jueves, 28 de enero de 2016

PROBAS POR LIBRE PARA OBTER O GRADUADO ESO

Onte publicouse no DOG a Resolución que convoca as probas libres para a obtención do título de graduado en educación secundaria para maiores de dezaoito anos. Os exames serán o 27 de maio e o 08 setembro de 2016, e os períodos de inscríción para cada unha das convocatorias serán: do 07 ao  18 de marzo de 2016, e do 1 ao 8 de xullo de 2016, respectivamente.


Requisitos para poder participar:
- Ter cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.
- Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria ou de calquera outro declarado equivalente.
- Non estaren inscritas para a superación das materias de 4º curso de educación secundaria obrigatoria.
- Non estaren matriculados de forma oficial nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria, na educación secundaria para persoas adultas (estos poderan pero so en alguns casos) ou no segundo curso dun programa de cualificación profesional inicial.
O alumnado de educación secundaria para persoas adultas poderá participar nas probas se presenta a renuncia ao dereito a ser avaliado pola matrícula oficial ante a dirección do centro no que está matriculado.

Pode atopar toda a información relacionada coa proba na seguinte ligazón: http://www.edu.xunta.es/web/node/1238

CONVOCATORIA DE PROBAS PARA OBTER O TITULO DE BACHILLER OU A ESO PARA MAIORES DE 18 ANOS

No DOG de hoxe publicanse estas dúas convocatorias:

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización.

 RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización.

Máis información:


http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia/mostrarContenido.do?paginaCompleta=false&idEstado=5&rutaRelativa=true&ruta=/2016/20160128/Secciones3_gl.html

miércoles, 20 de enero de 2016

OFERTA EMPREGO AXENTE TIC

No Boletín oficial da provincia de Lugo do día de hoxe, 20/01/2016,  publicouse o anuncio da convocatoria para a selección, mediante concurso-oposición, dun AXENTE TIC, a media xornada, como persoal laboral temporal do concello de O Vicedo, e encargado da aula CEMIT.
Poden consultar as bases e descargar a instancia de solicitude no seguinte enlace:
http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.3   (pinchar en emprego público, apartado taboleiro de anuncios).


Según aparece nas bases de selección a documentación que debe acompañar a instancia de solicitude é:
- Copia compulsada do DNI.
- Copia compulsada da titulación esixida: estar en posesión dalgunha titulación de Técnico superior ou FPII da rama informática
- Copia compulsada da acreditación de estar en posesión do CELGA 4 ou curso de perfeccionamento do galego.
- Acreditación dos méritos en caso de existir, en orixinal ou copia compulsada, de: vida laboral máis contratos de traballo, diplomas dos cursos relacionados co posto e outras titulacións relacionadas co posto de traballo.
Si a documentación se presenta directamente no Concello, deben traer os orixinais e xa se lles fan aquí as copias compulsadas.
 
Si presentan a solicitude noutro rexistro distinto o do propio Concello, ademáis de todo o anterior, deben de enviar por fax ao 982590001, dentro do prazo estipulado, unha copia da solicitude correctamente presentada e datada, según o estipulado nas bases.
 
O prazo de solicitude é de 10 días naturais a contar desde o día seguinte o da publicación no Boletín oficial da provincia, finaliza o próximo día 30 de xaneiro de 2016. Como o prazo remata en sábado e as oficinas municipais permanecen cerradas ese día, admitiranse en prazo as solicitudes presentadas o 1 de febreiro de 2016

martes, 12 de enero de 2016

CONVOCATORIA PROCEDEMENTO RECOÑECEMENTO DA EXPERIENCIA PROFESIONAL PARA VARIAS ESPECIALIDADES


REQUISITOS PARA PODER PARTICIPAR:

  • Nacionalidade española, residente comunitario ou autorización de residencia
  • 18 anos cumpridos, nas unidades de competencia de cualificacións de nivel I, e 20 anos para o nivel II e III. Para as convocatorias que se realicen durante os anos 2009 e 2010, para a avaliación de unidades de competencia correspondentes a cualificacións de nivel II, se poderán presentar as personas que teñan 19 anos cumpridos no momento de realizar a inscrición.
  • Experiencia laboral e/ou formación relacionada coas competencias que se queren acreditar:
    • Experiencia laboral:
      • Para Unidades de competencia de nivel II e III, 3 anos, cun mínimo de 2.000 horas traballadas nos últimos 10 anos.
      • Para unidades de competencia de nivel I, 2 anos de experiencia laboral e mínimo de 1.200 horas.
    • Formación:
      • nivel II e III, mínimo 300 horas nos últimos 10 anos.
      • Para de nivel I, mínimo 200 horas nos últimos dez anos.
      • Por unidades de competencia: a duración establecida no módulo formativo asociado a unidade de competencia

PRAZOS DE INSCRICIÓN

1º PRAZO: do 12/1/2016 ó 10/02/2016 (ambos incluidos) para as seguintes cualificacións:
  • Atención sociosanitaria a persoas no domicilio
  • Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais
  • Servizos para o control de pragas
  • Xestión de servizos para o control de organismos nocivos
  • Socorrismo en espazos acuáticos naturais
  • Socorrismo en instalacións acuáticas
  • Confeccion e mantemento de artes e aparellos

