miércoles, 27 de marzo de 2013
AXUDAS RENOVE PARA CALDEIRAS INDUSTRIAIS
No enlace que aparece a continuación poderán encontrar máis información sobre as axudas do plan renove de caldeiras enerxéticas industriais:
http://www.inega.es/subvencions/plans_renove/renove_0010.html
martes, 26 de marzo de 2013
OFERTA DE EMPREGO
Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada completa, para sustiuir a unha das auxiliares de axuda no fogar de baixa por enfermidade. A data de inicio prevista é o día 02 de abril e ata que finalice a sustitución.
O prazo de inscrición remata o vindeiro día 01 de abril, ás 10:00 horas. A selección realizarase ese mesmo día a partir das 10:00 na Casa Consistorial.
Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.
viernes, 22 de marzo de 2013
OFERTA DE TRABALLO
ELECTROMECÁNICO para traballar en Bélgica. Trátase dun posto estable e cualificado. Requirese un FP2 de electromecánica ou mantemento, 2 anos de experiencia e bo nivel de inglés. Si a alguén lle interesa, debe chamar ó 982.21.31.70.
NOVOS CURSOS DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A PERSOAS DESEMPREGADAS
No enlace que aparece a continuación poden consultar algúns dos cursos xa aprobados dentro do plan AFD, cursos dirixidos prioritarimente a persoas desempregadas:
http://traballo.xunta.es/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/Contidos_Estandar/formacion_e_cualificacions/afd/afd2013_Lugo.pdf
AMPLIACIÓN PRAZO PROBAS CELGA
RECORDARVOS QUE SE AMPLIOU O PRAZO ATA O DÍA 8 DE ABRIL DE 2013 (INCLUSIVE) REMATA O PRAZO PARA SOLICITAR E PAGAR A TAXA PARA PRESENTARSE AS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS ACREDITATIVOS DOS NIVEIS DE LINGUA GALEGA CELGA 1, 2, 3 E 4 NO ANO 2013.
Máis información:
http://www.xunta.es/linguagalega/probas_celga
lunes, 18 de marzo de 2013
CONVOCATORIA DE EXAMES CELGA 1, 2, 3 E 4
RECORDARVOS QUE O DÍA 3 DE ABRIL DE 2013 (INCLUSIVE) REMATA O PRAZO PARA SOLICITAR E PAGAR A TAXA PARA PRESENTARSE AS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS ACREDITATIVOS DOS NIVEIS DE LINGUA GALEGA CELGA 1, 2, 3 E 4 NO ANO 2013.
Destinatarios: persoas maiores de 16 anos ou que os fagan antes de finais do ano 2013.
Datas das probas:
- Celga 4: 1 de xuño de 2013.
- Celga 2: 2 de xuño de 2013.
- Celga 3: 8 de xuño de 2013.
- Celga 1: 9 de xuño de 2013.
Máis información:
http://www.xunta.es/linguagalega/probas_celga
Destinatarios: persoas maiores de 16 anos ou que os fagan antes de finais do ano 2013.
Datas das probas:
- Celga 4: 1 de xuño de 2013.
- Celga 2: 2 de xuño de 2013.
- Celga 3: 8 de xuño de 2013.
- Celga 1: 9 de xuño de 2013.
Máis información:
http://www.xunta.es/linguagalega/probas_celga
CURSOS DA AULA CEMIT DE O VICEDO PARA NENOS E ADULTOS
ABRIL
* Alfabetización Informática para Adultos Data: 1/04 – 30/04
Hora: 19:00 – 20:00
Días: Luns Mércores e Venres
Curso onde os participantes aprenderan o manexo básico dun ordenador. Idades comprendidas entre 10 – 99 anos.
* Navegación Web para Adultos. Data: 1/04 – 30/04
Hora: 19:00 – 20:00
Días: Martes e Xoves
Curso onde os participantes adquirirán a destreza para manexarse por Internet. Idades comprendidas entre 10 – 99 anos
* Mecanografía para nenos e adultos. Data: 1/04 – 30/04
Hora: 16:00 – 17:00
Días: De Luns a Venres
Curso onde os participantes adiquirán a destreza necesaria para manexar o teclado coa posición
correcta dos dedos. Idades comprendidas entre 8 – 99 anos.
MAIO
* Como buscar ver e medir parcelas agrarias. Data: 1/05 – 15/05
Hora: 19:00 – 20:00
Dias: Martes e Xoves
Curso onde os participantes adquirirán a destreza para localizar e posicionar parcelas agrarias a
partir de datos das fincas ou do catastro. Idades comprendidas entre 18 – 99 anos
* Búsqueda de Información na rede. Data: 1/05 – 15/05
Hora: 19:00 – 20:00
Días: Luns Mércores e Venres
Curso onde os participantes adquirirán a destreza para buscar calquer tipo de información na rede
de forma rápida e sinxela a través de Google. Idades comprendidas entre 8 – 99 anos
* Dropbox (almacenamento virtual). Data: 1/05 – 15/05
Hora: 16:00 – 17:00
Días: Martes e Xoves
Curso onde os participantes adquirirán a destreza para poder subir e baixar todo tipo de arquivos a
un servidor virtual. Idades comprendidas entre 8 – 70 anos.
