miércoles, 31 de mayo de 2023

PROGRAMA NOVA OPORTUNIDADE DAS PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS

Orde do 10 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Nova oportunidade das persoas traballadoras autónomas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TR790A).

Persoas beneficiarias e requisitos

Serán beneficiarias destas axudas tanto as persoas autónomas que queren volver emprender de novo como as persoas autónomas que queiran cambiar de sector de actividade:


1. Persoas que teñan sido autónomas con anterioridade e que queren volver emprender:

Serán beneficiarias das axudas as persoas que se dean de alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) ou calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, no período do 31 de outubro de 2022 ao 30 de outubro de 2023, e que cumpran os seguintes requisitos:

a) Ter causado alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) ou calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, no período do 31 de outubro de 2022 ao 30 de outubro de 2023.

b) Ter cotizado anteriormente a esta nova alta polo menos durante 3 meses ininterrompidos na súa vida laboral no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional.

c) Estar inscrita como persoa demandante de emprego nos servizos públicos de emprego con carácter previo á nova alta e carecer de ocupación efectiva, non ter contrato laboral en vigor e atoparse en tal situación na data inmediatamente anterior á de inicio da actividade laboral.

d) Transcorrer un período mínimo de tres meses entre a nova alta na Seguridade Social e a anterior baixa.

e) Ter o domicilio fiscal nalgún concello de Galicia e desenvolver a súa nova actividade económica ou profesional en Galicia.

f) Ter iniciada a actividade con anterioridade á presentación da solicitude de subvención.

2. As persoas traballadoras autónomas ou por conta propia poderán ser beneficiarias das axudas deste programa cando formen parte de comunidades de bens, sociedades civís ou outras entidades sen personalidade xurídica de nova creación, sempre que as soliciten a título persoal. Neste caso, a entidade deberá estar constituída previamente á presentación da solicitude e non con anterioridade ao período subvencionable.

3. Quedan excluídas das axudas reguladas nesta orde as persoas traballadoras autónomas que xa foran beneficiarias con anterioridade desta axuda (TR790A), así como as persoas traballadoras autónomas membros de entidades de economía social e as persoas autónomas administradoras que non acrediten participación na empresa ou negocio. Tamén quedan excluídas as persoas autónomas colaboradoras e os membros das sociedades mercantís e sociedades laborais.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes iníciase o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia e remata o 31 de outubro de 2023.

Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local ou pinchando no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230531/AnuncioG0656-110523-0006_es.html

martes, 30 de mayo de 2023

Programa de emprego con apoio

EXTRACTO da Orde do 9 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de emprego con apoio, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TR342A).

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das correspondentes subvencións reguladas nesta orde, sempre que cumpran os requisitos nela establecidos, as seguintes entidades:

– As asociacións, fundacións e outras entidades sen ánimo de lucro que subscriban o correspondente convenio de colaboración coa empresa que vai contratar as persoas traballadoras con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social ás cales se lles vai prestar o emprego con apoio.

– Os centros especiais de emprego, calificados e inscritos como tales no rexistro administrativo de centros especiais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia, que subscriban un convenio de colaboración, segundo o previsto co artigo 9, coa empresa que vai contratar persoas traballadoras con discapacidade procedentes do cadro de persoal do mesmo centro ou doutros centros especiais de emprego.

Tamén as empresas de inserción, debidamente inscritas no rexistro de empresas de inserción da Comunidade Autónoma de Galicia, que subscriban convenio de colaboración coa empresa que vai contratar persoas traballadoras en situación ou risco de exclusión social procedentes do cadro de persoal da mesma empresa ou doutras empresas de inserción.

As empresas do mercado ordinario de traballo incluídas as persoas traballadoras autónomas, con domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia, que contraten as persoas traballadoras con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social que poidan ser beneficiarias das accións de apoio, sempre que conten no seu cadro de persoal con persoas preparadoras laborais especializadas.


Obxecto:

Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e convocar para o ano 2023, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, as axudas establecidas pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade ás entidades promotoras de programas de emprego con apoio para financiar os custos laborais e da seguridade social derivados da contratación dos preparadores e das preparadoras laborais que leven a cabo as accións de emprego con apoio, tanto no caso de novas contratacións como no caso de persoas preparadoras laborais que veñen prestando servizos na entidade (código de procedemento TR342A).

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230530/AnuncioG0656-100523-0003_gl.html

Axudas modernización comercio

 ORDE do 15 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para o Programa de modernización do comercio: Fondo Tecnolóxico, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento CO300G).


Obxecto:

1.As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto o financiamento de proxectos de contido tecnolóxico, innovador e sustentable dirixidos a impulsar o emprego das novas tecnoloxías no sector comercial.

