jueves, 19 de diciembre de 2013

AXUDAS DO INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)


No enlace que aparece a continuación poden consultar todas as axudas actualmente en vigor do IGAPE para emprendemento, investimentos por parte das empresas, microcréditos, etc.:

http://www.igape.es/gl/base-xeral-de-axudas/axudas/0/IGAP


martes, 17 de diciembre de 2013

OFERTA DE EMPREGO

Na Voz de Galicia de hoxe publícase a seguinte oferta de emprego: empresa de mecanizado situada en As Pontes necesita TORNEIRO con experiencia en CNC Fagor, Fanuc. Os interesados en esta oferta laboral poden poñerse en contacto directamente coa empresa chamando ó 981452800

miércoles, 11 de diciembre de 2013

BOLSAS DE FORMACIÓN NO ÁMBITO DA ARTESANÍA

A Excma. Deputación Provincial de Lugo convocou no día de hoxe 2 bolsas para menores de 40 anos, con interese e fomación demostrable no ámbito da artesanía, unha na especialidade de CARPINTERÍA e outra na da CANTERÍA, de 6 meses de duración.

O prazo de presentación de solicitudes e de oito días naturais contados a partir do día seguinte o da publicación, polo tanto, remata o día 19 de decembro.

Máis información:
http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/RecursosWeb/DOCUMENTOS/1/0_9211_1.pdf#PAGE=2

martes, 10 de diciembre de 2013

BOLSAS DE FORMACIÓN DE PERSOAL EN TEMAS DE INVESTIGACIÓN MARIÑA



OBXECTO DA CONVOCATORIA:

Convocatoria de bolsas pola Consellería do Mar para completar a formación  de técnicos superiores de ciclos formativos de grao superior como persoal auxiliar de investigación mariña. Esta orde producirá efectos dende o día seguinte ao da súa publicación no DOG

BENEFICIARIOS:

Para ser beneficiarios cumpliranse os seguintes requisitos:
       - Ter nacionalidade española
 -  Estar en posesión do título de técnico superior dos ciclos formativos de grao superior obtido con posterioridade ao ano 2011 (das familias/especialidades: actividades marítimo-pesqueiras/produción acuícola, química/análise e control e sanidade/anatomía patolóxia e citoloxía).
 -Non estar incapacitado físicamente nin padecer enfermidade que impida a actividade.
 - Non ter disfrutado destas bolsas ou similares en anteriores convocatorias.
 - Ter cursado os seus estudos na Comulnidade Autónoma Galega.

    
NÚMERO DE BOLSAS:

-          Será de nove, e terán unha duración de 2 anos.
-          O importe bruto mensual de cada bolsa será de 715 euros.
-          Os beneficiarios integraranse no réxime  xeral da Seguridade Social.
As bolsas realizaranse no Centro de Investigacións Mariñas (CIMA). Distribuirase do seguinte xeito: Corón 6 bolsas e Ribadeo 4 bolsas.


PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 

Dirixiranse á Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro  da Consellería do Medio Rural e do Mar, preferiblemente por vía electrónica. Xunto coa solicitude, presentarase a seguinte documentación:
-          Copia do título correspondente.
-          Certificación académica dos estudos realizados.
-          Curriculum vitae.
  
O prazo de presentación será dun mes a partir do día seguinte á publicación do DOG, finaliza o 9 de xaneiro de 2014

Máis información:


martes, 3 de diciembre de 2013

OFERTA DE EMPREGO

- ENFERMERA titulada para clínica de láser. Tlf.: 625348031 (Tatiana). Zona: Mariña occidental.