lunes, 24 de octubre de 2016

OFERTAS DE EMPREGO


A continuación no seguinte enlace pode consultarse ofertas de emprego de distintos concellos, subvencionadas pola Excma. Deputación Provincial de Lugo, dentro do Programa Depuemprego, e entre elas están as dúas deste concello: un peón de servizos mútiples e un administrativo.
http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/depuemprego.html

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha ADMINISTRATIVO/-A, a xornada completa, con adscrición ao servizo de obras e mantemento do concello de O Vicedo, subvencionado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo, a través do programa DEPUEMPREGO, desde o próximo 15 de novembro de 2016 ata o 30 de outubro de 2017.
Requisitos dos candidatos/-as:



- Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.
- Ter cumprido os 16 anos e non superar a idade establecida para a xubilación forzosa.
- Estar en posesión do título de bachiller ou técnico.
No caso de titulacións obtidas no extranxeiro, deberán posuír o documento que acredite fidelmente a súa homologación.
-Declaración xurada do aspirante de non haber traballado para este Concello máis de 12 meses dentro dos últimos 30 meses inmediatamente anteriores, de ser o caso, á data de inicio do contrato. Non se terán en conta os contratos formativos, de relevo e interinidade, a os contratos temporais celebrados no marco de programas públicos de emprego-formación, así como os contratos temporais que sexan utilizados por empresas de inserción debidamente rexistradas e o obxecto de ditos contratos sexa considerado como parte esencial dun itinerario de inserción personalizado.

Todos os requisitos anteriores deberán posuírse o día en que remate o prazo de presentación de instancias e deberán presentarse nas oficinas municipais coa solicitude

O prazo de inscrición remata ás 15:00 horas do próximo día 03 de novembro. A selección realizarase o día 08 de novembro de 2016, a partir das 10:00 h., na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun operario de servizos múltiples, a xornada completa, con adscrición ao servizo de obras e mantemento do concello de O Vicedo, subvencionado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo, a través do programa DEPUEMPREGO, desde o próximo 15 de novembro de 2016 ata o 30 de outubro de 2017.

Requisitos dos candidatos/-as:


- Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.
- Ter cumprido os 16 anos e non superar a idade establecida para a xubilación forzosa.
- Estar en posesión da titulación de estudios primarios ou certificado de escolaridade.
No caso de titulacións obtidas no extranxeiro, deberán posuír o documento que acredite fidelmente a súa homologación.
-Declaración xurada do aspirante de non haber traballado para este Concello máis de 12 meses dentro dos últimos 30 meses inmediatamente anteriores, de ser o caso, á data de inicio do contrato. Non se terán en conta os contratos formativos, de relevo e interinidade, a os contratos temporais celebrados no marco de programas públicos de emprego-formación, así como os contratos temporais que sexan utilizados por empresas de inserción debidamente rexistradas e o obxecto de ditos contratos sexa considerado como parte esencial dun itinerario de inserción personalizado.

Todos os requisitos anteriores deberán posuírse o día en que remate o prazo de presentación de instancias e deberán presentarse nas oficinas municipais coa solicitude.


O prazo de inscrición remata ás 15:00 horas do próximo día 03 de novembro. A selección realizarase o día 07 de novembro de 2016, a partir das 10:00 h., na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

viernes, 7 de octubre de 2016

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, con carácter urxente, mediante concurso-oposición, dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (20 horas/semana), con adscrición ao srvizo municipal de axuda ó fogar do concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista é o día 1 de novembro, e por un período de seis meses.

O prazo de inscrición remata o vindeiro día 17 de outubro, ás 15:00 horas. A selección realizarase o día seguinte 18 de outubro, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun operario de servizos múltiples, a xornada completa, con adscrición ao colexio público de O Vicedo, e por un período de seis meses, a contar a partir do próximo 28 de outubro de 2016.

O prazo de inscrición remata ás 15:00 horas do próximo día 17 de outubro. A selección realizarase o día seguinte 18 de outubro, a partir das 10:30 h., na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

jueves, 6 de octubre de 2016

SUBVENCIÓNS A CONTRATACIÓN DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO (PROGRAMA BENEMPREGADO 3)


Dentro desta programa, o organismo provincial habilitou dúas liñas de actuación. Unha dirixida a empresas lucenses, ás que a Deputación ofrece subvencionar o 50% da contratación de desempregados lucenses e o 100% no caso de que os parados sexan persoas con capacidades diferentes ou en risco de exclusión laboral. A segunda liña de actuación está dirixida a entidades e colectivos sen ánimo de lucro. Neste caso, a Deputación subvencionará ao 100% a contratación de desempregados lucenses.

O prazo de solicitude remata o próximo 19 de outubro.


Máis información:

http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/p_20_contenedor1.jsp?seccion=s_fdes_d4_v1.jsp&tipo=6&&contenido=30965&nivel=1400&layout=p_20_contenedor1.jsp&codResi=1

Tamén contactando coa axente de emprego e desenvolvemento local deste concello.