Establécense dúas liñas de axudas:

– Liña destinada a persoas autónomas e pequenas e medianas empresas comerciais.

– Liña destinada a asociacións de comerciantes sen ánimo de lucro.


2. As axudas financiadas de acordo con esta orde enmárcanse no Compoñente 13 Impulso á peme, Investimento I4 Apoio ao comercio, actuación 1.2 Programa de modernización do comercio: Fondo tecnolóxico do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (en diante, PRTR).

Os proxectos subvencionables no marco do PRTR son os seguintes:

– Proxectos de novas tecnoloxías dirixidas a mellorar diferentes áreas da estratexia comercial en liña e en comunicación, do modelo de negocio e da experiencia de compra (gastos referidos á transformación dixital).

– Proxectos de novas tecnoloxías para a adaptación do espazo físico de venda, tanto ás novas necesidades e hábitos dos/das consumidores/as como aos novos modelos de xestión (gastos referidos á transformación do punto de venda).

– Proxectos de solucións tecnolóxicas para mellorar a eficiencia e sustentabilidade da entrega da última milla (gastos relativos á cadea de subministración e rastrexabilidade).

– Proxectos de aplicación de solucións tecnolóxicas para mellorar a eficiencia no consumo enerxético e dos recursos (gastos relativos á sustentabilidade e economía circular).

Prazo de solicitude:  desde  o 31/05/2023 ata o 30/06/2023, ou ata o esgotamento do crédito (van resolvendo por orde de entrada).

Máis información: contactar coa axente de emprego e desenvolvemento local municipal ou pinchando no seguinte enlace https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230530/AnuncioV0653-160523-0009_gl.html

Listas admitidos e excluídos definitivas das prazas de auxiliar de axuda a domicilio, convocadas no proceso de estabilización do emprego temporal, polos sistemas de concurso e concurso-oposición

Publicadas no BOP de Lugo de hoxe día 30 de maio de 2023,  as listas de admitidos e excluídos DEFINITIVAS do proceso de estabilización do emprego temporal, de tódalas prazas de auxiliar de axuda a domicilio, convocadas tanto polo sistema de concurso como polo de concurso-oposicón. Pode consultarse: no BOP de Lugo,  no taboleiro de anuncios do Concello do Vicedo e no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello do Vicedo no seguinte enlace:  https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0 , https://www.deputacionlugo.gal/boletin-oficial-da-provincia-de-lugo/ultimo-bop

Nas resolucións establécense as datas da proba práctica no caso do concurso-oposición e das probas de galego en tódolos procesos, para aquelas pesoas que teñan que facela por non acreditar o nivel mínimo de galego esixido.

lunes, 29 de mayo de 2023

Oferta emprego: auxiliar administrativo con adscrición aos servizos sociais municipais (interinidade)

Están expostas na sede electrónica e no taboleiro de anuncios do concello os bases de selección para a contratación, mediante concurso-oposición, dun/dunha AUXILIAR ADMINISTRATIVO (INTERINIDADE), con adscrición aos servizos sociais municipais do Concello do Vicedo, a xornada parcial (75%), sendo a data de inicio o antes posible e ata a finalización da interinidade.

O prazo de solicitude comenza mañá  día 30 de maio e remata o día 05 de xuño de 2023. As probas de selección e a valoración dos méritos realizaranse o día 06 de xuño de 2023, ás 10:00 horas na Centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade de O Vicedo (Casa Cultura).
 
 Máis información e inscricións: pasando pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, ou pinchando no seguinte enlace: http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

martes, 23 de mayo de 2023

Axudas para conciliación das persoas traballadoras autónomas

ORDE do 5 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas para a conciliación da persoa traballadora autónoma e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento TR341R).

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230522/AnuncioG0656-050523-0001_gl.html 

Oferta de emprego

Residencia Betania de Viveiro necesita persoal de atención sociosanitaria para cubrir vacacións.

Interesados/-as contactar coa directora do centro chamando ao 982561003

viernes, 19 de mayo de 2023

Oferta de emprego: tres peóns de protección do ambiente e espazos naturais para a tempada de verán 2023

Están expostas na sede electrónica e no taboleiro de anuncios do concello os bases de selección para a contratación, mediante oposición, de 3 PEÓNS DE PROTECCIÓN DO AMBIENTE E ESPAZOS NATURAIS, a xornada completa, sendo a data de inicio o 12 de xuño e a de finalización o 11 de setembro de 2023.


O prazo de solicitude comenza o día 19 de maio e remata o día 30 de maio de 2023. A proba de selección realizarase o día 31 de maio de 2023, ás 10:00 horas na Centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade de O Vicedo (Casa Cultura).
 
