No enlace que aparece
a continuación, no apartado de emprego público do taboleiro de anuncios
da sede electrónica do concello, pode verse a resolución da alcaldía pola
que se aproba a lista de admitidos e excluídos definitiva para a para a selección, mediante
concurso-oposición, de DOUS PEÓNS DE MANTEMENTO DE ZONAS NATURAIS e DUN PEÓN DE
SERVIZOS MÚLTIPLES, a xornada completa,
como persoal laboral temporal, dentro do programa: "Fomento do Emprego do
Plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2018", financiado pola
da Excma. Deputación Provincial de Lugo:
Recordamoslles que as probas
de selección para tódolos postos realizarase o próximo día 12 de marzo de 2019,
na casa do concello, sita na r/Travesía da Mariña, 57: os dous peóns de
mantemento de zonas naturais ás 10:00 horas e o peón de servizos múltiples ás
12:00 horas
jueves, 28 de febrero de 2019
miércoles, 27 de febrero de 2019
CURSO USO SEGURO DO MEDICAMENTO-MOVILIZACIÓN E COIDADOS DE PERSOAS DEPENDENTES
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Centro socio-cultural, xuvenil e da terceira idade do Vicedo
DATA E HORA: 22/04/2019, de 16:30 a 20:30 h.
DIRIXIDO A: Pacientes, familiares e coidadores de persoas dependentes e cidadanía en xeral
ORGANIZADO POLO CONCELLO DO VICEDO XUNTO COA CONSELLERÍA DE SANIDADE. ESCOLA GALEGA DE CIDADÁNS.
PARA INSCRIBIRSE PODEN CONTACTAR COA AEDL DO CONCELLO DO VICEDO OU FACELO DIRECTAMENTE NO SEGUINTE ENLACE:https://extranet.sergas.es/feweb/FEWEB/ListadoActividadesCidadans.aspx?IdPaxina=70512&idioma=ga
viernes, 22 de febrero de 2019
OFERTA EMPREGO PEÓN RECOLLIDA DE LIXO
Están expostas no taboleiro de anuncios do Concello do Vicedo, as bases para a selección mediante concurso-oposición, dun/dunha peón de recollida de lixo, como
persoal laboral temporal, por un período de seis meses, a xornada
completa, sendo a data de inicio prevista o 14 de marzo de 2019.
O
prazo de presentación de instancias estará aberto desde o día 25 de febreiro de 2019, ata o día 06 de marzo de 2019. A selección
realizaráse o próximo día 07 de marzo de 2019, ás 10:00 horas, na
casa consistorial.
Máis información: contactar coa
Axente de emprego e desenvolvemento local do concello. Tlf.
982590195/982590029. Tamén se poden consultar as bases no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0
miércoles, 20 de febrero de 2019
CURSOS PREPARATORIOS DAS PROBAS PARA OBTER O CELGA 1, 2, 3 E 4
Convócanse distintos cursos presenciais e de teleformación para preparar as probas de libre para obter as certificacións de lingua galega: CELGA 1, 2, 3 e 4.
Prazo de solicitude: do 20 de febreiro ao 20 de marzo de 2019
Máis información
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190219/AnuncioG0535-060219-0001_gl.html
http://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Formacion/convocatoria_0270/convocatoria-cursos-preparatorios-das-probas-para-obter-certificados-celga-1
lunes, 18 de febrero de 2019
OBRADOIRO DE INICIACIÓN SOBRE DEMENCIAS E ALZHEIMER
OBRADOIRO
ORGANIZADO POLO CONCELLO DO VICEDO EN COLABORACIÓN COA ESCOLA GALEGA DE
CIDADÁNS DO SERGAS
CONTIDO: Alzheimer e
outras demencias: Definición e clasificación. Síntomas e condutas. Evolución e
tratamento. Pautas non farmacolóxicas de intervención en síntomas psicolóxicos
e de comportamento.
OBXECTIVOS: Mellorar
a información e comprensión da enfermidade por parte dos pacientes, familiares,
cidadáns en xeral. Proporcionar aos coidadores, familiares e pacientes as
habilidades e coñecementos necesarios para mellorar a calidade de vida no
ámbito familiar. Fomentar a autonomía a todos os membros da familia.
