jueves, 31 de octubre de 2013

OFERTA DE EMPREGO

O Concello de O Vicedo vai presentar no día de hoxe unha oferta na oficina de emprego de Viveiro, para a contratación de 1 ANIMADOR SOCIOCULTURAL, durante 6 meses a xornada parcial, subvencionado pola Consellería de Traballo e Benestar a través dos chamados "Programas de cooperación".
Requisito imprescindible estar desempregado e inscrito na oficina de emprego de Viveiro, e carecer de ocupación según informe de vida laboral.
Para máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local, con oficina sita na Casa da Cultura

MES DA MAXÍA NA MARIÑA LUCENSE

Este fin de semana comenza o mes da maxía no concello de O Vicedo, coa actuación do mago Rafa no restaurante Area Grande de San Román, e o próximo fin de semana actuará o mago Charly na Bodeguita del Puerto.
Para máis información ver o seguinte enlace no que aparecen menús e precios:
www.mesdamaxia.com

OFERTA DE EMPLEO

ENCUESTADOR/-A para entrevistas personais mediante tablet a turistas da zona de Viveiro.

Duración aproximada; de outubro de 2013 a setembro do 2014.

Requisitos:
- Experiencia na realización de encuestas.
- Disponibilidade horaria.
- Vehiculo propio.

Pagan desplazamento fora do municipio de residencia (0,19 euros/Km.)

Interesados/-as enviar CV a ideara@idearainvestigacion.com. Asunto: ENTREVISTADOR TURISMO

lunes, 28 de octubre de 2013

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun EDUCADOR FAMILIAR, a media xornada, con adscrición o departamento de servizos sociais do concello de O Vicedo.
Requisitos:
- Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.
- Ter cumprido os 16 anos e non superar a idade establecida para a xubilación forzosa.
- Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións: graduado/diplomado en educación social ou traballo social, licenciado en psicoloxía, pedagoxía e psicopedagoxía.
No caso de titulacións obtidas no extranxeiro, deberán posuír o documento que acredite fidelmente a súa homologación.
-Declaración xurada do aspirante de non haber traballado para este Concello máis de 18 meses dentro dos últimos 30 meses inmediatamente anteriores, de ser o caso, á data de inicio do contrato, sin ter en conta para o cómputo anterior o tempo transcurrido entre o 31 de agosto de 2011 e o 31 de decembro do 2012. Non se terán en conta os contratos formativos, de relevo e interinidade, a os contratos temporais celebrados no marco de programas públicos de emprego-formación, así como os contratos temporais que sexan utilizados por empresas de inserción debidamente rexistradas e o obxecto de ditos contratos sexa considerado como parte esencial dun itinerario de inserción personalizado.
O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata as 9:30 horas do día 6 de novembro de 2013, realizándose a proba de selección ese mismo día a partir das 10:00 horas na Casa Consistorial.
Para máis información e inscricións: pasar pola oficina de técnico de emprego, Manuela Domínguez, sita na Casa da Cultura.

jueves, 24 de octubre de 2013

CURSO DE MONITOR SOCIOCULTURAL

A Casa da Xuventude de Viveiro acolle un curso teórico de monitor sociocultural do 5 de novembro ao 10 de xaneiro. O prazo de inscripción está aberto ata o 30 de outubro e os interesados poden anotarse na web xuventude.net. No propio local e no 982560394 polas tardes.

martes, 15 de octubre de 2013

CURSO DE FORMACIÓN

TALLER: PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS NO MANEXO DE MAQUINARÍA AGRÍCOLA. MANEXO PRÁCTICO DO TRACTOR E OS  SEUS APEIROS.