 Máis información e inscricións: pasando pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, ou pinchando no seguinte enlace: http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

jueves, 18 de mayo de 2023

Lista admitidos e excluidos provisional elevada a definitiva para a selección dun/dunha auxiliar de axuda no fogar a xornada completa

Está exposta no taboleiro de edictos da Corporación e na sede electrónica do Concello do Vicedo, a lista de admitidos e excluidos provisional, elevada a definitiva por non haber candidatos/-as excluídas,  para a contratación, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada completa, con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 01 de xuño de 2023.

A  proba realizarase o día 24 de maio de 2023, ás 10:15 horas, na casa consistorial do concello do Vicedo.

Pinche aquí para consultala lista: http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.1 (Taboleiro de anuncios /emprego público/pinchar no +)  

Curso novidades legais e capacidade xurídica das persoas con demencia en Vicedo

Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local municipal ou pinchando no seguinte enlace: https://extranet.sergas.es/feweb/FEWEB
 

martes, 9 de mayo de 2023

Demostración de ferramentas de xestión e optimizacion para PYMES en Viveiro

 


Oferta de emprego: auxiliar de axuda no fogar (cubrir vacacións)

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, para cubrir vacacións, con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo. 

O prazo de inscrición e do día 10  ao 19 de maio de 2023 (ambos inclusive). A selección realizarase o día 24 de maio de 2023, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte  enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

lunes, 8 de mayo de 2023

NOVA EDICIÓN DOS BONOS COMERCIA , CON DESCONTOS PARA GASTAR NOS COMERCIOS MINORISTAS ADHERIDOS

 OBXECTIVO: Incentivar a demanda comercial

 BONOS ACTIVA COMERCIO:

Cada bono terá un valor de 30 euros, pode ser usado en varios establecementos, e con el poderán obterse descontos:

-Desconto de 5 euros para compras iguais ou superiores a 20 euros e inferiores a 30 (IVE incluido).

-Desconto de 10 euros en compras iguais ou superiores a 30 euros e inferiores a 50 (IVE incluido).

 -Desconto de 15 euros en compras iguais ou superiores a 50 euros (IVE incluido).

Os bonos estarán dispoñibles para o público en xeral (maiores de idade e residentes na Comunidade Autónoma de Galicia) desde o 15 DE MAIO ATA O 15 DE SETEMBRO DE 2023, OU ATA O ESGOTAMENTO DO CRÉDITO, na web https://www.bonosactivacomercio.gal/

COMERCIOS MINORISTAS QUE PODEN ADHERIRSE A ESTE PROGRAMA DE BONOS: os establecementos minoristas interesados poderán solicitado na web https://www.bonosactivacomercio.gal/. DESDE O 09 DE MAIO DE 2023 E ATA O 01 DE SETEMBRO DE 2023.  Principais requisitos para poder adherirse:


-Desenvolver a  súa actividade comercial en Galicia.

- Ser empresarios autónomos ou pequenas e medianas empresas.

- Estar de alta nalgún dos epígrafes do IAE que aparecen nesta orde, publicado no DOG de 08/05/2023 (pinchar no seguinte enlace e ver anexo I: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230508/AnuncioV0653-260423-0025_es.html )


FUNCIONAMENTO DOS BONOS:

-          Os comerciantes adheridos recibirán semanalmente na conta bancaria indicada, a cantidade equivalente a os bonos canxeados no seu establecemento.

-          Para canxear os bonos e poder aplicar os descontos os comerciantes terán que descargar no seu móvil a APP corespondente, e no momento da compraventa, o comerciante terá que introducir nesa APP o importe e concepto da venda, aparecendo automáticamente o importe a cobrar (aplicado xa o desconto ao cliente). Pola sua parte, o usuario deberá mostrar o bono en formato código QR e pagar, en efectivo ou con tarxeta, o importe final da compra.


 OBRIGAS DOS COMERCIOS ADHERIDOS:

-          Anunciar no exterior do establecemento a adhesión ao programa.

-          Realizar o desconto directo do bono, sin que  o usuario chegue a desembolsar o importe do desconto.

-          Especificar na zona de caixa, de forma visible, a política de devolución.

-          Someterse de ser o caso as actuacións de comprobación e vixilancia necesarias.

-          Conservar durante un ano os tickets de compra e facturas xustificativas da aplicación dos bonos.

-          Custodiar as claves de acceso á plataforma co fin de evitar un uso indebido da mesma.

Listas admitidos e excluídos provisional das prazas de auxiliar de axuda no fogar, convocadas no proceso de estabilización do emprego temporal, polos sistemas de concurso e concurso-oposición

Publicadas no BOP de Lugo de hoxe día 08 de maio de 2023,  as listas de admitidos e excluídos provisionais do proceso de estabilización do emprego temporal, de tódalas prazas de auxiliar de axuda no fogar, convocadas tanto polo sistema de concurso como polo de concurso-oposicón. Pode consultarse: no BOP de Lugo,  no taboleiro de anuncios do Concello do Vicedo e no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello do Vicedo no seguinte enlace:  https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0 , https://www.deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/Documentos/bop_104_08052023.pdf

O prazo para alegacións e enmendas é de 10 días hábiles, a contar desde o día siguiente a publicación no BOP.

