2012.

Cursos previstos para realizar en Viveiro, según perfil1. Perfil A:
- Coidador de discapacitados físicos e psíquicos (200 horas)
- Atención especializada a enfermos de alzheimer (250 horas)
- Auxiliar de enfermería en xeriatría (300 horas)

2. Perfil B:
- Produtor de hortalizas ecolóxicas (190 horas)
- Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería (330 horas)
- Administrador de servidores e páxinas web (350 horas).

Becas:
Os beneficiarios recibirán unha beca por asistir do 75% do IPREM (399,38 euros). Compatible coa percepción da prestación ou subsidio, sempre que o conxunto de rendas percibidas non supere a antedita cuantía (399,38 euros). Desta cantidade deducirase as horas que non asista a formación.

Lugar de presentación:
Na Deputación provincial de Lugo ou por correo postal, enviando o mesmo día un fax conforme se realizou a presentación.

Plazo de presentación: ata o 30 de xuño de 2012

Documentación a aportar: (en orixinal ou copia cotexada)
- Currículum vitae actualizado.
- DNI
- Certificado dos períodos de inscrición como demandante de emprego.
- Certificado de empadroamento.
- Si se cobra algunha prestación ou subsidio. Presentar documentación que así o acredite, duración e importe.
- Certificado de minusvalía, no seu caso.
- Libro de familia no caso de ter fillos a cargo.
- Experiencia laboral relacionada: informe de vida laboral e contratos. No suposto de "coidadores non profesionais que atenden a persoas en situación de dependencia" acreditarase mediante certificado de convivencia coa persoa dependente e certificado de dependencia da persoa coa que convive.
- No caso de formación relacionada: copia compulsada do diploma.
- Colectivos de perfil B, acreditar.

Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local, con oficina sita na Casa da Cultura de O Vicedo


lunes, 18 de junio de 2012

CHARLA CURSOS DE GALEGO - CELGA



Charla informativa sobre os CELGAS, Certificados de lingua galega.

Informarase os asistentes sobre os distintos niveles, as validacións e outras formas de obter estes certificados.

Ademáis valorarase a posibilidade de constituir un curso preparatorio para as vindeiras convocatorias.

viernes, 15 de junio de 2012

OFERTA DE EMPREGO 7 PEÓNS MEDIA XORNADA

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases de selección para a contratación, mediante oposición, de 7 PEÓNS DE PROTECCIÓN DO AMBIENTE E ESPACIOS NATURAIS, a media xornada,  para a tempada de verán/2012, do 1 de xullo o 31 de agosto.


Requisitos que deben cumprir os candidatos:
- Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.
- Ter cumprido os 16 anos e non superar a idade establecida para a xubilación forzosa.
- Estar en posesión do certificado de estudios primarios ou certificado de escolaridade.

Todos os requisitos anteriores deberán posuírse o día en que remate o prazo de presentación de instancias e deberán presentarse nas oficinas municipais coa solicitude (DNI e xustificante de estudios realizados).

O prazo de solicitude remata o próximo día 27 de xuño, ás 9:30 horas, celebrándose ese mesmo día o proceso selectivo a partir das 10:00 horas na Casa da Cultura.

Máis información e inscricións: pasando pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

martes, 12 de junio de 2012

AXUDAS CONCILIACIÓN DA VIDA LABORAL E FAMILIAR

No DOG de hoxe publicanse unhas axudas dirixidas os homes traballadores por conta allea e as familias monoparentais nas que a persoa solicitante, home ou muller, sexa traballadora por conta allea,  que soliciten reducción da xornada laboral para o coidado dun fillo o unha filla menor de 3 anos, ou ben, aínda superándose esa idade, cando o/a menor padeza unha discapacidade recoñecida de porcentaxe igual ou superior ao 33% e sexa menor de 12 anos.



A axuda consistirá nun pagamento único por un máximo de 8 meses e un mínimo de 60 días.


Máis información:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120612/AnuncioC3C1-070612-0004_gl.html

lunes, 11 de junio de 2012

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun educador infantil para o Punto de atención á infancia.

Os requisitos para os candidatos son:
- Ser español ou cidadán da Unión Europea.
- Estar en posesión do título de Técnico superior en educación infantil ou mestre especializado en educación infantil.
- Ter coñecementos de primeiros auxilios.
- Dispoñer do carné de manipulador de alimentos.
- Estar vacinado contra a rubéola.
- Non padecer enfermidade nin defecto físico que impida o normal desenvolvemento das funcións correspondentes a ese posto.