DESTINATARIOS: Pacientes, familiares de
pacientes, coidadores e cidadanía en xeral.
DATA E LUGAR DE CELEBRACIÓN: Día 18 de marzo, de 16:00 a
20:00 horas, na Casa da Cultura do Vicedo.
PERIODO DE INSCRICIÓN: Ata o 18/03/2019. Pincha no
seguinte enlace para inscribirte: https://extranet.sergas.es/feweb/FEWEB/DetalleActividadeCidadan.aspx?CodCurso=3CB37217334FD92B20E018D7F95A8BEF&DInicio=9A54CC9B59F9B09FBCE14C5285B6C198&DLimite=B4ED07CC7F19E49C18FDDB0309142F70&EsActivo=B0774228954A144BDC125D402ACC2AD4
CAMBIO TRIBUNAL SELECCIÓN AXENTE TIC
No enlace que aparece a continuación, no apartado de emprego público do taboleiro de anuncios da sede electrónica do concello,
pode verse a resolución da alcaldía pola que se modifica a composición do tribunal para a selección dun axente TIC, a xornada parcial, como persoal laboral temporal do concello do Vicedo. A data de selección mantense segundo o previsto, terá lugar mañá día 19 de febreiro, ás 10:30 horas, na Casa da Cultura.
OFERTA DE EMPREGO AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO (37 HORAS SEMANA)
Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR,
a xornada parcial (37 horas/semana), con adscrición ao servizo
municipal de axuda ó fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de
inicio prevista o día 07 de marzo, e por un período de seis meses.
O prazo de inscrición comenza hoxe día 18/02/2019 e remata o vindeiro día 27 de febreiro, ás 9:30 horas. A selección realizarase ese mesmo día 27 de febreiro de 2019, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.
Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0
viernes, 15 de febrero de 2019
CONCELLO DO VICEDO: CONCELLO EMPRENDEDOR
O Concello do Vicedo ten a calificación de "Concello Doing Business Galicia-Concello Emprendedor", porque ten en vigor varias medidas que fomentan a implantación e fixación de empresas no seu territorio, como son as bonificacións que a continuación se detallan, todas elas para empresas de nova creación ou aquelas outras que amplíen as instalacións sempre e cando esto implique a creación de emprego:
1º) Bonificación de ata o 95% da cota íntegra do imposto a favor de inmobles urbanos (IBI urbana)
2º) Bonificación de ata o 95% da cota do imposto sobre actividades económicas.
3º) Bonificación de ata o 95% no imposto sobre construccións, instalacións e obras. Debendo manterse o emprego comprometido polo menos tres anos.
Estas bonificacións deben ser aprobadas en pleno, previa solicitude do suxeito pasivo.
Máis información no propio concello ou pinchando no seguinte enlace: http://www.deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/Documentos/0_17936_1.pdf#page=73
jueves, 14 de febrero de 2019
LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS SELECCIÓN DUN AUXILIAR DE INFORMACIÓN TURÍSTICA. PROGRAMA FOMENTO DO EMPREGO 2018 DO PLAN PROVINCIAL ÚNICO DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS, FINANCIADO POLA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
No enlace que aparece a continuación, no apartado de emprego público do taboleiro de anuncios da sede electrónica do concello,
pode verse a resolución da alcaldía pola que se aproba a lista de
admitidos e excluídos definitiva para a selección dun Auxiliar de información turística, como persoal laboral do concello do Vicedo, a xornada completa, ao abeiro do programa "Fomento do emprego 2018. Plan único de cooperación cos concellos" da Excma. Deputación Provincial de Lugo.
Recordamoslles que a proba de selección realizarase o próximo día 20 de febreiro de
2019, ás 10:00 horas, na Casa da Cultura de O Vicedo, sita na r/Cidade
de Mondoñedo, 23.
OFERTAS DE EMPREGO PARA A SELECCIÓN DE DOUS PEÓNS DE ZONAS NATURAIS E DUN PEÓN DE SERVIZOS MÚLTIPLES, DENTRO DO PROGRAMA: "FOMENTO DO EMPREGO DO PLAN PROVINCIAL ÚNICO DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS 2018”, FINANCIADO POLA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
No BOP de Lugo de hoxe día 14/02/2019 publícase o anuncio da convocatoria para a selección, mediante
concurso-oposición, de DOUS PEÓNS DE MANTEMENTO DE ZONAS NATURAIS e DUN PEÓN DE
SERVIZOS MÚLTIPLES, a xornada completa, como persoal laboral temporal, dentro do programa:
"Fomento do Emprego do Plan Provincial Único de Cooperación cos concellos
2018", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo.
