miércoles, 30 de junio de 2021

Oferta de emprego de 3 peóns forestais. Programa APROL RURAL

A Consellería de Emprego e Igualdade concedeu unha axuda ao Concello do Vicedo para a contratación de 3 PEÓNS FORESTAIS, para o mantemento de zonas naturais, a xornada completa e durante 9 meses, para empezar a máis tardar o 30 de xullo de 2021, ao abeiro da Orde do 12 de abril de 2021 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego no medio rural (Aprol rural) para o ano 2021.


Para poder optar a estos postos de traballo hai que estar desempregados, non ocupados e dispoñible para o emprego, e inscritos no servizo público de emprego (oficina de Viveiro), tanto no momento da selección como no da contratación.

Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local municipal ou pinchar no seguinte enlace para consultar as bases: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board

Bases axudas a traballadores autónomos/-as e microempresas para facer fronte aos efectos derivados da COVID-19 convocadas polo Concello do Vicedo

FINALIDADE: facilitar medios ás microempresas e persoas traballadoras por conta propia ou autónomas que desenvolvan a súa actividade no ámbito territorial do Concello do Vicedo, para facer fronte ás consecuencias derivadas da crise motivada pola COVID-19, no ano 2020, e contribuír á súa recuperación e viabilidade no novo contexto socioeconómico.

TIPOLOXÍA E CUANTÍA DAS AXUDAS: hai dúas modalidades de axuda, incompatibles entre sí, no caso de ter dereito as dúas, deberán elexir unha delas.

Axudas Tipo I: autónomos e microempresas cuxa actividade se vise afectada por algún dos peches de establecementos dispostos nas correspondentes normativas ao longo do ano 2020  no RD 463/2020, de 14 de marzo, modificado polo RD 465/2020, de 17 de marzo, e sucesivos.

Contía da axuda: ata 1.000 euros.  No caso de actividades de tempada percibirán unha axuda proporcional aos meses de apertura.

Axudas Tipo II: autónomos e microempresas cuxa actividade se vise afectada de xeito parcial por ter reducido a súa facturación en alomenos un 50 % respecto do promedio facturado no ano anterior á declaración do estado de alarma mediante o RD 463/2020, de 14 de marzo.

A baixada da facturación calcularase de forma xeral comparando os datos de facturación anual de 2020 cos de 2019.

Contía da axuda: ata 1.000,00 euros. No caso de actividades de tempada percibirán unha axuda proporcional aos meses de apertura.

REQUISITOS DOS BENEFICIARIOS/-AS:

Con carácter xeral, os beneficiarios/-as das axudas, deberán cumprir os seguintes requisitos:

- Contar cun establecemento permanente directamente afecto á actividade no Concello do Vicedo, ou ter o domicilio fiscal no Concello do Vicedo e non dispoñer de local en ningún outro concello distinto do Concello do Vicedo.

- Non atoparse incursos/-as en ningunha das circunstancias recollidas no artigo 13.2 e 13.3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

- Estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias coa AEAT, coa CCAA de Galicia, coa Tesorería Xeral da Seguridade Social e co concello do Vicedo. No caso de que o solicitante tivese concedido un aprazamento ou fraccionamento no pago de débedas coa AEAT, a ATRIGA ou a Seguridade Social, e o Concello do Vicedo, deberase presentar a resolución de concesión do mesmo xunto co último certificado de carecer de débedas posterior á concesión do dito aprazamento.

- Para as axudas tipo I: persoas traballadoras autónomas de alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA), nos réximes especiais agrarios ou do Mar ou microempresas,  cuia actividade se vise afectada por algún dos peches establecidos na correspondente normativa, RD 463/2020, de 14 de marzo, e sucesivos.

- Para as axudas de tipo II: persoas traballadoras autónomas de alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA), nos réximes especiais agrarios ou do Mar ou microempresas constituidas, e con actividade anterior ao 14 de marzo de 2020, data na que entra en vigor o RD463/2020, de 14 de marzo, por el que se declara el estado de alarma.

- Cumprir coas obrigas establecidas nas bases.

 PRAZO DE SOLICITUDE: do 1 ao 30 de xullo de 2021.

MÁIS INFORMACIÓN: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do  Concello do Vicedo, ou pinchar no seguinte enlace https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0 (en caso de non poder visualizar as bases pinchar no + que hai na parte dereita do apartado taboleiro de anuncios)

viernes, 25 de junio de 2021

ABERTO O PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA A SELECCIÓN DE DOUS/DÚAS TECNICOS/-AS EN EDUCACIÓN INFANTIL

No BOP de Lugo de día 25/06/2021 publícase o anuncio da convocatoria para a selección de DOUS/DÚAS TÉCNICOS/AS DE EDUCACIÓN INFANTIL, e o prazo de solicitude son 10 días naturais a partir do día seguinte o da publicación do antedito anuncio no boletín.