O prazo de inscrición finaliza o día 20 de xuño ás 9:30 horas, a partir das 13:00 do mesmo día realizaranse as probas de selección.

Para máis información e inscricións contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local, con oficina sita na Casa da Cultura de O Vicedo, ou chamando ó 982590195.

jueves, 7 de junio de 2012

AXUDAS PARA INCENTIVAR O TURISMO ACTIVO, ACTIVIDADES DE LECER E TEMPO LIBRE

A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza convoca axudas para incentivar o turismo activo

BENEFICIARIOS:

Empresas (pemes) autónomas ou as constituídas baixo calquera tipo de sociedade mercantil, civil ou comunidade de bens, que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e sexan titulares dos establecementos nos cales se poidan realizar os investimentos obxecto de subvención.

De ser o caso, e segundo a natureza do investimento ou actividade proxectada, as empresas acreditarán a titularidade dos espazos onde se pretenda desenvolver a actuación ou ben, por calquera título válido en dereito, ter unha disposición sobre eles que permita realizar o investimento proxectado. O dito título de disposición terá que ser outorgado en escritura pública, e inscrito no Rexistro da Propiedade. En calquera caso, o beneficiario da subvención terá o pleno uso e desfrute dos espazos.

Será requisito imprescindible para a concesión destas axudas que a empresa solicitante inscriba ou teña inscrita no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (REAT) a actividade turística para a cal se solicita a axuda. O titular que figura no REAT ten que coincidir co solicitante e posible beneficiario da subvención para esa actividade en concreto.

Os requisitos para ser beneficiarios deberán cumprirse ao remate do prazo de presentación de solicitudes.

INVESTIMENTOS SUBVENCIONABLES
 
Consideraranse obxecto de subvención as seguintes liñas de actuación:

Liña A) Investimentos para a mellora das infraestruturas para o desenvolvemento de actividades hípicas, náuticas, golf e oferta turística complementaria.

Liña B) Investimentos para a adquisición e/ou renovación de material para a práctica das actividades obxecto da convocatoria bicicletas, piraguas, embarcacións, material golf, sendeirismo, material para centros BTT, etc.).

Os centros BTT son instalacións de apoio á práctica do ciclismo de montaña nas cales os usuarios poderán atopar todo tipo de Servizos e rutas para a práctica desta actividade deportiva en Galicia. Un centro BTT defínese como un produto turístico destinado a promover a bicicleta de montaña.

Liña C) Creación de novas ofertas. Gastos de promoción e difusión, así como ferramentas ou aplicacións web para a promoción e comercialización dos produtos en sitios web propios ou de terceiros (webs, redes sociais ou blogs), específicos dos produtos desenvoltos.

Unicamente poderán recibir subvención aqueles proxectos que se inicien e executen unha vez confirmada pola Secretaría Xeral para o Turismo a súa elixibilidade.
FIN PRAZO SOLICITUDE: 06/07/2012

CURSOS DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA PARA A ADMINISTRACIÓN LOCAL

No DOG de hoxe, convócanse varios cursos de linguaxe administrativa para empregados da administración local, na modalidade de teleformación.

Máis información:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120607/AnuncioO150-310512-0001_gl.pdf

CONVOCATORIA LIBRE PROBAS BACHILLER

No DOG do día de hoxe, publicase a convocatoria para obter por libre o título de bachiller.

Máis información:
http://www.edu.xunta.es/web/node/4951

AXUDAS A PROXECTOS DINAMIZADORES NAS ÁREAS RURAIS

TIPOS DE AXUDA


Subvencións, en réxime de concorrencia competitiva. As subvencións centraranse nas seguintes medidas:

1. Fomento de actividades turísticas.
2. Servizos básicos para a economía e a poboación rural.
3. Conservación e mellora do patrimonio rural.

PRINCIPALES CONDICIÓNS
 
* Fomento de actividades turísticas.


Constitúe o obxecto desta medida:

- A consolidación e mellora da oferta turística e as infraestruturas turísticas nas zonas rurais, apoiando actuacións que contribúan a crear condicións favorables para o desenvolvemento das iniciativas empresariais no sector.