Como o prazo de inscripción é de 10 días naturais contados a partir da
dita publicación, comenza mañá día 15/02/2019 e ata o día 25/02/2019 (por ser o día 24 inhábil).
Para máis información
ou consulta das bases contactar coa axente de emprego e desenvolvemento local
do Concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0
martes, 12 de febrero de 2019
LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS PROCESO DE SELECCIÓN DUN AXENTE TIC. ANO 2019
No enlace que aparece a continuación, no apartado de emprego público do taboleiro de anuncios da sede electrónica do concello, pode verse a resolución da alcaldía pola que se aproba a lista de admitidos e excluídos definitiva para a selección do axente TIC, así como a designación do tribunal e a data e hora na que se realizarán as probas.
A proba de selección realizarase o próximo día 19 de febreiro de 2019, ás 10:30 horas, na Casa da Cultura de O Vicedo, sita na r/Cidade de Mondoñedo, 23.
lunes, 11 de febrero de 2019
OFERTAS DE EMPREGO VARIAS
Cervo: Deseñador/a gráfico para
desenvolver a ocupación na empresa PORCELANA DE SARGADELOS na localidade de
Cervo GALEJOBS. http://www.galejobs.com/empleo
Viveiro: Esteticista con
experiencia para desenvolver a ocupación na empresa BEAUTY BY CAROLINA DURAN
ubicada na localidade de Viveiro INFOJOBS. http://www.infojobs.net/ofertas-trabajo
Viveiro: Enfermeiro/a de Centro
Residencial para desenvolver a ocupación na empresa DOMUSVI-ZONA NORTE na
localidade de Viveiro INFOJOBShttp://www.infojobs.net/ofertas-trabajo
Viveiro: Torneiro/a-fresador/a
para desenvolver a ocupación nunha empresa na localidade de Viveiro INFOJOBS. http://www.infojobs.net/ofertas-trabajo
rtisements
LISTA DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS PROVISIONAL SELECCIÓN DUN AUXILIAR DE INFORMACIÓN TURÍSTICA. PROGRAMA FOMENTO DO EMPREGO 2018 DO PLAN PROVINCIAL ÚNICO DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS, FINANCIADO POLA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
Publicouse no día de hoxe 11/02/2019
a lista de admitidos e excluidos provisional en relación
coas bases para a selección, mediante oposición, dun AUXILIAR DE
INFORMACIÓN TURÍSTICA, a xornada completa, como persoal laboral temporal,
dentro do programa: "Fomento do Emprego do plan Provincial Único de
Cooperación cos concellos 2018", financiado pola da Excma. Deputación
Provincial de Lugo, ao abeiro das bases publicadas no BOP de Lugo de 3 de marzo
de 2018, con adscrición ao servizo municipal de turismo
As probas e valoración de méritos
terán lugar o día 20 de febreiro de 2019, ás 10:00 horas, no Centro
Sociocultural, Xuvenil e da Terceira idade do Vicedo, sita na rúa Cidade de
Mondoñedo, nº 23 O Vicedo (Casa da Cultura).
Para máis información ou consulta
das listas contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello
do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.
( Ir a taboleiro de anuncios, pinchar no + para ver toda a información)
jueves, 7 de febrero de 2019
AXUDAS VIVENDAS DO INSTITUTO GALEGO DE VIVENDA E SOLO
No DOG do 05/02/2019 o Instituto Galego de Vivenda e Solo convoca os seguintes programas:
Préstamos para rehabilitación
Préstamos para rehabilitación
No caso dos préstamos para rehabilitación, trátase de créditos que se concederán a persoas físicas con ingresos que non superen 6,5 veces o Iprem, e con destino á rehabilitación de vivendas. As entidades financeiras Abanca, Caixa Rural Galega, CaixaBank e Banco de Sabadell serán as encargadas de conceder estes préstamos, cun importe máximo de 30.000 ou 60.000 euros, dependendo de que a garantía dos mesmos sexa persoal ou hipotecaria.