As bases de selección están expostas no taboleiro de anuncios do concello, así como na sede electrónica, e pode consultarse pinchando no seguinte enlacehttps://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.  ( Ir a taboleiro de anuncios, pinchar no + que está a dereita para ver todas as publicacións)

jueves, 24 de junio de 2021

Oferta emprego camarero/-a

Se necesita camarero/-a para trabajar por las tardes en Cafetería Galatea de O Vicedo. Interesados/-as pasar en horario de mañana por el propio bar.

miércoles, 23 de junio de 2021

Ampliación do prazo de solicitude para que os/-as veciños/-as podan solicitar o BONO IMPULDO, da Excma. Deputación Provincial de Lugo

 Ampliado o prazo ata o 15 de xullo de 2021 ou ata o fin dos bonos, para que a veciñanza interesada solicite o seu Bono Impulso, que deberá gastar nos locais adheridos do concello no que resida. Cada bono deberá gastarse nun único establecemento.


A institución provincial repartirá 17.000 bonos nominativos de 30€ á cidadanía (ó concello do Vicedo correspóndelle 84 bonos), que terán “efecto multiplicador nos negocios, pois para poder usalos haberá que realizar unha compra ou unha consumición mínima de 60€”.

Cada consumidor poderá solicitar un bono como máximo, podendo chegar a outorgárselle un segundo bono en caso de excendentes.

A modo de exemplo: se unha persoa vai a unha florería e realizar un gasto de 65 euros, debe pagar 35 euros ao establecemento no momento da compra e os 30 euros restantes serán aboados ao establecemento por parte da Deputación de Lugo cando presente a documentación xustificativa.

Os gastos serán realizados desde o día seguinte á publicación dos consumidores no BOP e páxina web da Deputación e ata o 31 de  agosto de 2021, coa excepción dos bonos procedentes do sorteo que se habilitará un período adicional de 15 días hábiles.

Máis información e inscricións: http://www.deputacionlugo.gal/gl/temas/emprego/bonoimpulso

martes, 22 de junio de 2021

Oferta de emprego de mozo de almacén

Necesitan mozo del almacén para recepcionar mercancía, que sepa andar en carretilla e teña carné C. Interesados enviar currículum vitae a: zalo6969@hotmail.com

lunes, 21 de junio de 2021

Proceso selección de persoal administrativo para o GALP A Mariña-Ortegal


 

Listas definitivas para a selección dun xefe de brigada e tres condutores motobomba

No día de hoxe, 21 de xuño de 2021, publícanse as seguintes listas de admitidos/excluidos definitivas: 

- 1 Xefe para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.

- 3 Condutores motobomba, dous meses e medio a xornada completa.


 Por outra banda, recordámoslles que nas listas provisionais ou nas provisionais elevadas a definitivas inicialmente, fíxanse as datas, hora e lugar da realización das probas.

Poden consultar as listas e toda a información pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.  ( Ir a taboleiro de anuncios, pinchar no + que está a dereita para ver todas as publicacións)

miércoles, 16 de junio de 2021

LISTAS DE ADMITIDOS PROCESOS DE SELECCIÓN DE 3 CONDUTORES MOTOBOMBA E A BRIGADA DE INCENDIOS (1 XEFE DE BRIGADA, 3 PEÓNS E 1 PEÓN-CONDUTOR)

No día de hoxe, 16 de xuño de 2021, publícanse as seguintes listas de admitidos/excluidos provisionais, que no caso do peón-condutor e dos tres peóns da brigada elévanse a definitivas por non haber candidatos/-as excluidos:

 -  3 peóns para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.

- 1 Peón-condutor para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.

- 1 Xefe para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.

- 3 Condutores motobomba, dous meses e medio a xornada completa.

As persoas que aparecen como excluidas, poderán formular alegacións ou correxir, no seu caso, os erros que proceda, no prazo de dous días hábiles a contar a partir de hoxe (sin contar sábados, domingos nin festivos).

 Por outra banda, nas listas fíxanse as datas, hora e lugar da realización das probas.

