jueves, 29 de diciembre de 2011

OFERTA DE EMPREGO

Empresa de Servizos de internet rural vía satélite necesita COMERCIAL A PÉ DE RÚA para o concello de O Vicedo. Buscan unha persoa responsable con don de xentes, que dispoña de vehículo propio.

A data prevista de inicio sería o próximo día 9 de xaneiro, cun período de proba de 11 días.


Para máis información contactar con Pablo, chamando ó 986167500.

FORMACIÓN DE ADULTOS

Trala convocatoria da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de axudas os concellos para a formación de adultos, o concello de O Vicedo abre un prazo de solicitude para a inscrición de tódolos interesados/-as en este tipo de formación.


O obxectivo final sería si se consigue un número mínimo de alumnos/-as, a organización de clases preparatorias, para maiores de 18 anos, que desexen presentarse as probas extraordinarias que convoca a Consellería de Educación, nos meses de xuño e setembro, para a obtención do Título de graduado en educación secundaria (ESO), superior o graduado escolar.


Os interesados/-as poden inscribirse pasando pola Casa da Cultura de O Vicedo, oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, ou chamando ó 982590195, antes do próximo 19 de xaneiro do 2012.

martes, 20 de diciembre de 2011

AXUDAS PARA O ACCESO A INTERNET NOS FOGARES GALEGOS

A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica pon en marcha un programa de axudas para que as familias galegas con menos recursos económicos poidan acceder a Internet nos seus fogares.


Beneficiarios das axudas: Os beneficiarios destas axudas serán as familias residentes en Galicia, que teñan unha renda per cápita igual ou inferior a 9.000 € e que soliciten unha nova alta de acceso aos operadores R e Telefónica como entidades colaboradoras na iniciativa. Para poder acceder á subvención, será condición obrigatoria que no domicilio non houbese contratada ningunha conexión a Internet no momento de efectuar a solicitude nin polo menos nos tres meses anteriores á publicación da convocatoria de axudas. Os interesados en acollerse a estas axudas poderán tramitalas a través dos operadores a partir do 2 de xaneiro.


Importe e tramitación das axudas: o programa establece a concesión dunha única subvención por unidade familiar do 40% do custe da tarifa mensual de conexión a Internet a partir do segundo mes de servizo e ata completar un ano, cunha contía máxima de 180€ e condicionado á permanencia no servizo durante ese período. A alta de liña e o importe dunha cota mensual será asumido pola entidade colaboradora.
As operadoras de telecomunicación colaboradoras, R e Telefónica, serán as encargadas da tramitación das axudas.

lunes, 19 de diciembre de 2011

OFERTAS DE EMPREGO

Ofertas de emprego publicadas en internet na páxina de infojobs. Para máis información e inscricións: www.infojobs.net


* Necesítase un electrohidráulico para importante empresa ubicada na zona da Mariña. Selecciona FORSEL Grupo Norte ETT. Necesaria titulación de FP Mecanizado ou similar.


* Seleccionan docente para impartir un curso de xestión administrativa e recursos humáns na zona de Viveiro e Ferrol. Necesaria: titulación en ciencias empresariais, experiencia de polo menos 2 anos na administración, experiencia docente de 600 horas como mínimo, CAP ou curso de formador de formadores.

* Compañía de seguros de vida e productos financeiros: Previsión sanitaria nacional, precisa ASESOR COMERCIAL para a zona da Mariña.

lunes, 5 de diciembre de 2011

RECOÑECEMENTO DA EXPERIENCIA LABORAL

Ata o próximo día 31/12/2011 está aberto o prazo de solicitude para o recoñecemento da experiencia profesional en Atención sociosanitaria a persoas en domicilio, Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais e de Confección e mantemento de redes e aparellos.

A Consellería de Traballo e Benestar realiza unha convocatoria co fin último de recoñecer a experiencia laboral ou outra formación a través da obtención si procede do correspondente certificado de profesionalidade.

Requisitos:
-Posuír nacionalidade española.
- Ter 18 anos cumpridos para as unidades de competencia de nivel I e 20 para os niveis II y III.
- Ter experiencia laboral ou formación.
* Mínimo 3 anos, ou 2.000 horas nos últimos 10 anos para as unidades de nivel II. Mínimo 2 anos, ou 1.200 horas traballadas nos últimos 10 anos para os de nivel I.
* No caso de formación non formal: xustificar polo menos 300 horas nos últimos 10 anos nas unidades de nivel II e 200 horas nas de nivel I

jueves, 1 de diciembre de 2011

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral mediante concurso-oposición dunha AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO, a xornada completa.


Deben cumprirse os seugintes requisitos:
-Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, de 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.
- Ter cumprido os 16 anos e non superar a idade establecida para a xubilación forzosa.
-Dispor de vehículo e carné de conducir B1 ou vehículo que facilite o traslado polo termo municipal (motocicleta, etc.)
- Estar en posesión da titulación de Estudios Primarios ou Certificado de Escolaridade ou equivalente.
- Estar en posesión de curso homologado de auxiliar de axuda a domicilio ou curso de atención socio – sanitaria a persoas no domicilio, certificado de profesionalidad ou equivalente.


O prazo de solicitude remata o día 13 de decembro ás 9:30 horas, e a selección é ese mismo día ás 10:00 horas