A Xunta subsidiará os xuros do préstamo en función dos ingresos dos beneficiarios:
Ingresos
|
Subsidiación máxima
|
Duración máxima da subsidiación
|
Menor ou igual a 4
|
100 % dos xuros
|
48 meses
|
Maior de 4 e menor de 5,5
|
80 % dos xuros
|
36 meses
|
Maior de 5,5 e menor de 6,5
|
Sen subsidiación
|
Duración do préstamo
|
Estas axudas poderán solicitarse ata o 15 de outubro deste ano e a convocatoria está dotada dun total de 204.405 euros.
Programa Rehaluga
Programa Rehaluga
O Rehaluga é outra liña de subvencións dirixida a propietarios de inmobles adheridos ao Programa de Vivendas Baleiras co fin de axudalos a costear a realización de obras de rehabilitación e mellora nas súas vivendas.
O importe da axuda suporá o 100% do custo das actuacións executadas, cun límite de 8.000 euros por vivenda. Cómpre salientar que o importe máximo da axuda se incrementa de forma notable na convocatoria deste ano, xa que pasa de 4.000 euros por vivenda en residencial colectivo ou 5.500 para vivendas unifamiliares fixado na anterior convocatoria, aos 8.000 euros da actual.
A axuda poderá solicitarse ata o próximo 29 de novembro e a convocatoria está dotada en total cunha partida de 100.000 euros.
Vivendas de mestres
O programa de rehabilitación de vivendas de mestres, doutros oficios e demais edificios e vivendas de titularidade municipal está dirixido a facilitar aos concellos a creación dun parque público propio de vivenda para alugueiro, ao tempo que fomenta a rehabilitación de construcións xa existentes.
Poden acceder a estas axudas os municipios de menos de 20.000 habitantes nos que existan demandantes inscritos no Rexistro de Demandantes de Vivenda de Galicia (polo menos, tantos como vivendas se pretende rehabilitar). Unha vez rehabilitadas, as vivendas destinaranse, en réxime de aluguer, a unidades de convivencia con escasos recursos económicos (menos de 2,5 IPREM) durante un prazo non inferior a 20 anos.
O concello solicitante deberá estar adherido ao Programa de Vivendas Baleiras ou en trámite de adhesión e as vivendas rehabilitadas adxudicaranse conforme a este programa.
A axuda ascenderá ao 90% do custo da actuación, co límite de 40.000 euros por vivenda, que se incrementan ata os 48.000 euros se as vivendas están emprazadas en ámbitos históricos ou dos Camiños de Santiago.
A axuda poderá solicitarse ata o próximo 31 de maio. A convocatoria conta cunha dotación de 1.761.135 euros, o que supón máis do dobre do crédito disposto na primeira convocatoria realizada no ano 2017 (850.000 €) e un 86% máis que na do ano pasado (948.332 €).
Infravivenda
Por último, o programa de infravivenda prevé axudas para a rehabilitación de inmobles destinados a vivenda que non reúnen uns requisitos mínimos de habitabilidade e estean emprazados en concellos de menos de 10.000 habitantes.
O inmoble poderá ser propiedade dos seus residentes ou do concello, pero en ambos casos a axuda debe solicitala a entidade local.
martes, 5 de febrero de 2019
PROGRAMA TECENDO EMPREGO DA EXCMA. DEPUTACION PROVINCIAL DE LUGO
Ata o 15 de febreiro está aberto o prazo para inscribirse na selección de 56 postos de traballo para entidades sociais de toda a provincia, as cales se lles subvenciona a contratación de traballadores/-as a través deste programa tecendo emprego
Máis información:
http://www.deputacionlugo.gal/gl/node/70818
http://deputacionlugo.gal/gl/temas/emprego/tecendo_emprego/candidatos
lunes, 4 de febrero de 2019
PROBA DE LIBRE PARA A OBTENCIÓN DO BACHALER
Publicada no DOG de 30/01/2019 a Resolución do 10 de xaneiro de 2019, da Dirección Xeral
de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se
convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de
vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización.
O prazo de presentación das solicitudes será entre o 25 de febreiro e o 11 de marzo de 2019.
Máis información: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/26900
Suscribirse a:
Entradas (Atom)