Poden consultar as listas e toda a información pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.  ( Ir a taboleiro de anuncios, pinchar no + que está a dereita para ver todas as publicacións)

martes, 15 de junio de 2021

RECOÑECEMENTO EXPERIENCIA LABORAL

RECOÑECEMENTO DAS COMPETENCIAS PROFESIONAIS ADQUIRIDAS POR EXPERIENCIA LABORAL

 No DOGA de 15/06/2021 publícase a Orde que establece, no ámbito do sistema educativo de Galicia, o procedemento dispoñible permanentemente para a avaliación e a acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación (código de procedemento ED517B), para unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210615/AnuncioG0598-070621-0001_es.html

lunes, 14 de junio de 2021

Oferta de emprego para a contratación de seis socorristas para este verán

 

O Concello do Vicedo presentou a correspondente oferta para a contratación de 6 SOCORRISTAS, subvencionados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, ao abeiro da Orde de 12 de abril de 2021.

 

Requisito imprescindible estar desempregado e inscrito na oficina de emprego, e carecer de ocupación según informe de vida laboral, tanto no momento da selección como no da incorporación.

 

Para máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local ou directamente coa oficina de emprego.

Pode consultar as bases de selección no seguinte enlace:
 http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

miércoles, 9 de junio de 2021

Bases axudas contratación temporal por conta allea alumnado traballador obradoiro emprego "Terras do Sor IV", especialidade de carpintaría e moble

O Concello do Vicedo e seguindo as directrices marcadas pola Consellería de Emprego e Igualdade concedente dos incentivos á contratación para os alumnos/-as traballadores/-as do Obradoiro de emprego “Terras do Sor IV”, organizado conxuntamente cos concellos de Ourol e Muras,  convoca as presentes axudas para o ano 2021

Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos á contratación as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, para a ocupación do ámbito da especialidade de  “Traballos de carpintaría e moble” impartida no obradoiros de emprego "Terras do Sor IV", e que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestar servizos en centros de traballo radicados no ámbito territorial do taller dual de emprego: concellos do Vicedo, Ourol e Muras.

As contratacións terán unha duración mínima de 3 meses, a xornada completa. A subvención é unha cuantía fixa de 1.500 euros.

Prazo de solicitude: un mes desde a publicación no BOP de Lugo, do 10/06/2021 ao 09/07/2021

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0


martes, 8 de junio de 2021

Oferta emprego: auxiliar de axuda no fogar a xornada completa

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada completa, con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 01 de xullo, e por un período de tres meses.


O prazo de inscrición é desde o día 09 de xuño de 2021 e ata o 18 de xuño de 2021 (ambos inclusive). A selección realizarase o día 22 de xuño de 2021, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.


Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

Oferta de emprego: animador/-a sociocultural para a tempada de verán 2021

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha ANIMADOR/-A SOCIOCULTURAL, a xornada completa, durante a tempada de verán/2021 (3 meses), con adscrición ao Centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade do Concello do Vicedo.

O prazo de presentación de solicitudes iniciase o día 09 de xuño e  remata o próximo día 17 de xuño. Realizándose o proceso de selección o día 18 de xuño, a partir das 10:00 h. na Casa da Cultura do Concello do Vicedo.


Para máis información e inscricións contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local.

No seguinte enlace pode consultar bases e descargar os modelos de solicutude: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/ 

Oferta de emprego teleoperadores/-as

Eurofirms está realizando un proceso de selección de teleoperadores/-as.

As características do posto son:

- Vendas de produtos de luz e gas.

- 30 h/semanais (de luns a venres) de 15h a 21 h.

- Salario: 7,89 euros bruto/hora.

- Contrato de 2 meses con posibilidade de prórroga.

- A primeira semana é de formación e non remunerada con formación en horario de mañá.

- Necesítase equipo informático e boa conexión wifi.

Interesados/-as enviar currículum vitae, a poder ser a máis tardar o xoves 10 de xuño, ao seguinte correo electróncio: viveiro@eurofirms.com. Máis información 982562906.



lunes, 7 de junio de 2021

Oferta de emprego: tres vixiantes/controladores para a zona de "Fuciño do Porco", financiada pola Excma. Deputación Provincial de Lugo

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica as bases para a contratación laboral temporal, mediante oposición, de tres vixiantes/controladores para a zona de “Fuciño do Porco”, co fin de garantizar que se cumpran as medidas de seguridade establecidas en relación coa situación de emerxencia sanitaria por mor do COVID, a xornada completa, durante a tempada de verán / 2021, e financiada pola Excma. Deputación Provincial de Lugo, dentro do "Plan provincial único de cooperación cos concellos 2021.

O prazo de presentación de solicitudes iniciase mañá día 08 de xuño e  remata o próximo día 17 de xuño de 2021. Realizándose o proceso de selección o día 21 de xuño de 2021, a partir das 10:00 h. na Casa consistorial.


