lunes, 30 de junio de 2014

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (21,5 horas/semana), desde o próximo día 14 de xullo ata o 13 de xaneiro de 2015.

O prazo de inscrición remata o vindeiro día 9 de xullo, ás 9:30 horas. A selección realizarase ese mesmo día a partir das 10:30 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (20,5 horas/semana), desde o próximo día 14 de xullo ata o 13 de xaneiro de 2015.

O prazo de inscrición remata o vindeiro día 9 de xullo, ás 9:30 horas. A selección realizarase ese mesmo día a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

AXUDAS PARA A RENOVACIÓN DE CUBERTAS DE LOUSA DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA




PRAZO DE SOLICITUDE: Ata o  31 de xullo de 2014, ou ata o esgotamento dos fondos.

OBXECTO:  
 Renovación de cubertas con lousa en vivendas unifamiliares e edificios de vivendas, co fin de acadar melloras significativas na demanda enerxética co conseguinte aforro en términos económicos.
A renovación ten que cumprir ou mellorar as exixencias mínimas que fixa o Código técnico da edificación no documento “DB HE-1 Limitación da demanda enerxética”.

GASTOS SUBVENCIONABLES: Deberán estar realizados, e efectivamente pagados (con xustificante bancario de pago), antes do 14 de novembro de 2014.

Considéranse subvencionables os gastos de renovación de cubertas tales como: custo de materiais das novas cubertas, custos de desmontaxe, custo de montaxe, custo do proxecto, custo das licencias, etc. IVA incluido cando non sexa recuperable. Non se subvenciona os gastos realizados en bens usados.
comunidades de propietarios sempre que as actuacións se realicen en vivendas ou edificios de vivenda colectiva e nas súas edificacións anexas da súa titularidade. O obxecto da subvención non se destinará a ningunha actividade empresarial ou profesional.

CUANTÍA  DAS AXUDAS: o coste máximo subvencionable será como máximo de 70 euros por metro cadrado. E a cuantía máxima da subención será do 30% (IVE incluido si é subvencionable).

BENEFICIARIOS: Particulares ou comunidades de propietarios sempre que as actuacións se realicen en vivendas ou edificios de vivenda colectiva e nas súas edificacións anexas da súa titularidade. O obxecto da subvención non se destinará a ningunha actividade empresarial ou profesional.

lunes, 23 de junio de 2014

OFERTA DE EMPREGO

O Concello de O Vicedo selecciona TRES CONDUCTORES PARA A MOTOBOMBA para a temporada de verán/2014. A duración do contrato é de tres meses, sendo con data de inicio prevista para o 16 de xullo.
As bases de selección están publicadas no taboleiro de anuncios do concello, e o prazo de presentación de instancias remata o día 2 de xullo, ás 9:30 horas.

Para máis información, contactar coa axente de emprego e desenvolvemento local do concello, con oficina sita na Casa da Cultura, ou chamar ó 982590195.

OFERTA DE EMPREGO

O Concello de O Vicedo selecciona persoal para a brigada municipal de prevención e defensa contra incendios forestais para a tempada de verán/2014. A duración do contrato é de tres meses con data de inicio prevista para o 16 de xullo.

Os postos de traballo convocados son:
- 3 PEÓNS DE  PREVENCIÓN E DEFENSA DE INCENDIOS FORESTAIS.
- 1 PEÓN CONDUCTOR DE PREVENCIÓN E DEFENSA DE INCENDIOS FORESTAIS.
- 1 XEFE DE BRIGADA.

 Están publicadas as bases de selección para tódalas postos no taboleiro de anuncios do concello e o prazo de inscrición remata o día 2 de xullo, ás 9:30 horas.

Para máis información, contactar coa axente de emprego e desenvolvemento local do concello, con oficina sita na Casa da Cultura, ou chamar ó 982590195.

viernes, 20 de junio de 2014

MES DA AGRICULTURA ECOLÓXICA


A Excma. Deputación Provincial de Lugo pon en marcha o mes da agricultura ecolóxica, con distintas actividades formativas en Mondoñedo, Viveiro, etc. e outras zonas da Mariña.