Oferta de emprego: auxiliar de axuda no fogar a xornada completa

Está exposto o anuncio publicado no BOP de Lugo de data 08/05/2023 e as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada completa, con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 1 de xuño de 2023.

O prazo de inscrición comenza ao día seguinte da publicación do antedito anuncio e por un período de oito días naturais. 

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0  

jueves, 4 de mayo de 2023

AXUDAS A EMPRESAS PARA EFICIENCIA ENERXÉTICA

 RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas galegas, para o ano 2023, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder-Galicia 2021-2027 (código de procedemento IN417Y).

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230505/AnuncioG0474-200423-0002_gl.html

CURSO PREVENCIÓN DE RISCOS LABOAIS NO MANEXO DA MOTOSERRA E ROZADOIRA. LUGAR CELEBRACIÓN: CONCELLO DO VICEDO

 

ORGANIZA: Instituto de seguridade e saúde laboral de Galicia (ISSGA)-Consellería de Promoción do emprego e Igualdade.

LUGAR: Concello do Vicedo.

MODALIDADE: presencial.

DATAS CELEBRACIÓN: 5,6 e 7 de xuño de 2023.

HORARIO: de 15:30 h. a 20:30 h.

DURACIÓN: 15 horas.

NÚMERO DE PRAZAS: 15 máximo, e é necesario un mínimo de alumnos para poder facelo.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: ata o 31/05/2023, enviando anexo cuberto e a documentación requerida, ao correo electrónico: issga.formacion@xunta.gal

Máis información e inscricións: https://issga.xunta.gal/gl/formacion/o-vicedocurso-de-prevencion-de-riscos-laborais-no-manexo-da-motoserra-e-rozadoira , ou contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local municipal. Tamén nos teléfonos do ISSGA: 981551704/659515371 e no Concello do Vicedo no 982590029

martes, 2 de mayo de 2023

Maratón de emprendemento


CaixaBank lanza un novo maratón de emprendemento rural na localidade coruñesa de As Pontes, os días 19 e 20 de maio, no que poderán participar novas ideas innovadoras en sectores clave, como o forestal, a enerxía, o turismo activo e as experiencias turísticas, así como proxectos que melloren os servizos á poboación. Este maratón forma parte do programa de CaixaBank Tierra de Oportunidades, dedicado a impulsar o emprendimento rural e a creación de emprego, co obxectivo de deter a crecente despoboación de núcleos rurais.

 

Esta segunda edición do maratón celebrarase no Talent e conta coa implicación dos Grupos de Desarrollo Rural (GDR) Seitura 22 da provincia da Coruña,  e Terras de Miranda e Montes e Vales Orientais de Lugo. .

 

Neste maratón poderán participar tanto novas persoas emprendedoras como empresas que queiran lanzar novas liñas de negocio. Todos eles xa poden rexistrarse na web de www.ruraltalent.eu. Os participantes traballarán, durante dous días e medio, con mentores especializados, empresas referentes do sector en talleres e dinámicas de traballo e networking, para construir os seus modelos de negocio e que podan poñelos en marcha nas comarcas rurais.

 

Ademáis, os emprendedores optarán a 12 axudas económicas, de entre 500 e 2.500 euros. Todos os participantes poderán incorporarse, como recoñecemento, á incubadora rural INCUBATIO, lanzada por Rural Talent co apoio de CaixaBank.


Publicadas actas entrevista e selección dun monitor de atención sociosanitaria para o obradoiro de emprego Terras do Sor VI

Publicadas as actas da entrevista e  selección dun monitor de atención sociosanitaria para o obradoiro de emprego Terras do Sor VI. Máis información: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board

jueves, 27 de abril de 2023

Ampliación prazo solicitude axudas para actuacións de eficiencia enerxética en empresas turísticas

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2023 pola que se acorda unha nova ampliación do prazo para a presentación de solicitudes no procedemento regulado pola Resolución do 25 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para actuacións de eficiencia enerxética en empresas turísticas, incluído no Plan de modernización e competitividade do sector turístico do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria por anticipado de gasto para o ano 2023 (código de procedemento TU986B).

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230427/AnuncioG0256-190423-0003_gl.html

miércoles, 26 de abril de 2023

Oferta de emprego para residencia Betania de Viveiro

Residencia Betania de Viveiro necesita persoal de atención sociosanitaria para cubrir vacacións.