Destinatarios: persoas traballadoras maiores de idade ocupadas ou desempregadas na actividade a que se dirixe o curso.
Lugar: Viveiro
Modalidade: presencial.
Datas: do 4 de novembro ao 8 de novembro.
Horario: de 18:00 h. a 21:45 h.
Duración: 18 h.
Número de prazas: 15
Presentación das solicitudes ata o 28 de outubro ou no enderezo electrónico: desenvolvementorural.issga@xunta.es
Teléfono de contacto: 981591012
Máis información na web do ISSGA: http://issga.xunta.es/

Si necesita axuda para a tramitación das inscricións tamén pode dirixirse a oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura do Vicedo.


lunes, 14 de octubre de 2013

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun operario de servizos múltiples, a xornada completa, con adscrición ao Colexio Público de O Vicedo.


O prazo de inscrición remata ás 09:30 horas, do próximo día 23 de outubro e a selección realizarase a partir dás 10:00 h. do mesmo día.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

lunes, 7 de octubre de 2013

OFERTA DE EMPREGO



Empresa: Grupo Ames Formación

Posto: Asesor Comercial de Formación

"BÚSCANSE COMERCIAIS DE FORMACIÓN PARA A MARIÑA"
Solicítanse comerciais con experiencia en Formación Bonificada para mantemento e ampliación de carteira de clientes, disponibilidade inmediata e capacidade de xestión.


Tfno. 615076525

OBRADOIRO DE PRIMEIROS AUXILIOS


                                                                                                      
Organiza: Concello de O Vicedo e colaboración coa Consellería de Sanidade e a Escola Galega de saúde para cidadáns

Lugar de celebración: Casa da Cultura de O Vicedo.

Data: 27 de novembro de 2013.

Horario: 16:30-20:30 horas.

Coste: gratuito.

Obrigatorio inscribirse en: Casa da Cultura. Oficina Axente de emprego e desenvolvemento local. Tlf.: 982590195, ou directamente na seguinte páxina web : http://feweb-fegas.sergas.es/FEWEB/ListadoActividadesCidadans.aspx?IdPaxina=70512&pagina=3&bloq=1

Obxectivos: Adquirir coñecementos básicos sobre manexo de situacións que requiran actuación de primeiros auxilios básicos.

Programa:
Atención inicial en situacións de urxencia máis habituais:
-          Cómo chamar ó 061?
-          Asistencia inicial ante un traumatismo: Feridas e Hemorraxias.
-          Convulsións, crise epiléptica.
-          Dificultade respiratoria: ansiedade, crise asmática, etc.
-          Dor torácica.
-          Queimaduras: escaldadura
-          Perda de coñecemento: Síncope, coma…
-          Diabete: Hipoglucemia.
-          Reaccións alérxicas.
-          Picaduras, mordeduras.
-          Reanimación cardiopulmonar básica: atragantamento, recoñecemento dunha PCR.

Dirixido a:
Pacientes, familiares de pacientes, coidadores,  cidadáns en xeral.

Impartido por persoal do 061 e entrégase certificado acreditativo ás persoas inscritas que asistan o obradoiro.



viernes, 4 de octubre de 2013

OFERTA DE EMPREGO DA EMPRESA SEAGA PARA EXTINCIÓN DE INCENDIOS

Ata o próximo día 31 de outubro está aberto o prazo para actualización de méritos e novas inscricións nas listas de contratación da empresa pública SEAGA, que actualmente contrata persoal para as brigadas de extinción de incendios forestais durante o verán. Os requisitos varían según as categorías e a documentación a presentar sería, con carácter xeral:


- Fotocopia cotexada do DNI

- Fotocopia cotexada do título esixido para cada categoría.

- Declaración de non ter sido separado mediante expediente disciplinario da prestación de servizos para a empresa SEAGA.

- Certificado médico (un por categoría).

- Fotocopia cotexada do carné de conducir si é o caso.

- Documentación acreditativa dos méritos.

- Fotocopia cotexada da acreditación do coñecemento da lingua galega.

- Vida laboral actualizada.

- Certificado de empadroamento.

- Si é o caso, copia cotexada da acreditación da minusvalía.

Para máis información e inscricións: axente de emprego e desenvolvemento local, Dña. Manuela Domínguez Bermúdez, con oficina sita na casa de cultura. Ou a través da páxina web da empresa seaga: http://www.epseaga.com (apartado ofertas de emprego)