Para máis información:

http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/p_20_contenedor1.jsp?seccion=s_fdes_d4_v1.jsp&tipo=6&&contenido=24475&nivel=1400&layout=p_20_contenedor1.jsp&codResi=1&language=gl

OFERTA DE EMPREGO

O Concello de O Vicedo vai presentar no día de hoxe unha oferta na oficina de emprego de Viveiro, para a contratación de 6 SOCORRISTAS, subvencionados pola Consellería de Traballo e Benestar.
Requisito imprescindible estar desempregado e inscrito na oficina de emprego de Viveiro, e carecer de ocupación según informe de vida laboral.
Para máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local, con oficina sita na Casa da Cultura

lunes, 16 de junio de 2014

CURSO SOBRE COMERCIO ELECTRÓNICO PARA EMPRESARIAS, EMPRENDEDORAS..


Este mércores día 18 de xuño, ás 16:00 horas, na aula CEMIT de O Vicedo, sita no baixo da Casa da Cultura, terá lugar a presentación dun curso de COMERCIO ELECTRÓNICO, que se iniciará no mes de setembro, dirixido a favorecer a incorporaicón das mulleres no mercado laboral a través de actividades emprendedoras ou empresariais no ámbito do comercio electrónico.

A formación terá unha duración de 250 horas, das cales 200 serán impartidas online e o resto si hai un mínimo de xente na aula CEMIT.

O curso está dividido en tres partes:
1º) Claves do marketing online e do comercio electrónico.
2º) Asesoramento e avaliación de proxectos individuais.
3º) De entre todos os proxectos, elixirase un  a o que se lle ofrecerá asistencia técnica completa durante todo o proceso de creación dunha empresa de e-commerce online.





viernes, 13 de junio de 2014

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases de selección para a contratación, mediante oposición, de 10 PEÓNS DE PROTECCIÓN DO AMBIENTE E ESPACIOS NATURAIS, a media xornada, para a tempada de verán/2014, do 1 de xullo o 31 de agosto.

O prazo de solicitude remata o próximo día 25 de xuño, ás 9:30 horas, celebrándose ese mesmo día o proceso selectivo a partir das 10:00 horas na Casa da Cultura.

Máis información e inscricións: pasando pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

AXUDAS DA CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO DE PERSOAS DISCAPACITADAS

No DOG de onte, a Consellería de Traballo e Benestar convocou axudas para a promoción da integración laboral das persoas con discapacidade na emprega ordinaria.

Existen dúas modalidades de subvención:
- Programa de fomento da contratación das persoas con discapacidade na empresa ordinaria.
- Programa de emprego  con apoio, como medida de fomento do emprego de persoas con discapacidade no mercado ordinario de traballo.

jueves, 12 de junio de 2014

AXUDAS A INICIATIVAS EMPRENDEDORAS E DE EMPREGO (I+E+E)


Beneficiarios

Empresas privadas calquera que sexa a forma xurídica que adopten, agás as persoas físicas, sociedades civís, comunidades de bens, sociedades cooperativas e sociedades laborais, que cumpran as condicións e os requisitos establecidos para cada tipo de axuda e nas que concorran, na data de inicio da actividade, as seguintes circunstancias:
  • que sexan empresas de nova creación
  • que sexan viables técnica, económica e financeiramente
  • que xeren emprego estable para persoas desempregadas
  • que teñan o seu domicilio social e fiscal e o seu centro de traballo nun concello de Galicia
  • que sexan promovidas, como máximo, por cinco persoas e que entre os socios promotores non figure ningunha persoa xurídica
  • que a empresa teña un capital social máximo de 120.202 euros e
  • que como mínimo o 50 por cento do seu capital social sexa de titularidade de promotores desempregados que creen o seu propio posto de traballo na empresa.
Ademais poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas privadas constituídas e que iniciasen a súa actividade, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídos autónomos ou autónomas e as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que obtivesen a cualificación como iniciativa local de emprego, e non transcorrese máis dun ano dende a notificación da resolución de cualificación, ou de ser o caso, no prazo que se estableza na resolución de cualificación, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos para cada tipo de axuda.