Interesados/-as contactar coa directora do centro chamando ao 982561003

Acta selección alguacil de servizos múltiples como funcionario interino

Publicada no día de hoxe, a acta de selección do proceso para o nomeamento como funcionario interino dun alguacil de servizos múltiples para cobertura de praza vacante no cadro de persoal do concello do Vicedo. 

Para consultar a lista pinchar no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board

Ampliación do prazo e modificación das axudas a establecementos turísticos (todo tipo de aloxamentos, restaurantes, cafeterías, bares..) para actuacións de embelecemento do litoral galego.

 RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2023 pola que se modifica a Resolución do 15 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a establecementos turísticos para actuacións de embelecemento do litoral galego, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TU503F).

Ampliación do prazo de solicitude en 1 mes.

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230426/AnuncioG0256-190423-0001_gl.html

viernes, 21 de abril de 2023

Fixación datas realización obtención certificados lingua galega CELGA

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2023, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se fixan as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2023, que foron convocadas mediante a Resolución do 28 de febreiro de 2023 (código de procedemento PL500C).

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230421/AnuncioG0655-120423-0003_gl.html

jueves, 20 de abril de 2023

Lista admitidos e excluidos provisional elevada a definitiva para a selección dun/dunha limpador/-a a xornada parcial (70%)

Está exposta no taboleiro de edictos da Corporación, na páxina web do concello e no blog de emprego: empregovicedo.blogspot.com, a lista de admitidos e excluídos provisional, elevada a definitiva por non haber candidatos/-as excluídas,  para a contratación, mediante concurso-oposición, dun/dunha limpador/-a Casa da Cultura e outros, a xornada parcial (70%), como persoal laboral temporal do Concello do Vicedo.

A proba realizarase o día 24 de abril de 2023, ás 10:00 horas, na casa consistorial do concello do Vicedo.

Pinche aquí para consultala lista: http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.1 (Taboleiro de anuncios /emprego público/pinchar no +) 

martes, 18 de abril de 2023

Oferta de emprego: 3 peóns forestais. Programa APROL RURAL

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade concedeu unha axuda ao Concello do Vicedo para a contratación de 3 PEÓNS FORESTAIS, para o mantemento de zonas naturais, a xornada completa e durante 9 meses, con data prevista de inicio o 18 de maio de 2023,  ao abeiro da Orde do 09 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego no medio rural (Aprol rural) para o ano 2023.


Para poder optar a estos postos de traballo hai que estar desempregados, non ocupados e dispoñible para o emprego, e inscritos no servizo público de emprego (oficina de Viveiro), tanto no momento da selección como no da contratación.

Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local municipal, ou pinchando no seguinte enlace https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board

lunes, 17 de abril de 2023

LISTA DEFINITIVA ADMITIDOS/EXCLUÍDOS PARA A SELECCIÓN DUN ALGUACIL DE SERVIZOS MÚLTIPLES COMO FUNCIONARIO INTERINO

Publicada no día de hoxe a lista de admitidos e exluídos definitiva, en relación co proceso de  selección para o nomeamento como funcionario interino dun alguacil de servizos múltiplespara cobertura de praza vacante no cadro de persoal do concello do Vicedo, 

As probas e valoración de méritos terán lugar o día 26 de abril de 2023, ás 10:00 horas, no Centro Sociocultural, xuvenil e da terceira idade (Casa da Cultura), sita en Rúa Cidade de Mondeñedo, nº 23 O Vicedo.

Para máis información ou consulta das listas contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.  ( Ir a taboleiro de anuncios, pinchar no + que está a dereita para ver todo)

miércoles, 12 de abril de 2023

AXUDAS PARA PROMOVER O AUTOEMPREGO DE PERSOAS EMIGRATES GALEGAS RETORNADAS

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2023, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas emigrantes galegas retornadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento PR937A).

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230413/AnuncioC3B0-220323-0003_gl.html

martes, 11 de abril de 2023

Programa de avais para a mocidade para a compra da primeira vivenda

 O Programa de avais para a mocidade ten por obxecto prestar unha cobertura temporal e financeira, de carácter persoal, para a adquisición da primeira vivenda por persoas teñan menos de 36 anos.

Para poder ser beneficiaria do programa é preciso que na data da presentación da solicitude se cumpran os seguintes requisitos:

a) Que a persoa solicitante, que deberá ser quen vaia adquirir a vivenda, posúa a nacionalidade española ou a dalgún dos Estados membros da Unión Europea. En caso de persoas estranxeiras provenientes de países terceiros, estas deberán contar con autorización de estadía ou residencia en España. No suposto de que a vivenda sexa adquirida por máis dunha persoa, todas elas deberán cumprir este requisito.

b) Que a persoa solicitante sexa maior de idade e teña menos de 36 anos. No suposto de que a vivenda sexa adquirida por máis dunha persoa, todas elas deberán cumprir este requisito.

c) Que a persoa solicitante estea empadroada en Galicia. No suposto de que a vivenda sexa adquirida por máis dunha persoa, todas elas deberán cumprir este requisito.

d) Que a persoa solicitante dispoña duns ingresos mínimos de 2 veces o IPREM* e uns ingresos máximos de 5,5 veces o IPREM. A devandita porcentaxe máxima será do 6,5 veces o IPREM, se a vivenda é adquirida por máis dunha persoa.

