miércoles, 18 de diciembre de 2019

PROGRAMA PRENDE! BOTA RAICES NO RURAL DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

A finalidade deste programa é a de contribuír a mellora da empregabilidade mediante a formación a través da Medida 8.2.3.1, “ GENERATE TU EMPLEO EN EL RURAL” consistindo na financiación dos custos directos de formación en materia de autoemprego e creación de empresas, así coma de formación  especifica en materias de sectores concretos: hostalaría e turismo, enerxía e auga, agricultura e gandería e medioambiente, por considerarse estes sectores emerxentes e de gran potencialidade na nosa provincia.


As actividades e prazas ofertadas son as que se relacionan  no seguinte cadro, en cada unha delas impartirase unha formación concentrada nos aspectos básicos e fundamentais mais valorados polas empresas de cada unha das especialidades a impartir de 50 horas, atendo as recomendacións das asociacións sectoriais coñecedores das necesidades do mesmo dentro da provincia, e outras 50 horas adicadas a xestión da empresa, parte fundamental de cara o futuro empredemento ou o traballo por conta allea, xa que o coñecemento xeral de xestión do funcionamento interno dunha empresa é básico para desempeñar calquera posto dentro dunha empresa.
ACTIVIDADE
HORAS
DÍAS
PRAZAS OFERTADAS
CENTRO
Hostaleria e turismo
100
20
14
1.SUR*
Enerxía e auga
100
20
13
2.A MARIÑA*
Agricultura e gandaría
100
20
8
3.CENTRO*
Medio ambiente
100
20
15
4.MONTAÑA*
Autoemprego
50
10
9
5.***
*Celebrarase no concello máis céntrico en función dos beneficiarios seleccionados.
*** Celebrarase no lugar onde se concentre a maioría dos beneficiarios para evitar desprazamentos.

 No caso de que non existan suficientes solicitudes nas zonas referidas, a formación poderá ter lugar nunha zona distinta a mencionada para cada unha das actividades anteriormente propostas.

DESTINATARIOS 
Está dirixida aqueles mozos e mozas que desexen participar na formación dalgunha das materias específicas propostas que queiran asentar a súa vivenda nalgún concello dos participantes definidos no Anexo I destas bases, e cumpran cos requisitos seguintes:

  • Mozos e mozas maiores de 16 e menores de 30 anos no momento da solicitude. Para o caso de cumprir os 30 anos en breve , poderá ser destinatario destas axudas sempre e cando inicie a súa participación no programa antes de que transcorran 4 meses dende o seu cumprimento, neste caso especifico poderá finalizar a participación no mesmo.
  • Estar inscritos no ficheiro do sistema nacional de garantía xuvenil.
  • E obriga indispensable que os mozos e mozas beneficiarios de calquera medida estean empadroados durante o período de vixencia da subvención nalgún dos municipios definidos no artigo 2 do Real Decreto 1234/2018, de 5 de outubro, e recollidos no Anexo I – Listaxe Concellos desta convocatoria.
  • Non estar incurso/a en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario/a recollidas nos apartados 2 e 3 do artigo 13 da Lei 38/2003, de novembro, xeral de subvencións en concordancia coa Lei 9/2007 de xuño, de subvencións de Galicia.
  • PRAZOS DE PRESENTACIÓNO prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles dende o seguinte a publicación da convocatoria do presente programa no BOP, previa publicación no Base de Datos Nacional de Subvencións. Inicio do prazo: 17/12/2019 e fin do prazo: 09/01/2020.

jueves, 5 de diciembre de 2019

AXUDAS PARA A MELLORA DAS INFRAESTRUTURAS DOS ESTABLECEMENTOS TURÍSTICOS DE ALOXAMENTO E RESTAURACIÓN

RESOLUCIÓN DA AXENCIA DE TURISMO DE GALICIA POLA QUE SE CONVOCAN SUBVENCIÓNS PARA ACTUACIÓNS DE MELLORA DAS INFRAESTRUTURAS DOS ESTABLECEMENTOS TURÍSTICOS DE ALOXAMENTO E RESTAURACIÓN DA CCAA DE GALICIA E SE ESTABLECE A SÚA CONVOCATORIA PARA O ANO 2020

. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a mellora da infraestrutura turística da Comunidade Autónoma de Galicia mediante a incentivación para a mellora das infraestruturas dos establecementos de aloxamento turístico e de restauración da Comunidade Autónoma de Galicia (TU503A). En concreto, son actuacións subvencionables as que se realicen en calquera dos seguintes tipos de establecementos turísticos:
a) Os establecementos hoteleiros, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural e albergues turísticos, de acordo co artigo 55.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro.
b) As empresas de restauración que se enmarquen dentro do grupo I do artigo 77 da Lei 7/2011, do 27 de outubro.
2. Consideraranse actuacións subvencionables todas aquelas que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2020.
3. En concreto, poderán ser obxecto de subvención, de conformidade co que se establece nesta resolución, os seguintes investimentos:
3.1. Actuacións destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.
3.2. Obras destinadas á mellora das instalacións coa finalidade de obter certificacións de calidade, en especial o Q de Calidade Turística.
3.3. Actuacións destinadas á adaptación ás modificacións normativas e á mellora da clasificación do establecemento que supoñan un incremento de categoría.
3.4. Actuacións de renovación e modernización das instalacións e embelecemento da contorna da instalación.
3.5. Equipamentos mobles necesarios para o funcionamento.
3.6. Actuacións de mellora da climatización que favorezan a sustentabilidade coa implementación de medidas de aforro enerxético.
4. O investimento neto admitido será de ata 100.000 euros. No caso de que o orzamento de execución do proxecto presentado coa solicitude de subvención sexa superior ao dito límite, requirirase o solicitante para que adapte o proxecto que se vai executar ao citado límite.
Enténdese por investimento neto o importe orzamentado unha vez deducido o imposto sobre o valor engadido.
5. Se a actuación o require, o titular deberá contar coa correspondente licenza de obras ou, se for o caso, certificado do concello de non precisar a dita licenza. A dita documentación deberá presentarse no momento da xustificación da subvención.
Gastos subvencionables .
1. Considéranse gastos subvencionables os investimentos netos en que incorrese a entidade solicitante como consecuencia da realización de proxectos acordes cos requisitos e criterios indicados.
2. Ademais dos gastos de obra vencellados coa execución do proxecto, serán gastos subvencionables os servizos profesionais vinculados ao proxecto, como honorarios técnicos de redacción do proxecto e de dirección de obra. Os honorarios técnicos non serán superiores ao 6 % do investimento neto admitido.
3. Non son gastos subvencionables aqueles conceptos que non estean directamente relacionados coa actuación subvencionable e, en ningún caso, os seguintes:
a) Adquisición de terreos, edificacións, locais e elementos de transporte.
b) Gastos correntes da empresa e a adquisición de material non inventariable, como menaxe de cociña e comedor (vaixela, xogo de cubertos, cristalaría e pequenos utensilios).
c) Obras de mantemento do establecemento, entendendo por tales as que se realizan periodicamente para manter a edificación en perfecto uso (limpeza de canalóns, pintura, arranxos de carpintaría, ...).
d) Seguros, taxas por autorizacións administrativas, licenzas ou similares.
e) Gastos de conectividade.
f) Activos adquiridos mediante leasing ou renting nin os que fosen fabricados, realizados ou desenvolvidos pola entidade solicitante.
4. En ningún caso serán obxecto de subvención os gastos de xuros debedores en contas bancarias, os derivados de recargas e sancións administrativas e penais. Os tributos serán gasto subvencionable cando a persoa beneficiaria da subvención os aboe efectivamente. En ningún caso se subvencionarán os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.
5. Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas na normativa de contratos do sector público para os contratos menores (40.000 euros no caso de obras e 15.000 euros no caso de subministracións, excluído en ambos os dous casos o IVE), o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación da obra, ou a adquisición do ben, agás que polas especiais características dos gastos non exista no mercado un número suficiente de entidades que as realicen ou subministren, ao abeiro do disposto no artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Cando a oferta elixida non recaia na proposta económica máis vantaxosa presentarase tamén unha memoria xustificativa da elección realizada.

Fin prazo solicitude: 30/12/2019