Tipos de axuda

• Subvención á xeración de emprego estable

Os postos de traballo de carácter indefinido creados, incluídos os das propias persoas promotoras, ocupados por persoas desempregadas incentivaranse, ata un máximo de dez, cada un deles coas seguintes subvencións:
  • A. 4.000 euros para desempregado en xeral.
  • B. 5.000 euros para mozo desempregado de 30 ou menos anos.
  • C. 5.000 euros para muller desempregada.
  • D. 5.600 euros para moza desempregada de 30 ou menos anos.
  • E. 6.000 euros para persoa desempregada que esgotase a prestación por desemprego, persoa desempregada de longa duración, persoa emigrante retornada, persoa desempregada pertencente a colectivos en risco ou situación de exclusión social e persoa desempregada con discapacidade.
Cando a dedicación sexa a tempo parcial, as contías destes incentivos serán proporcionais ao tempo efectivo de traballo, en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, na xornada ordinaria legal.
Poderán ser obxecto desta subvención os postos de traballo estables de carácter indefinido creados desde o 01/10/2013 ata o 30/09/2014.

• Subvención financeira

Redución dos xuros de préstamos necesarios para a creación e posta en marcha das empresas tendo en conta que, como mínimo, o 75% do préstamo deberá destinarse a financiar investimentos en inmobilizado material ou intanxible.
Esta subvención será como máximo de catro puntos do tipo de xuro fixado pola entidade financeira que conceda o préstamo. O importe desta subvención deberá destinarse á amortización do principal do préstamo.

O importe máximo desta subvención non poderá superar as seguintes contías:
  • A. 4.000 euros para desempregado en xeral.
  • B. 5.000 euros para mozo desempregado de 30 ou menos anos.
  • C. 5.000 euros para muller desempregada.
  • D. 5.600 euros para moza desempregada de 30 ou menos anos.
  • E. 6.000 euros para persoa desempregada que esgotase a prestación por desemprego, persoa desempregada de longa duración, persoa emigrante retornada, persoa desempregada pertencente a colectivos en risco ou situación de exclusión social e persoa desempregada con discapacidade.
Os préstamos, para seren subvencionables, deberán ser concedidos polas entidades financeiras que teñan subscrito convenio coa Consellería de Traballo e Benestar. (Ver nota informativa sobre a subvención financeira).
Para os efectos do cálculo da contía desta axuda teranse en conta os postos de traballo creados desde o 01/10/2013 ata o 30/09/2014.

• Subvención para formación

Para axudar á persoa promotora ou empresaria na toma de decisións necesarias para o funcionamento da empresa, financiarase parcialmente a asistencia a actividades formativas relacionadas coa función xerencial. A contía da subvención será de ata o 75% do custo dos servizos recibidos, cun límite máximo de 3.000 euros polo conxunto dos cursos e das actividades de formación recibidas.

• Subvención para o inicio da actividade
Para o financiamento dos primeiros gastos da actividade poderá concederse unha subvención de ata 2.400 euros por cada emprego subvencionable, ata un máximo de dez. Para a muller e a persoa moza de 30 ou menos anos a contía desta subvención será de ata 3.600 euros. Para a persoa desempregada que esgotase a prestación, persoa desempregada de longa duración, persoa pertencente a colectivos en risco ou en situación de exclusión social, emigrante retornado e a persoa desempregada con discapacidade a contía desta subvención será de ata 4.800 euros.
Serán subvencionables a compra de mercadorías, materias primas e outros aprovisionamentos, arrendamento do local, de maquinaria e de equipos informáticos, gastos do seguro do local, publicidade e subministracións.

• Subvención para a conciliación da vida profesional e persoal dos promotores.