Así mesmo, para a obtención do aval é preciso que concorran os seguintes requisitos:

a) Que a vivenda estea situada en Galicia e vaia ser destinada a residencia habitual e permanente da/das persoa/s adquirente/s durante, cando menos, todo o período en que estea vixente a garantía.

b) Que o prezo de adquisición da vivenda, sen os gastos e tributos inherentes á adquisición, non supere os prezos de adquisición, segundo as zonas territoriais** onde se localice a vivenda:

− Concellos correspondentes ao ámbito territorial de prezo máximo superior: 240.000 euros.

− Concellos correspondentes á zona territorial 1: 180.000 euros.

− Concellos correspondentes á zona territorial 2: 130.000 euros.

Non se outorgará a garantía cando a vivenda que se pretende adquirir non vaia constituír a primeira vivenda en propiedade da/s persoa/s adquirente/s. Tampouco se outorgará o aval cando a/as persoa/s adquirente/s sexan propietarios/as ou usufrutuarios/as dunha vivenda en España.

Exceptuarase este requisito nos seguintes casos:

a) Cando o dereito recaese unicamente sobre unha parte alícuota da vivenda e se adquirise por herdanza ou mediante transmisión mortis causa sen testamento.

b) Cando non se dispoña da vivenda por causa de separación ou divorcio, situacións catastróficas ou situacións de violencia de xénero ou ameaza/vítima de terrorismo.

c) Cando a vivenda resulta inaccesible por situacións sobrevidas de dependencia ou discapacidade da/das persoa/s adquirente/s da vivenda ou dalgún dos membros da súa unidade de convivencia, cun grao de discapacidade recoñecido oficialmente igual ou superior ao 33 %.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal co procedemento VI402B

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día 28 de abril e estará aberto ata o 30 de novembro de 2023, ou ata o esgotamento do importe máximo de avais que se concedan no ano 2023, que se fixa en cinco millóns de euros.

Maís información no https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230411/AnuncioC3Q2-040423-0002_gl.html

* IPREM Mensual para 2023: 600 €

LISTA PROVISIONAL ADMITIDOS/EXCLUÍDOS PARA A SELECCIÓN DUN ALGUACIL DE SERVIZOS MÚLTIPLES COMO FUNCIONARIO INTERINO

Publicada no día de hoxe a lista de admitidos e exluídos provisional, en relación co proceso de  selección para o nomeamento como funcionario interino dun alguacil de servizos múltiplespara cobertura de praza vacante no cadro de persoal do concello do Vicedo, 

O prazo para subsanar erros ou aportar documentación é de tres días hábiles (non contan nin sábados, nin domingos, nin festivos)a contar dende o día seguinte ó da publicación, polo tanto serán os días 12, 13 e 14 de abril.

As persoas que non entreguen neste concello a documentación, é decir que a presenten noutros rexistros habilitados, deberán adelantar toda a documentación por fax  ou 982590001 ou ao correo electrónico: concello@concellodovicedo.org, dentro do prazo establecido para a subsanación de erros, a parte da súa presentación no rexistro correspondente.

As probas e valoración de méritos terán lugar o día 26 de abril de 2023, ás 10:00 horas, no Centro Sociocultural, xuvenil e da terceira idade (Casa da Cultura), sita en Rúa Cidade de Mondeñedo, nº 23 O Vicedo.

Para máis información ou consulta das listas contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.  ( Ir a taboleiro de anuncios, pinchar no + que está a dereita para ver todo)

Oferta de emprego: limpador/a Casa da Cultura e otros a xornada parcial (70%)

Publicada a convocatoria no BOP de Lugo de hoxe 11/04/2023, e expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  limpador/a casa da cultura e outros, a xornada parcial, con adscrición ao servizo municipal de limpeza  do Concello do Vicedo. Ata a cobertura definitiva da praza con persoal laboral fixo, e no horario que demande o servizo.

O prazo de inscrición é de cinco días hábiles, a contar dende a publicación do presente anuncio, polo tanto, finaliza o día 18 de abril de 2023.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

lunes, 27 de marzo de 2023

AXUDAS A ESTABLECEMENTOS TURÍSTICOS PARA ACTUACIÓNS DE EMBELECEMENTO DO LITORAL GALEGO

OBXECTO: A convocatoria de axudas a establecementos turísticos para actuacións que contribúan a unha maior integración coa paisaxe e respecto dos valores ambientais, así como a mellora da fachada e a corrección de impactos paisaxísticos en zonas costeiras, de xeito que contribúan ao embelecemento do litoral da Comunidade Autónoma de Galicia e a un turismo sostible.