Para máis información e inscricións contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local. No seguinte enlace pode consultar bases e descargar os modelos de solicutude: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/

jueves, 3 de junio de 2021

CONVOCATORIA PARA A OBTENCIÓN DA CERTIFICACIÓN GALEGA DE COMPETENCIAS OFIMÁTICAS

 RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2021 pola que se efectúa unha convocatoria para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, tras o seguimento dun curso de preparación na modalidade de teleformación. DOGA 02/06/2021.

Obxecto: Obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática, tras a adquisición mediante curso de teleformación das capacidades que as constitúen e a posterior superación dunha proba presencial.

Destinatarios: persoasmaiores de 16 anos ou que os cumpran antes da finalización do prazo de inscrición.

Descrición: o curso de teleformación é de 190 horas, dura 12 semanas (do 1 de outubro ao 21 de novembro de 2021). A proba presencial realizarase nunha aula Cemit de cada unha das provincias  galegas e tamén en Santiago de Compostela., nas datas e lugares que se publicarán en https://cemit.xunta.gal/ema, xunto coas condicións de realización e demáis características da proba. Todo elo en función da evolución da Covid-19.

Solicitudes:  inscribirse a través da internet na páxina web de CeMIT http://cemit.xunta.gal.

Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario/a da rede CeMIT.

Prazo para a inscrición: ata o 9 de xuño de 2021.

Destacar: As persoas admitidas provisionalmente recibirán un correo electrónico confirmatorio coas instrucións necesarias para proceder a súa matriculación e deberán aboar no prazo de cinco días hábiles desde a data de publicación das listaxes provisionais a taxa correspondente aos dereitos de exame, sendo excluídos aquelas persoas aspirantes que non aboen a citada taxa.

Taxa exame: 10,63 euros.Estarán exentas do pagamento da dita taxa as persoas incluídas dentro dos supostos de exencións recollidos no artigo 23.10 da Lei 6/2003 de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

O xustificante de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, así como calquera documentación complementaria no caso de exención, deberá presentarse electrónicamente no enderezo formacion-cemit@xunta.gal.

miércoles, 2 de junio de 2021

OFERTAS DE EMPREGO: BRIGADA DE INCENDIOS E CONDUTORES MOTOBOMBA

No BOP de Lugo do 02/06/2021 publícase o anuncio da convocatoria para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, do persoal de incendios para a campaña 2021:


- Tres peóns para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.
- 1 Peón-condutor para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.
- 1 Xefe de brigada para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.
- 3 Condutores motobomba, dous meses e medio a xornada completa.

O prazo de solicitude estará aberto desde o día 03 de xuño de 2021 ata o día 14 de xuño de 2021 (por ser inhábil o último día de prazo).


Máis información e solicitudes contactando coa Axente de emprego e desenvolvemento local ou pinchando no seguinte enlace:   https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info (apartado taboleiro de anuncios, pinchar no + para ver toda a información)

martes, 1 de junio de 2021

OFERTA DE EMPREGO

Necesítanse operarios/-as para cadena de producción no sector do metal para empresa de Viveiro.

A xornada de traballo sería de 40 horas/semanais (de luns a venres) cun contrato de obra durante aproximadamente 6 meses. Non é necesaria experiencia aínda que se valore. 

A forma de contacto sería enviando o currículum vitae á seguinte dirección de correo electrónico: viveiro@eurofirms.com

ABERTO O PRAZO PARA OS VECIÑOS QUE QUEIRAN SOLICITAR O BONO IMPULSO LUGO (HOSTELARÍA E COMERCIO) DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

Abrirase hoxe día 01 de xuño e ata o 21 de xuño, o prazo para que a veciñanza interesada solicite o seu Bono Impulso, que deberá gastar nos locais adheridos do concello no que resida. Cada bono deberá gastarse nun único establecemento.


A institución provincial repartirá 17.000 bonos nominativos de 30€ á cidadanía (ó concello do Vicedo correspóndelle 84 bonos), que terán “efecto multiplicador nos negocios, pois para poder usalos haberá que realizar unha compra ou unha consumición mínima de 60€”.

Cada consumidor poderá solicitar un bono como máximo, podendo chegar a outorgárselle un segundo bono en caso de excendentes.

A modo de exemplo: se unha persoa vai a unha florería e realizar un gasto de 65 euros, debe pagar 35 euros ao establecemento no momento da compra e os 30 euros restantes serán aboados ao establecemento por parte da Deputación de Lugo cando presente a documentación xustificativa.

Os gastos serán realizados desde o día seguinte á publicación dos consumidores no BOP e páxina web da Deputación e ata o 31 de  agosto de 2021, coa excepción dos bonos procedentes do sorteo que se habilitará un período adicional de 15 días hábiles.

Máis información e inscricións: http://www.deputacionlugo.gal/gl/temas/emprego/bonoimpulso