miércoles, 23 de diciembre de 2020

BASES E CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL, MEDIANTE CONCURSO DE MÉRITOS, DUN ARQUITECTO SUPERIOR, A XORNADA PARCIAL (60%), CON ADSCRICIÓN AO SERVIZO DE URBANISMO DO CONCELLO DO VICEDO

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso de méritos, dun arquitecto superior, a xornada parcial (60%) con adscrición ao servizo de urbanismo do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 1 de febreiro de 2021.

O prazo de inscrición remata o día 4 de xaneiro de 2021. 

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

lunes, 14 de diciembre de 2020

Oferta de emprego: limpador/-a para cubrir vacacións

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, con carácter de urxencia, dun/dunha  LIMPADOR/-A, para cubrir vacacións, con adscrición ao servizo municipal de limpeza do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 28 de decembro de 2020


O prazo de inscrición remata o 17 de decembro de 2020. A selección realizarase o día 18 de decembro de 2020, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

miércoles, 9 de diciembre de 2020

Corrección resultado selección alumnos-traballadores de atención sociosanitaria do obradoiro emprego Terras do Sor IV

Publicada corrección selección alumnos-traballadores da especialidade de atención sociosanitaria  a persoas dependentes en institución sociais de Vicedo do obradoiro de emprego Terras do Sor IV.

Máis información: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board

jueves, 3 de diciembre de 2020

Actas selección director, monitores e outro persoal do obradoiro de emprego Terras do Sor IV

Publicadas as actas de selección do director, monitores e administrador/-a do obradoiro de emprego Terras do Sor IV.

Máis información: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board

AXUDAS DO IGAPE PARA O SECTOR DA HOSTELARÍA

Obxecto: subvencionar a instalación, reforma ou adecuación das terrazas dos establecementos de hostalaría e restauración, sitas en espazos públicos ou privados en Galicia, así como a adquisición de envasado e empaquetado para o servizo de consumo no domicilio.

Subvención: 80% dos gastos e investimentos (cun investimento mínimo subvencionable de 1500 euros) realizados entre o 1 de outubro de 2020 e a data de finalización do prazo de execución, serán subvencionables:

-          Instalación de pechamentos estables ou de elementos desmontables e móviles que sirvan de illamento ou acotación, elementos móviles nos laterais, cuberta e/ou chan (toldos, biombos, cortaventos, parasoles e tarimas accesibles). Máximo subvencionable 14.000 euros.

-          Adecuación estética e mellora da imaxe e funcionalidade da terraza (renovación de mobiliario, instalación de sistemas de iluminación e aparellos calefactores e actuacións de mellora da fachada do local. Máximo subvencionable 7.000 euros.

-          Adquisición de elementos sutentables de envasado e empquetado de comida e bebidas para entrega a domicilio ou recollida no local. Máximo subvencionable 4.000 euros.

-          Rotulación do nome do establecemento nos elementos fixos ou móviles da terraza.

Beneficiarias: pemes de calquera forma xurídica, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens, radicadas en Galicia que desenvolvan a actividade como restaurantes, cafetarías, bares e salóns de banquetes, dados de alta nalgún dos seguintes IAE:

GRUPO 671 Epígrafes 1,2, 3, 4 ou 5; GRUPO 672 Epígrafes 1,2 ou 3; GRUPO 673 Epígrafes 1 ou 2;  GRUPO 675; GRUPO 676 Epígrafe 9

Dada a situación de alarma pola Covid 19 exímese a necesidade de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias (consultar Resolución).

Prazo de solicitude: do 4 de decembro de 2020 ao 28 de febreiro de 2021, agás que se produza esgotamento do crédito.

Obrigas a destacar:

- Manter os elementos subvencionados durante un prazo de tres anos desde a finalización do prazo de execución (en caso de deteiorarse poderá ser substituído, aínda que a substitución non será subvencionada).

Máis información: http://www.igape.es/gl/base-xeral-de-axudas/ficha/IGAP411 , ou contactando coa Axente de emprego e desenvolvemento municipal



 

RESULTADOS ENTREVISTAS SELECCIÓN ADMINISTRADOR E MONITORES PARA O OBRADOIRO DE EMPREGO TERRAS DO SOR IV

Publicados resultados entrevistas da selección do  administrador/-a, monitor/-a sociosanitaria e monitores/-as carpintaría e moble para o obradoiro de emprego "Terras do Sor IV" .

Máis información: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board

ACTA SELECCIÓN ALUMNOS ESPECIALIDADE SOCIOSANITARIA E PUNTUACIÓN ENTREVISTA PARA DIRECTOR DO OBRADOIRO DE EMPREGO TERRAS DO SOR IV

No día de hoxe publícanse os resultados das entrevistas da selección do director para o obradoiro de emprego "Terras do Sor IV" e a acta de selección dos alumnos para a especialidade de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.

Máis información: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

miércoles, 2 de diciembre de 2020

PUBLICAS RESULTADO ENTREVISTAS SOCIOSANITARIA E ACTA DE SELECCIÓN DE TRABALLADORES DE CARPINTARÍA E MOBLE PARA O OBRADOIRO DE EMPREGO TERRAS DO SOR IV

 No día de hoxe publícanse os resultados das entrevistas da selección dos traballadores para o obradoiro de emprego "Terras do Sor IV" para a especialidade de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, e a acta de selección para a especialidade de carpintaría e moble.

Máis información: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

martes, 1 de diciembre de 2020