APÚNTATE XA! PASANDO POLA PROPIA AULA, SITUADA NOS BAIXOS DA CASA DA CULTURA, OU CHAMANDO Ó 982590195.
viernes, 15 de marzo de 2013
OFERTA DE EMPREGO
Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO, para cubrir vacacións das auxiliares de axuda a domicilio do servizo municipal de axuda no fogar. A data de inicio prevista é o día 18 de abril, e a xornada variará en función da persoa a que sustitúa.
O prazo de inscrición remata o vindeiro día 26 de marzo, ás 09:30 horas. A selección realizarase ese mesmo día a partir das 10:30 na Casa Consistorial.
Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.
OFERTA DE EMPREGO
Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO a xornada parcial (28 horas/semana).
O prazo de inscrición remata o vindeiro día 26 de marzo, ás 09:30 horas. A selección realizarase ese mesmo día a partir das 10:00 na Casa Consistorial.
Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.
OFERTA DE EMPREGO
Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada completa, para sustiuir a unha das auxiliares de axuda no fogar de baixa por enfermidade. A data de inicio prevista é o día 25 de marzo e ata que finalice a sustitución.
O prazo de inscrición remata o vindeiro día 22 de marzo, ás 09:30 horas. A selección realizarase ese mesmo día a partir das 10:00 na Casa Consistorial.
Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.
miércoles, 13 de marzo de 2013
MEDIDAS PARA FAVORECER A CREACIÓN DE EMPRESAS POR XÓVENES
A continuación aparece un enlace onde podes consultar os principais medidas para fomentar a creación de empresas para os xóvenes, que entraron en vigor o pasado mes de febreiro.
http://www.sepe.es/contenido/noticias/ampliar_noticia/apoyo_emprendedor.html
martes, 12 de marzo de 2013
CURSOS DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A PERSOAS DESEMPREGADAS
O Centro de formación ocupacional de Viveiro, sito na Misericordia, ten previsto comenzar o próximo día 3 de abril dous cursos dirixidos prioritariamente a persoas desempregadas (plan AFD):
- Mecanizado.
- Fontanería.
Os interesados deben de estar inscritos na oficina de emprego de Viveiro. Máis información na propia oficina ou no Centro de formación ocupacional (Tlf.: 982562448).
- Mecanizado.
- Fontanería.
Os interesados deben de estar inscritos na oficina de emprego de Viveiro. Máis información na propia oficina ou no Centro de formación ocupacional (Tlf.: 982562448).
lunes, 11 de marzo de 2013
LISTAS CONTRATACIÓN TEMPORAL XUNTA DE GALICIA
Recordámosvos que según o establecido no artigo 6.2 del Decreto 37/2006, de 2 de marzo, poderán presentarse novas solicitudes para incluirse nas listas de sustitución da Xunta de Galicia "desde o día 1 de marzo hasta el día 15 de xullo de cada año, elaborándose no período comprendido entre o 1 de setembro e o 31 de decembro do mesmo ano".
Nas listas que estén cerradas, só poderán inscribirse aquelas personas que teñan servizos prestados ou exercicios aprobados do último proceso selectivo.
Para máis información pincha en este enlace:
http://funcionpublica.xunta.es/?q=node/92
OFERTA DE EMPREGO
Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha LIMPIADORA a media xornada, por un período de 6 meses
O prazo de inscrición remata o próximo día 19 de marzo, ás 09:30 horas, realizándose o proceso de selección ese mesmo día a partir das 10:00 horas.
Para máis información e inscricións: pasar pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.
O prazo de inscrición remata o próximo día 19 de marzo, ás 09:30 horas, realizándose o proceso de selección ese mesmo día a partir das 10:00 horas.
Para máis información e inscricións: pasar pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.
martes, 5 de marzo de 2013
CURSOS ON LINE PREPARATORIOS DO CELGA 1
Ata o 14 de marzo do 2013 está aberto o prazo de inscrición para os cursos on line preparatorio da proba para obter o Celga 1. Está orientado a persoas que non teñan ningún coñecemento da lingua galega, especialmente estranxeiros/-as.
Máis información pinchando en este enlace:
http://www.xunta.es/linguagalega/formacion_celga
lunes, 4 de marzo de 2013
AULA CEMIT DO VICEDO
A aula CEMIT do concello do Vicedo, dispón de ordenadores, impresora e outros dispositivos relacionados coas novas tecnoloxías para uso público de carácter gratuito. Oferta charlas e cursos sobre distintos temas relacionados coa aplicación das novas tecnoloxías na vida diaria. Ademáis, o encargado da aula ofrece asesoramento informático a asociacións, colectivos, particulares.... e formación específica.
Posibles cursos:
Para desempregados:
- Búsqueda de emprego na rede.
- Elaboración do CV.
- Orientación laboral na rede.
Para empresarios:
- Creación de blogs.
- Creación páxina web da empresa.
- Presencia en internet das redes sociais. Como aumentar as vendas.
Para nenos e maiores:
- Alfabetización informática.
- Correo electrónico.
- Navegación web.
- Iniciación á internet.
- Búsqueda de información na rede.
- Xogos de adestramento mental.
- Mecanografía.
- Dropbox (almacenamento na rede).
- Xeolocalización.
Para Adultos:
- Como buscar, ver e medir parcelas agrarias.
- Información de prezos, especies e métodos de pesca nas lonxas galegas.
- Trámites bancarios online.
Si estás interesado, apúntante xa chamando ó 982590195, ou pasando pola aula, sita no baixo da Casa da Cultura, no seguinte horario: de luns a venres, de 16:00 a 20:00 horas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)