lunes, 23 de noviembre de 2009

MONITORES E ADMINISTRATIVO II OBRADOIRO DE EMPREGO CONCELLO DO VICEDO

Ata as 14:00 horas do día 27/11/2009, está aberto o prazo de presentación de solicitudes para a contratación laboral temporal a media xornada dun administrativo e a xornada completa dun: mestre de obradoiro de xardinería, mestre de obradoiro de atención sociosanitaria a persoas no fogar, e mestre de obradoiro de carpintería de madeira.
As bases están expostas nos taboleiros de anuncios do concello de O Vicedo, e do Departamento territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Lugo, e nestes mesmos lugares poderán conseguir os anexos de solicitude.
O lugar de presentación será unicamente no rexistro do concello de O Vicedo, ou no rexistro xeral da Delegación Territorial da Xunta de Galicia de Lugo, sito na Ronda da Muralla, 70 (Servizo de promoción do emprego-Escolas Obradoiro).

jueves, 19 de noviembre de 2009

II OBRADOIRO DE EMPREGO CONCELLO DO VICEDO

Proximamente porase en funcionamento o “II Obradoiro de Emprego Concello de O Vicedo”, subvencionado pola Consellería de Traballo e Benestar e o Fondo Social Europeo, no que se formarán a 23 alumnos/-as nas especialidades de XARDINERÍA (8), CARPINTERÍA DE MADEIRA (8) e ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS NO FOGAR (7).

Neste proxecto mediante o desempeño dun traballo real e remunerado, combínase formación con práctica profesional. A duración será dun ano.

Os alumnos-traballadores deberán cumprir como mínimo os seguintes requisitos:
- Ter vintecinco ou máis anos.
- Estar desempregados e inscrito no Servizo Público de Emprego.
- Estar empadroados no concello de O Vicedo.

Tódolos interesados deberán estar inscritos correctamente na Oficina de emprego de Viveiro. Máis información contactando coa AEDL do concello, Dña. Manuela Domínguez Bermúdez, na Casa da Cultura, en horario de 9:00 a 15:00 h. ou chamando ó 982590195