- A posta en valor da riqueza histórica, cultural, patrimonial, natural e paisaxística das zonas rurais.

Beneficiarios:

Asociacións, fundacións e entidades privadas sen ánimo de lucro interesadas en promover actividades turísticas no medio rural.

Os requisitos para obter a condición de beneficiarios deberanse cumprir, como máis tarde, na data límite de remate do prazo de presentación de solicitudes.

Actividades subvencionables:

1. Creación e desenvolvemento de produtos e servizos turísticos.

2. Accións de promoción e comercialización de produtos e servizos turísticos.

3. Infraestruturas turísticas de pequena escala dirixidas á información, atención e recepción de visitantes

4. Adecuación, acondicionamento e equipamento de espazos naturais para a práctica do deporte

* Servizos básicos para a economía e a poboación rural.

O obxecto desta medida é apoiar a implantación e mellora dos servizos á poboación rural, en especial daqueles que respondan ás novas necesidades dos habitantes e empresas das áreas rurais.

Beneficiarios:

Asociacións, fundacións, comunidades veciñais de montes en man común e entidades privadas sen ánimo de lucro. Asociacións e confederacións de empresarios. Concellos e mancomunidades de concellos consorcios e entidades dependentes das anteriores con participación maioritaria dos concellos.


Actividades subvencionables:

1. Proxectos sen ánimo de lucro dirixidos á implantación e mellora de servizos asistenciais, culturais, educativos, recreativos, deportivos e de lecer.

2. Proxectos con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxía renovables. Os proxectos limitaranse ao uso da enerxía solar fotovoltaica ou térmica.

3. Medios de transporte para a prestación de servizos necesarios para o desenvolvemento do proxecto ou para cubrir necesidades de áreas con baixa densidade de poboación.

4. Proxectos de creación e desenvolvemento de centros de servizos para empresas, outras infraestruturas para redes de cooperación e servizos entre empresas, así como equipamentos a pequena escala que faciliten a implantación ou mellora de empresas en ámbitos rurais, fomentando en especial a redución da fenda dixital e a implantación de novas tecnoloxías.


* Conservación e mellora do patrimonio rural.

O obxecto desta medida é favorecer a conservación e a valorización do patrimonio natural e cultural das zonas rurais. Preténdese apoiar a preservación da calidade paisaxística e da diversidade biolóxica, así como incentivar a conservación e a valorización dos elementos patrimoniais e culturais das zonas rurais.

Beneficiarios.

Asociacións, fundacións e outras entidades privadas sen ánimo de lucro. Comunidades de montes veciñais en man común.

Actividades subvencionables.

1. Centros de interpretación da natureza e proxectos relacionados coa restauración, mellora e posta en valor do patrimonio natural.

2. Proxectos relacionados coa restauración, mellora e posta en valor do patrimonio etnográfico e cultural: museos, posta en valor de recursos arqueolóxicos (exceptuando a intervención arqueolóxica sobre o ben) e a recuperación de construcións de interese arquitectónico, etnográfico e cultural.

PRAZO DE PRESENTACIÓN: ATA O 20/07/2012


miércoles, 6 de junio de 2012

SEMINARIO DE XERACIÓN E MADURACIÓN DE IDEAS

No concello de Xove, celebrarase proximamente os días 11, 18 e 25 de xuño, das 9:00 ás 14:00 horas, un seminario de xeración e maduración de ideas empresariais, en colaboración có BIC Galicia e o IGAPE.
Os interesados poden ter máis información e inscribirse chamando o departamento de emprego e desenvolvemento local do concello de Xove ó 982592001

viernes, 1 de junio de 2012

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO a xornada completa.



Deben cumprirse os seugintes requisitos:

-Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, de 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.
- Ter cumprido os 16 anos e non superar a idade establecida para a xubilación forzosa.
-Dispor de vehículo e carné de conducir B1 ou vehículo que facilite o traslado polo termo municipal (motocicleta, etc.)
- Estar en posesión da titulación de Estudios Primarios ou Certificado de Escolaridade ou equivalente.
- Estar en posesión de curso homologado de auxiliar de axuda a domicilio ou curso de atención socio – sanitaria a persoas no domicilio, certificado de profesionalidad ou equivalente.

O prazo de inscrición remata o vindeiro día 12 de xuño, ás 09:30 horas. A selección realizarase ese mesmo día a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.