miércoles, 29 de mayo de 2019

OFERTA DE EMPREGO

Centro de alojamiento estival para personas con discapacidad, ubicado en el Paseo Marítimo de Covas – Viveiro.

Se necesitan:

- Auxiliares de atención sociosanitaria en instituciones y o a domicilio ( junio y julio).
- Monitores de ocio y tiempo libre ( junio y julio).
- Una cocinera para el mes de junio.

Los horarios pueden ser jornada intensiva, jornada partida diurnas.
Enviar curriculum a: nuria.ocio@evdgalicia.com

lunes, 27 de mayo de 2019

AXUDAS AO SECTOR AGRÍCOLA E/O GANDEIRO NA PROVINCIA DE LUGO. ANO 2019. CONVOCADAS POLA EXCELENTISIMA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO


-          Prazo de solicitude: Ata o 7 de Xuño.

-          Obxeto: Coa finalidade de recuperación de terreos abandonados e incremento da superficie adicada aos cultivos, contribuindo o asentamento de poboación no medio rural.


-          Beneficiarios: Gandeiro/a ou agricultor/a individual; sociedades agrarias de transformación; persoas xurídicas que ostenten a titularidade de explotacións; persoas físicas ou xurídicas que asuman o compromiso da súa incorporación agricultura ou gandería; comunidades de bens e sociedades civís que sexan titulares de explotacións agrícolas e gandeiras.

-          Para poder ser beneficiarios da subvención será preciso dispor dunha superficie mínima de unha hectárea para a súa posta en produción, podendo ser nunha única parcela, varias ou parte dunha maior superficie (pode ser en propiedade, aluguer ou cesión)

-          A superficie a incorporar pode ser en concepto de propiedade, aluguer, cesión ou calquera outro instrumento xurídico que confira o dereito de uso do ben.

(No caso de aluguer ou cesión, deberase presentar un documento donde coincida o nome do arrendatario co nome que apareza no Catastro)

Os beneficiarios deberán comprometerse a ter en produción ou funcionamento o ben para o que se lle concede a subvención por un periodo de cinco anos.

-          Serán subvencionables aqueles que de xeito indubitado respondan a natureza da actividade subvencionada e resulten estritamente necesarios.
(No caso de contratar unha empresa, deberase presentar as facturas que o xustifiquen. Se fora por medios propios, facer unha estimación de polo menos das horas dedicadas o desbroce, gradeo ou arado).

-          Contía de axuda: 100.000€
500€ por hectárea, (sen IVE)
Máximo de hectáreas subvencionables: 18 hectáreas.
 


jueves, 23 de mayo de 2019

AXUDAS CONCILIACIÓN PARA AUTÓNOMOS/AS



Esta Orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas cales se rexerá a convocatoria pública das axudas a persoas traballadoras por conta propia ou autónomas que unha vez finalizada o seu período de descanso por nacemento contraten unhapersoa no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Estas bases fixan os criterios e requisitos para a concesión de axudas a persoastraballadoras por conta propia ou autónomas que unha vez finalizado o seu período de descanso por nacemento contraten unhapersoa para ampliar a súa conciliación da vida familiar e laboral.
Con esta axudapermitirase que a persoatraballadora por conta propia obteñaunha compensación para a contratación dunhapersoa durante un período máximo dun ano, para favorecer a conciliación da súa vida persoal e laboral e facilitar a continuidade do seuproxecto empresarial.

Serán subvencionables as contratacións que se realicen cunha duración mínima de seis meses e que se inicien entre o 1 de outubro de 2018 e o 30 de setembro de 2019.

As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables presentaranse desde o día seguinteao da data depublicacición desta orde no Diario Oficial de Galicia, desde o 17/05/2019 e ata o 30/09/2019

AXUDAS Á AGRICULTURA




Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas e convocar para o ano 2019 as seguintesliñas de axudaincluídas no Program de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, en réxime de concorrencia competitiva:
a)      Medida 4. Investimentos en activos físicos.
a.      Submedida 4.1. Apoioaos investimentos nasexplotacións agrícolas (plans de melloranasexplotacións agrarias.
b)     Medida 6. Desenvolvemento de explotacións agrícolas e empresariais.
a.      Submedida 6.1. Creación de empresas para as persoas agricultoras mozas (menor de 40 anos no momento da solicitude)
b.      Submedida 6.3. Creación de empresas para o desenvolvemento de pequeñas explotacións.

