A empresa de traballo temporal ADECCO busca motoserristas con experiencia.
Número de vacantes: 9.
Posto estable.
Necesario poseer motoserra.
Máis información, chamando o teléfono 982213170.
jueves, 21 de febrero de 2013
OFERTA DE EMPREGO
A partir de mañá 22 de febreiro de 2013, estarán expostas no taboleiro de anuncios do concello de O Vicedo, as bases para a selección mediante concurso-oposición, dun peón de recollida de lixo, como persoal laboral temporal, a xornada completa.
O prazo de presentación de instancias comenzará mañá e remata o día 5 de marzo de 2013, ás 9:30, sendo a selección ese mismo día a partir das 13:00 horas, na casa do concello.
Para máis información e solicitudes: pasar polo concello ou pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.
OFERTAS DE EMPREGO
Ofertas de emprego publicadas na Voz de Galicia do xoves 21 de febreiro:
- Necesitan nove motoserristas para A Mariña; sector da madeira. Requisitos: experiencia no posto un mínimo de seis meses, motoserra da súa propiedade, permiso de conducir e vehículo propio. Interesados enviar currículo vitae a seguinte dirección de correo electrónico: emprego@burela.org.
- Buscan de forma urxente azafatas promotoras para Foz e Burela. Posto: promotoras en segway en Burela e Foz, para mañá día 22. Con contrato laboral. Requisitos: estatura mínima 1,70, talla 38 e idade mínima 22 anos. As xovenes interesadas deben contactar no día de hoxe cos responsables da Bolsa de Emprego Municipal de Burela.
miércoles, 20 de febrero de 2013
RECOÑECEMENTO DA EXPERIENCIA PROFESIONAL NAS ESPECIALIDADES DE SOCORRISMO E INFORMACIÓN XUVENIL
Do 1 ó 30 de marzo está aberto o prazo para o procedemento de recoñecemento da experiencia profesional nas seguintes especialidades:
- INFORMACIÓN XUVENIL: 100 prazas
- SOCORRISMO EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS: 200 prazas
- SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS ACUÁTICAS: 200 prazas
PRINCIPAIS REQUISITOS:
-Posuír nacionalidade española.
- Ter 18 anos cumpridos para as unidades de competencia de nivel I e 20 para os niveis II y III.
- Ter experiencia laboral ou formación:
* Mínimo 3 anos, con 2.000 horas traballadas nos últimos 10 anos para as unidades de nivel 2 e 3.
* No caso de formación non formal: xustificar polo menos 300 horas nos últimos 10 anos nas unidades de nivel 2 e 3.
- Non estar matriculados ou cursando simultaneamente un curso de formación profesional inicial ou para o emprego conducente á acreditación das unidades de competencia en que soliciten a súa inscrición.
DOCUMENTACIÓN NECESARIA:
- Vida laboral.
- Contratos de traballo ou certificado de empresa onde se indiquen as funcións desenvolvidas.
- Cursos de formación relacionados coa materia.
Para máis información e inscricións contactar coa axente de emprego e desenvolvemento local, con oficina sita na Casa da Cultura.
martes, 19 de febrero de 2013
CURSOS DA RAMA FORESTAL ORGANIZADOS POLA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
A Excma. Deputación Provincial de Lugo próximamente organizará na zona da Mariña Lucense distintos cursos da rama forestal dentro do Plan Integral Forestal, co que se pretende impulsar o desenvolvemento económico do sector.
Os cursos impartiranse de forma presencial, a distancia ou on-line, e haberá dous niveis: incial e avanzado, nas seguintes modalidades:
- Xestión forestal sostible.
- Aplicación práctica da selvicultura para a mellora forestal.
- Inventario e evaluación de recursos forestais e do medio natural.
- Caracterización e restauración de ecosistemas.
- Curso de certificación forestal.
A inscrición comenzará o día 25 de febreiro e a selección será en rigorosa orde de recepción. A ficha de inscrición deberá ser remitida por correo electrónico e estará dispoñible na páxina web da Deputación a partir do 21 de febreiro.
Ditos cursos son totalmente gratuitos para os almunos, pero non se lles aboará aos alumnos os posibles gastos nos que incorran por asistir aos cursos.
Están dirixidos a distintos colectivos: desempregados, ocupados, pequenos propietarios, técnicos, etc.
