martes, 22 de junio de 2010

CURSO ATENCION SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS

Este concello ten previsto organizar proximamente un curso de "Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais", subvencionado pola Consellería de Traballo e Benestar e o Fondo Social Europeo. Está dirixido prioritariamente a persoas desempregadas aínda que o 25% das prazas poderían adicarse a persoas ocupadas. A duración é de 475 horas lectivas, que se impartirán de luns a venres a razón de cinco horas diarias, con data prevista de inicio 8 de xullo e de finalización 22 de novembro.
As persoas interesadas deben poñerse en contacto canto antes coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello, con oficina sita na Casa de Cultura.

lunes, 21 de junio de 2010

CONTRATACIÓN DUN PEÓN DE OFICIOS VARIOS

No BOP do 17 de xuño publicouse un anuncio no que se informaba que están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación dun peón de oficios varios cun contrato de relevo con unha xornada do 80%. O prazo para a presentación de solicitudes remata o 25 deste mes.

CONTRATACIÒN PEÓNS LIMPEZA DE PRAIAS

Desde o día da data e ata o próximo 28 de xuño abreuse o prazo de inscrición para a selección de cinco peóns de limpeza de praias a media xornada.
Requisitos: ter nacionalidade española, ter cumpridos os 16 anos, estar en posesión do certificado de estudios primarios ou certificado de escolaridade e presentar unha declaración de non haber traballado máis de 22 meses dentro dos 30 últimos no mesmo posto de traballo para este concello. A selección será o día 29 do mes en curso
Para inscricións e máis información contactar coa axente de emprego e desenvolvemento local, con oficina sita na Casa de Cultura.

martes, 15 de junio de 2010

OFERTAS DE EMPREGO

A Consellería de Traballo e Benestar e o Fondo Social Europeo subvencionan a este concello a contratación de 6 socorristas durante tres meses, 8 peóns de mantemento de zonas naturais a media xornada durante doce meses, 2 informadoras de turismo tres meses e un animador sociocultural doce meses. A data de inicio prevista para as anteriores contratacións subvencionadas a través dos chamados "programas de cooperación" será o 1 de xullo, e con tal fin presentarase a correspondente oferta de traballo na oficina de emprego de Viveiro.

miércoles, 2 de junio de 2010

CONTRATACIÓN DE 3 PEÓNS A XORNADA COMPLETA

No taboleiro de anuncios do concello están expostas as bases para a contratación de tres peóns de limpeza de praias e mantemento de zonas naturais, a xornada completa, por tres meses e con data prevista de inicio o próximo 11 de xuño.
O prazo de solicitude está aberto ata o día 8 de xuño, ás catorce horas. É necesario presentar no rexistro do concello: instancia de solicitude, fotocopia do DNI, fotocopia graduado escolar ou certificado de escolaridade e declaración de non haber traballado para este concello máis de 21 meses dentro dos 30 últimos.
Máis información: Casa da Cultura de O Vicedo, oficina da AEDL, ou chamando ó 982590195.

AXUDAS PARA A CREACIÓN DE ALDEAS DE TURISMO RURAL

Está aberto o prazo de solicitude de axudas para a creación de aldeas de turismo rural, para a mellora e modernización das existentes e para proxectos dirixidos a acadar certificacións de calidade para este tipo de establecementos.
O prazo de solicitude remata o 26/06/2010.
Para máis información contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local