QUEN PODE SOLICITAR:  Persoas físicas e xurídicas titulares de establecementos turísticos de aloxamento (hoteis, establecementos turismo rural, apartamentos turísticos…) e empresas de restauración (restaurantes, cafeterías e bares), situados en municipios costeiros, sempre e cando estén comprendidos na definición de pequeña e mediana empresa e inscritos correctamente no REAT.

QUE SE SUBVENCIONA: Existen dúas liñas de axuda:

a)      Liña 1: tecnoloxías ambientais:

   Creación de entornos que prioricen a luz natural. Inclue remodelación de fachadas mellorando a orientación, sutitución de paredes por cristaleras, instalación de ventas nas cubertas, instalación de túneles solares e instalación de cortinas finas ou traslúcidas, contribuindo a unha menor utilización de fontes de enerxía para a xeneración de luz artificial.

-       Instalación de láminas de control solar nas ventás para evitar a incidencia excesiva das raios solares.

-      Construcción de invernaderos adosados e de azoteas ou terrazas verdes para crear un “efecto toldo”

-      Instalación de sistemas de aproveitamento da auga.

 

b)      Liña 2: mellora da fachada do litoral galego:

 

-       Revestimento e/ou pintado de paramentos de fachada que estén actualmente finalizados con materiais ou solución constructivas non axeitadas para quedar á vista, como fábrica de ladrillo, de bloques de formigón, formigón ou morteiro de cemento.

-     Revocación do acabado de paramentos cegos de fachadas, carpintarías e cerraxerías exteriores, que supoñan un impacto paisaxístico a consecuencia do deficiente estado de conservación ou a tonalidade e/ou intensidade do actual color do acabado. Considérase deficiente estado de conservación aquel no que se encontre os elementos da fachada a consecuencia de patoloxías constructivas tales como desconchado, humedades ou manchas permanentes, excluídas as deficiencias que se resolvan con labores de limpeza. Consideránse incluidos os casos de fachadas de mampostería ou cantería que precisen a realización ou renovación de morteiros de rexuntado.

-    Remate ou renovación do acabado exterior de cubertas que, que estén finalizadas con placas de fibrocemento ou solución constructivas non axeitadas para quedar a vista, ou ben por encontrarse nun deficiente estado de conservación, constitúen un impacto paisaxístico.

-     Revestimento de muros de peche de parcela onde se sitúa o establecemento turístico realizados con ladrillo ou bloques de formigón sin revestir. Inclúe recuperación, restauración ou arreglo de muros de pedra tradicionais. Tamén poderán ser obxecto da axuda o pintado das portas, portais ou cerrallerías exteriores integrados nos peches das parcelas, sempre que supoñan un impacto paisaxístico como consecuencia do deficiente estado de conservación ou tonalidade.

O IVE non será subencionable sempre que sexa recuperable.

Os gastos subvencionables deberán estar realizados e pagados entre o 1 de xaneiro de 2023 e o 31 de outubro de 2023

CUANTÍA DAS AXUDAS:

a)      Liña 1, tecnoloxías ambientais. Será ata un 90% do coste total subvencionable, máximo 60.000 euros.

b)   Liña 2, mellora da fachada turística do litoral. Será ata o 80% do coste total subvencionable, máximo 55.000 euros.

PRAZO DE SOLICITUDE: do 28/03/2023 ao 27/04/2023, ou ata o esgotamento do crédito (concorrencia non competitiva).

Non compatible con outras axudas para o mesmo fin, procedentes de calquera outra Administración, ente público ou privado.

Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local municipal ou pinchando nos seguintes enlaces: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230327/AnuncioG0256-170323-0001_gl.html

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TU503F&ano=2023&numpub=1&lang=es

viernes, 24 de marzo de 2023

Cursos de formación de socorrismo

 RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2023 pola que se convocan catro edicións do Curso de formación específica de socorrismo en instalacións e espazos acuáticos naturais na Comunidade Autónoma de Galicia, destinado ás persoas interesadas no desenvolvemento do exercicio profesional do socorrismo.

Máis información:https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230324/AnuncioO3C2-160323-0001_gl.html

miércoles, 22 de marzo de 2023

PUBLICADAS NO BOP DE LUGO BASES SELECCIÓN ALGUACIL DE SERVIZOS MÚLTIPLES COMO FUNCIONARIO INTERINO

No BOP de Lugo de hoxe día 22/03/2023 publícanse as bases de selección para o nomeamento como funcionario interino dun alguacil de servizos múltiples para cobertura de praza vacante no cadro de persoal do concello do Vicedo. 