Máis información:
Nos taboleiros de anuncios da Casa da Cultura poden consultar o programa dos distintos cursos, e outra información pasando pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local.
viernes, 15 de febrero de 2013
LISTA DEFINITIVA CONVOCATORIA PRAZA AXENTE TIC
No enlace que aparece a continuación, no apartado de emprego público do taboleiro de anuncios da sede electrónica do concello,
pode verse a resolución da alcaldía pola que se aproba a lista de
admitidos e excluídos para a selección do axente TIC, así como a
designación do tribunal e a data e hora na que se realizarán as probas.
http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0;jsessionid=1ody3qhqknzsb
O
exercicio realizarase o próximo día 20 de febreiro de 2013, ás 10:30 horas, na
Casa da Cultura de O Vicedo, sita na r/Cidade de Mondoñedo, 23.
lunes, 11 de febrero de 2013
LISTA ADMITIDOS E EXCLUÍDOS SELECCIÓN AXENTE TIC
No enlace que aparece a continuación, no apartado de emprego público do
taboleiro de anuncios da sede electrónica do concello, está publicada a
resolución pola que se establece a lista de admitidos e excluídos para
participar no proceso de selección do axente TIC:
http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0;jsessionid=rghmhoo0o6xo
Aquelas persoas que presenten alegacións nun rexistro distinto ó do concello de O Vicedo, deberán adelantar o escrito por fax ó número 982590001.
http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0;jsessionid=rghmhoo0o6xo
Abrése a partir do día da data un prazo de dous días hábiles para presentar as alegacións que estimen oportunas. Nota: mañá martes 13 de febreiro considerarase inhábil neste concello por festividade local.
Aquelas persoas que presenten alegacións nun rexistro distinto ó do concello de O Vicedo, deberán adelantar o escrito por fax ó número 982590001.
miércoles, 6 de febrero de 2013
CURSOS DA RAMA FORESTAL QUE ORGANIZA A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
A continuación, aparece un enlace con información sobre cursos da rama forestal que está previsto que organice a Excma. Deputación Provincial de Lugo na zona da Mariña:
http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/p_20_contenedor1.jsp?seccion=s_fnot_d4_v1.jsp&contenido=20329&tipo=8&nivel=1400&layout=p_20_contenedor1.jsp&codResi=1&language=gl&level=1
Está previsto que o prazo de inscrición se abra na semana do 25 de febreiro.
http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/p_20_contenedor1.jsp?seccion=s_fnot_d4_v1.jsp&contenido=20329&tipo=8&nivel=1400&layout=p_20_contenedor1.jsp&codResi=1&language=gl&level=1
Está previsto que o prazo de inscrición se abra na semana do 25 de febreiro.
martes, 5 de febrero de 2013
CONVOCATORIA DE PROBAS PARA OBTENCIÓN DO TÍTULO DE BACHILLER
No enlace que aparece a continuación encontrará información sobre a convocatoria de probas para obter o título de bachiller por libre, para maiores de 20 anos:
http://www.edu.xunta.es/web/node/8550
O prazo de inscrición estará aberto do 18 ó 28 de febreiro.
Si necesita axuda para a solicitude ou máis información pode contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local, con oficina sita na Casa da Cultura do Vicedo.
viernes, 1 de febrero de 2013
OFERTA DE EMPREGO
Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, de UNHA AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO, a xornada parcial (19 horas/semana), durante 3 meses.
Deben cumprirse entre outros os seguintes requisitos:
-Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, de 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.
- Ter cumprido os 16 anos e non superar a idade establecida para a xubilación forzosa.
-Dispor de vehículo e carné de conducir B1 ou vehículo que facilite o traslado polo termo municipal (motocicleta, etc.)
- Estar en posesión da titulación de Estudios Primarios ou Certificado de Escolaridade ou equivalente.
- Estar en posesión de curso homologado de auxiliar de axuda a domicilio ou curso de atención socio – sanitaria a persoas no domicilio, certificado de profesionalidad ou equivalente.
- Declaración xurada do aspirante de non haber traballado para este Concello máis de 21 meses dentro dos últimos 30 meses inmediatamente anteriores, de ser o caso, á data de inicio do contrato, sin ter en conta para o cómputo anterior o tempo transcurrido entre o 31 de agosto de 2011 e o 31 de decembro do 2012. Non se terán en conta os contratos formativos, de relevo e interinidade, a os contratos temporais celebrados no marco de programas públicos de emprego-formación, así como os contratos temporais que sexan utilizados por empresas de inserción debidamente rexistradas e o obxecto de ditos contratos sexa considerado como parte esencial dun itinerario de inserción personalizado.
O prazo de inscrición remata o vindeiro día 06 de febreiro, ás 09:30 horas. A selección realizarase ese mesmo día a partir das 10:00 na Casa Consistorial.
Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)