2º PRAZO
: do 12/4/2016 ó 11/05/2016 (ambos incluidos) para as seguintes cualificacións:
  • Aproveitamentos forestais
  • Tanatopraxia
Máis información:
http://traballo.xunta.es/portada-reconecemento-experiencia-profesional

ou contactanto coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello de O Vicedo.

sábado, 9 de enero de 2016

CONVOCATORIA DE RECOÑECEMENTO DA EXPERIENCIA PROFESIONAL


A Consellería de cultura, educación e ordenación universitaria convoca o procedemento de recoñecemento da experiencia profesional para varias especialidades

Máis información:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2016/20160108/AnuncioG0164-281215-0002_gl.pdf

http://www.edu.xunta.es/portal/node/17914

CONVOCATORIA PARA A OBTENCIÓN POR LIBRE DO CELGA 1, 2, 3 OU 4

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2015, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2016 (ED114A).

Prazo de solicitude: ata o 7 de febreiro de 2016

Máis información:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2016/20160107/AnuncioG0164-291215-0009_gl.html

jueves, 7 de enero de 2016

OUTRAS AXUDAS A COMERCIOS MINORISTAS

* AXUDAS E SUBVENCIÓNS PARA FOMENTAR A REMUDA COMERCIAL, ANO 2016

Remate do prazo de presentación de solicitudes: 31 de agosto de 2016

 Pinche aquí para ver un pequeno resumo de ditas axudas:

http://ceei.xunta.gal/recursos/temas-de-interese/c/Comerciante?content=/Portal-CEI/unidades-informacion/iniciativas/iniciativa_00230.html&topic=topic_0017.html

Máis información e solicitudes: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello de O Vicedo, con oficina sita na Casa da Cultura

AXUDAS A COMERCIOS MINORITAS PARA MODERNIZACIÓN, MELLORA DA IMAXE..



SUBVENCIÓNS PARA A  MELLORA DA IMAXE, MODERNIZACIÓN, ESTABLECEMENTO DE NOVAS FÓRMULAS E MEDIOS DE COMERCIALIZACIÓN DO SECTOR  DO COMERCIO MINORISTA. 2016

 

¿QUEN PODE SOLICITAR?

Comerciantes minoristas que:

a) Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia e, así mesmo, o seu domicilio social e fiscal radique na dita comunidade autónoma.

b) Que, tendo a condición de peme conforme os requisitos establecidos pola Comisión Europea na súa Recomendación 2003/361/CE, do 6 de maio de 2003 (DOUE nº 124, do 20 de maio, p. 36), empreguen menos de dez (10) traballadores e non teñan a consideración de grande establecemento comercial segundo a normativa aplicable.

c) Estar dado de alta nalgunha das epígrafes do IAE que se relacionan no anexo II.



¿QUE SE SUBVENCIONA E CANTO?

Considéranse actuacións subvencionables sempre que estas sexan realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de xaneiro de 2016 ata a data límite de xustificación, 10 de outubro de 2015, a adquisición de:
Para comercios retallistas:
1) Acondicionamento do local comercial, sempre que a superficie resultante non supere os 150 m². Non será de aplicación esta limitación de superficie para as actividades encadradas baixo a epígrafe do IAE 653.1. Esta actuación será subvencionable na superficie comercial dedicada á venda.

Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 10.000,00 euros, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 40 %.
2) Medidas orientadas á mellora da imaxe exterior e adquisición de moblaxe e equipamento dedicado ao desenvolvemento da actividade comercial e para uso exclusivo na superficie de venda.
Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 5.000,00 euros, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 40 %.
Para obradoiros artesanais:

1)      Sistemas de etiquetas intelixentes.
Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 6.000,00 euros, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %.
Para os comercios retallistas e os obradoiros artesanais:

3) Ferramentas ou programas informáticos que melloren a xestión do establecemento. Inversión máxima subvencionable: 4.000 euros; IVE excluído, e a porcentaxe da subvención será do 50%

4) Desenvolvemento e implantación de sistemas de empaquetado e etiquetado dirixido a mellora da loxística e comercialización do produto e o deseño da súa presentación. Inversión máxima subvencionable: 5.000 euros; IVE excluído, e a porcentaxe da subvención será do 50%.

5) Novos sistemas de comercialización que combinen  o comercio online e offline. Inversión máxima subvencionable: 6.000 euros; IVE excluído, e a porcentaxe da subvención será do 50%.

6) Novos sistemas de comercialiación e información ao consumidor que impliquen a utilización das redes sociais para a venda. Excluidas accións de publicidade. Inversión máxima subvencionable: 8.000 euros; IVE excluído, e a porcentaxe da subvención será do 50%

7) Páxinas web comerciais. . Inversión máxima subvencionable: 1.000 euros; IVE excluído, e a porcentaxe da subvención será do 50%.

