No taboleiro de anuncios do concello e no BOP de Lugo número 267, de 22 de novembro de 2011, publicaronse as bases da convocatoria, mediante concurso de méritos, para a cobertura, por persoal laboral fixo, dunha praza de padexeiro/operario de servizos múltiples no concello do Vicedo.
Requisitos dos candidatos:
Para ser admitido ao concurso será necesario reunir os seguintes requisitos:
a) Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, respecto de acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.
b) Ter capacidade de obrar conforme ao disposto no Código Civil.
c) Ter cumprimentos os 16 anos de idade e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
d) Non padecer enfermidade nin defecto físico que impida o normal desenvolvemento das funcións correspondentes ao posto de traballo obxecto da convocatoria.
e) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas habituais do posto ó que se aspira.
f) Non estar separado mediante expediente disciplinario do servizos de calquera administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilatación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ó corpo ou escala de funcionario no que estivese separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ser sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ó emprego público.
g) Estar en posesión do certificado de estudios primarios, certificado de escolaridade ou equivalente.
h) Estar en posesión do carné de padexeiro expedido por un organismo oficial.
i) Estar en posesión do carné de conducir vehículos categoría C1.
O cumprimento dos anteriores requisitos entenderase referido á data en que finalice o prazo de presentación de instancias, debendo manterse as mesmas durante todo o proceso selectivo ata o momento da formalización do contrato.
O prazo de solicitude está aberto desde o día 22/02/2012 ata o 12/03/2012.
Para máis información e solicitudes contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local, con oficina sita na Casa da Cultura de O Vicedo, ou chamar o 982590195.