Estas liñasteñen como finalidade:
a)      Incrementar a competitividade e o rendemento global das explotacións mediante a súa modernización.
b)      Asegurar a competitividade e a continuidade do tecido agrario.
As solicitudes presentaranse en modelo normalizado preferiblemente por vía electrónica. A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas. O prazo será dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia, remata o día 20 de xuño de 2019

martes, 21 de mayo de 2019

OFERTA DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN DE SEIS SOCORRISTAS PARA O VERÁN 2019

O Concello do Vicedo presentou a correspondente oferta para a contratación de 6 SOCORRISTAS, subvencionados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, ao abeiro da Orde do 12 de decembro de 2018.
Requisito imprescindible estar desempregado e inscrito na oficina de emprego, e carecer de ocupación según informe de vida laboral, tanto no momento da selección como no da incorporación.
Para máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local ou directamente coa oficina de emprego.

Pode consultar as bases de selección no seguinte enlace:
 http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

FORMACIÓN ACTIVIDADES PROMOCIÓN AUTONOMIA PERSOAL E ATENCIÓN A PERSOAS EN SITUACIÓN DE DEPENDENCIA


CURSOS DE FORMACIÓN SECTOR TURÍSTICO


martes, 14 de mayo de 2019

PROGRAMA MULLERES CREANDO NO RURAL

Si estás interesada podes reservar praza ven a través do correo electrónico que aparece no cartel ou poñéndote en contacto coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, chamando ao 982590029 ou 982590195

lunes, 13 de mayo de 2019

OFERTA DE EMPREGO 5 PEÓNS DE PROTECCIÓN DO AMBIENTE E ESPACIOS NATURAIS

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello os bases de selección para a contratación, mediante oposición, de 5 PEÓNS DE PROTECCIÓN DO AMBIENTE E ESPACIOS NATURAIS, a xornada completa, sendo a data de inicio o 10 de xuño e a de término o 09 de setembro de 2019.

O prazo de solicitude comenza o día 14 de maio de 2019 e remata o día 23 de maio de 2019. A proba de selección realizarase o día 28 de maio de 2018, ás 10:00 horas na Casa consistorial.
 
 Máis información e inscricións: pasando pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, ou pinchando no seguinte enlace: http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

OFERTA AUXILIAR ADMINISTRATIVO CON ADSCRICIÓN A SECRETARÍA-INTERVENCIÓN

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR ADMINISTRATIVO, a xornada completa, con adscrición á Secretaria-Intervención do concello do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 10 de  xuño, e por un período de seis meses.

O prazo de inscrición iniciase o próximo día 14 de maio e remata o 23 de maio de 2019
. A selección realizarase o día 27 de maio de 2019, a partir das 11:30 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

OFERTA DE EMPREGO AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR (20 HORAS/SEMANA)

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (20 horas/semana), con adscrición ao servizo municipal de axuda ó fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 12 de  xuño, e por un período de seis meses.

O prazo de inscrición iniciase o próximo día 14 de maio e remata o 23 de maio de 2019
. A selección realizarase o día 27 de maio de 2019, a partir das 11:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

lunes, 6 de mayo de 2019

OFERTA DE EMPREGO

Búscanse XESTORES DE CLIENTES para compañía de seguros. Incorporación inmediata. Zona de Vicedo e arredores. Interesados chamar ao 639292059

CURSO DE ALIMENTACIÓN E USO DA MEDICACIÓN NA DIABETE

Para inscribirse: poden facelo directamente desde o seguinte enlace https://extranet.sergas.es/feweb/FEWEB/ListadoActividadesCidadans.aspx?pagina=2&bloq=1 , ou chamando ao concello do Vicedo ao teléfono 982590195 ou 982590029 (Axente de emprego e desenvolvemento local)

jueves, 2 de mayo de 2019

XII RUTA DE PINCHOS 2019

As bases do concurso e do sorteo dos dous xamóns estarán expostas nos establecementos participantes