 
Só se poderá solicitar unha actuación por cada epígrafe, sendo o importe máximo subvencionable por tódalas actuacións 39.000 euros, IVE excluido, para comercios retallistas e 30.000 para obradoiros artesanais

INICIO PRAZO SOLICITUDE: 18 de xaneiro de 2016.

FIN PRAZO SOLICITUDE: 18 de febreiro de 2016.

lunes, 4 de enero de 2016

OBRADOIRO DE ALARMA NOS TRASTORNOS DO COMPORTAMENTO ALIMENTARIO

Pode inscribirse directamente no seguinte enlace:

http://feweb-fegas.sergas.es/FEWEB/ListadoActividadesCidadans.aspx?IdPaxina=70512&idioma=ga

OBRADOIRO TERAPIA OCUPACIONAL INFANTIL



Pode inscribirse directamente no seguinte enlace:                                                                                                         

http://feweb-fegas.sergas.es/FEWEB/ListadoActividadesCidadans.aspx?IdPaxina=70512&idioma=ga

AXUDAS DO INEGA PARA A INSTALACIÓN DE CALDEIRAS DE BIOMASA PARA EMPRESAS E PARTICULARES


No seguinte enlace aparece toda a información das axudas para a instalación de caldeiras de biomasa (pellets) para particulares:


http://www.inega.es/subvencions/subvencions/Energiasrenovables/2016/ficha_renovables2016_0002.html


SUBVENCIÓNS PARA O ANO 2016 A PROXECTOS DE BIOMASA PARA ADMINISTRACIÓNS LOCAL E AUTONÓMICA, ENTIDADES SEN ANIMO DE LUCRO, EMPRESAS E AUTÓNOMOS

http://www.inega.es/subvencions/subvencions/Energiasrenovables/2016/ficha_renovables2016_0002.html

AXUDAS PARA A CONTRATACIÓN DE TRABALLADORES ASALARIADOS PARA TRABALLADORES AUTÓNOMOS



Beneficiarios:

1º) As persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola primeira contratación que realicen con carácter indefinido durante o seu primeiro ano de actividade.

2º) Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido nos tres primeiros anos de actividade.


Requisitos:
    1. Os incentivos previstos nesta orde serán de aplicación ás contratacións indefinidas iniciais que sexan realizadas polas persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con persoas traballadoras desempregadas para prestar servizos en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. A primeira contratación indefinida inicial pola que se solicite subvención deberá formalizarse durante o primeiro ano de actividade. A segunda e terceira contratación indefinida deberán formalizarse ata o terceiro ano de actividade.
3. Será subvencionable a primeira contratación indefinida inicial, cando na data na que se formalice o contrato polo que se solicita a subvención, non houbese outra persoa traballadora contratada cunha relación laboral indefinida nin se contratase con carácter indefinido, con anterioridade, a outra persoa traballadora agás que este contrato indefinido se extinguise por dimisión, morte, xubilación, incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez da persoa traballadora ou por resolución durante o período de proba.

4. Serán subvencionables a segunda e a terceira contratación indefinida inicial sempre que, con anterioridade á formalización destes contratos, non se realizasen dúas o máis contratacións indefinidas agás que estes contratos indefinidos anteriores se extinguisen por dimisión, morte, xubilación, incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez da persoa traballadora ou por resolución durante o período de proba.

5. O contrato indefinido inicial para que poida ser obxecto de subvención deberá formalizarse e comunicarse á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente establecida.
        Non poderán ser beneficiarias nin as sociedades civís nin as comunidades de bens, así como as persoas socias ou comuneiras que as integran, nin autónomos colaboradores
Contías

As contratacións indefinidas iniciais incentivaranse cunha axuda de:
Primeira persoa traballadora indefinida:
a) 4.000 € cando se trate dun home desempregado.

b) 5.000 € cando se trate dun home desempregado de 45 ou máis anos de idade que sexa parado de longa duración.
c) 5.000 € cando se trate dunha muller desempregada.

d) 6.000 € cando se trate dunha dunha muller desempregada de 45 ou mais anos de idade que sexa parada de longa duración.
Segunda e terceira persoa traballadora indefinida:
a) 5.000 € cando se trate dun home desempregado.

b) 6.000 € cando se trate dun home desempregado de 45 ou máis anos de idade que sexa parado de longa duración.
c) 6.000 € cando se trate dunha muller desempregada.

d) 7.000 € cando se trata dunha dunha muller desempregada de 45 ou máis anos de idade que sexa parada de longa duración.
Cando se trate de contratacións indefinidas cunha xornada a tempo parcial as contías dos incentivos serán proporcionais ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, da xornada ordinaria máxima legal.




Prazo solicitude:
  • As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables realizadas entre o 1 de outubro de 2015 e a data da publicación (30/12/2015) desta orde, poderán presentarse no prazo dous meses contado desde a data de publicación desta orde (ata o 28 de febreiro de 2016).
  • No resto dous casos, o último día do seguindo mes seguinte o da contratación, en todo caso antes do 30 de setembro de 2016.