Subvención do 75% do custo dos servizos de gardería, ata un máximo de 3.000 euros, para os promotores que sendo titulares dunha familia teñan fillos menores de tres anos.
Poderán ser beneficiarias as empresas polos promotores que obtendo a subvención á xeración do emprego estable, sexan titulares de familias monoparentais ou na que os dous cónxuxes realicen unha actividade laboral e estean dados de alta no correspondente réxime da Seguridade Social.

• Incrementos dos incentivos.

As contías máximas das axudas deste programa, incrementaranse nun 25% nos casos de que a empresa teña o seu domicilio social e o centro de traballo nun concello das provincias de Lugo e Ourense

Prazo de solicitudes
O prazo xeral para a presentación de solicitudes finalizará o 30 de setembro de 2014. Non obstante deberán respectarse os prazos específicos establecidos para cada tipo de axuda:
  • Subvención á xeración de emprego estable: 2 meses desde a data de alta na Seguridade Social.
  • Subvención financeira: 2 meses desde o inicio da actividade.
  • Subvención para asistencia técnica, subvención para o inicio da actividade e subvención para a conciliación da vida profesional e laboral dos promotores:  no prazo xeral.
  • As solicitudes de axuda á xeración de emprego estable e subvención financeira deste programa polas actuacións realizadas entre o 1 de outubro de 2013 e a data de publicación da orde, aínda que transcorrese o prazo establecido desde a alta na Seguridade Social ou desde o inicio da actividade empresarial, poderán presentarse no prazo de UN MES desde o día seguinte a data de publicación da Orde.

AXUDAS A AUTÓNOMOS POLA CONTRATACIÓN INDEFINIDA DE PERSOAS ASALARIADAS



Beneficiarios:

1º) As persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola primeira contratación que realicen con carácter indefinido durante o seu primeiro ano de actividade.

2º) Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido nos tres primeiros anos de actividade.



Requisitos:
 1. Os incentivos previstos nesta orde serán de aplicación ás contratacións indefinidas iniciais que sexan realizadas polas persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con persoas traballadoras desempregadas para prestar servizos en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. A primeira contratación indefinida inicial pola que se solicite subvención deberá formalizarse durante o primeiro ano de actividade. A segunda e terceira contratación indefinida deberán formalizarse ata o terceiro ano de actividade.
3. Será subvencionable a primeira contratación indefinida inicial, cando na data na que se formalice o contrato polo que se solicita a subvención, non houbese outra persoa traballadora contratada cunha relación laboral indefinida nin se contratase con carácter indefinido, con anterioridade, a outra persoa traballadora agás que este contrato indefinido se extinguise por dimisión, morte, xubilación, incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez da persoa traballadora ou por resolución durante o período de proba.

4. Serán subvencionables a segunda e a terceira contratación indefinida inicial sempre que, con anterioridade á formalización destes contratos, non se realizasen dúas o máis contratacións indefinidas agás que estes contratos indefinidos anteriores se extinguisen por dimisión, morte, xubilación, incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez da persoa traballadora ou por resolución durante o período de proba.

5. O contrato indefinido inicial para que poida ser obxecto de subvención deberá formalizarse e comunicarse á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente establecida.
§  Non poderán ser beneficiarias nin as sociedades civís nin as comunidades de bens, así como as persoas socias ou comuneiras que as integran, nin autónomos colaboradores


Contías:
Varian según o colectivo entre os 4.000  e 7.000 euros.


Prazo solicitude:
  • As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables realizadas entre o 1 de outubro de 2013 e a data da publicación (12/06/2014) desta orde, poderán presentarse no prazo dun mes contado desde a data de publicación desta orde (ata o 12 de xullo de 2014).
  • No resto dous casos, o último día do mes seguinte o da contratación, en todo caso antes do 30 de setembro de 2014.
  •  
  •  
  • Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello de O Vicedo,  ou na seguinte páxina web: http://traballo.xunta.es/axudas-e-subvencions