O prazo de solicitude é de 10 días hábiles a patir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. Polo tanto, comenza mañá día 23/03/2023

Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

viernes, 17 de marzo de 2023

SELECCIÓN DUN ALGUACIL DE SERVIZOS MÚLTIPLES COMO FUNCIONARIO INTERINO

Proximamente publícarase no BOP de Lugo as bases de selección para o nomeamento como funcionario interino dun alguacil de servizos múltiples para cobertura de praza vacante no cadro de persoal do concello do Vicedo. 

O prazo de solicitude é de 10 días hábiles a patir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. Anunciarase de novo  a apertura do prazo de solicitude neste blog.

Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0 

Oferta de emprego

 A compañía MGS seguros necesita persoal

Que está buscando:

- Persoa moi coñecida no pobo.

- Idade entre 25-50 anos preferiblemente.

- Con experiencia comercial en calquer sector.

- Contrato mercantil.

Que ofrece:

- Fixo mensual máis variable durante 4 anos, para logo abrir unha oficina na localidade de máis volume de traballo.

- Campañas trimestrais que che axudarán a incrementar os ingresos anteriormente sinalados.

- Plan de formación a cargo da empresa con titor personalizado.

Os/-as interesados/-as contartar con: Pablo Yáñez Ramil, Director comercial MGS Seguros. Enviar curriculum a: pabloyanezramil@mgs.es


Oferta de emprego

 


jueves, 16 de marzo de 2023

Cursos de prevención de riscos laborais

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2023 pola que se convocan os cursos de prevención de riscos laborais de nivel básico para persoal empregado público, traballador por conta allea ou autónomo, empresario e persoa con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais. 

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230316/AnuncioO150-070323-0001_gl.html

martes, 14 de marzo de 2023

Convocatoria de cursos de reciclaxe de socorrismo acuático

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2023 pola que se convocan cursos de reciclaxe de socorrismo acuático, válidos para a renovación da inscrición no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia.

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230314/AnuncioO3C2-080323-0001_gl.html

jueves, 9 de marzo de 2023

Oferta de emprego: auxiliar de axuda no fogar a xornada parcial (35 horas/semana)

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (35 horas/semana), con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 27 de marzo de 2023, e por un período de tres meses.

O prazo de inscrición comenza mañá e remata o día 20 de marzo de 2023. Igualmente se presentará oferta na oficina de emprego de Viveiro. A selección realizarase o día 21 de marzo de 2023, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0   

miércoles, 8 de marzo de 2023

Actas selección persoal subvencionado polo programa "Fomento do emprego do plan provincial único de cooperación cos concellos 2022", da Excma. Deputación Provincial de Lugo

Publicadas no taboleiro de anuncios do concello do Vicedo as  actas da selección dun peón de servizos múltiples, dous peóns de mantemento de zonas naturais e un auxiliar de información turística, dentro do programa: fomento do emprego do plan provincial único de cooperación cos concellos 2022, financiado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

lunes, 6 de marzo de 2023

Convocadas as probas para a obtención dos certificados de lingua galega

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2023, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2023 (código de procedemento PL500C).

Obxecto: convocar as probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2,3 e 4.

 Destinatarios: Maiores de 16 anos ou que os cumpran no ano 2023.

Datas das probas: maio/xuño de 2023. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal).

Localidades: Santiago de Compostela (Celga 1, 2, 3 e 4) e Ponferrada (Celga2, 3 e 4). Os lugares e horarios se publicarán coa listaxe definitiva de persoas admitidas.

Inscripción: formulario modelo PL500C (anexo I); xustificante de aboamento e taxas (código 304401), salvo que este se efectúe a través da sede electrónica, caso en que o xustificante se xerará automaticamente.; certificado de discapacidade de ser o caso.

Presentación preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Taxa: 16,92 euros, para cada un dos niveis. O pagamento pode realizarse de forma telemática ou presencial. Non se admitirá o aboamento das taxas fóra do prazo de Probas Celga

Están exentas do pago das taxas as persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %.

Prazo: ata o 27/03/2023

Destacar: As persoas excluídas terán dous meses para solicitar a devolución da taxa ingresada, a partir da publicación da listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas.

 

Duración das probas:

 

Celga 1

Escrita: 2 horas

Oral: 10 minutos

Celga 2

Escrita: 2 horas

Oral: 10 minutos

Celga 3

Escrita: 2 horas e media

Oral: 15 minutos

Celga 4

Escrita: 3 horas

Oral: 15 minutos

 

Máis información no DOG do 6 de marzo de 2023: https://www.xunta.gal/dog ou dirixirse á Axente de emprego e desenvolvemento local do concello.