martes, 28 de diciembre de 2010

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal dun peón para a recollida do lixo por dous meses.
O prazo de presentación de solicitudes finaliza o próximo día 30, ás 13:00 horas.
Para máis información ou inscricións pasar polo concello, ou pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

martes, 21 de diciembre de 2010

OFERTA DE EMPREGO

Restaurante O BOLICHE de O Barqueiro necesita axudante de cociña para todo o ano. Tlf.: 981424212

lunes, 13 de diciembre de 2010

AXUDAS PARA PALIAR OS DANOS EN PRODUCCIÓNS AGRÍCOLAS E GANDEIRAS POLAS INUNDACIÓNS

O Ministerio de medio ambiente, medio rural e mariño convoca axudas para paliar os danos en produccións agrícolas e gandeiras debidas o temporal de choivas e inundacións acaecidos entre os días 9 e 16 de xuño de 2010, no norte peninsular.
Estas axudas están dirixidas a explotacións agrícolas ou gandeiras que sufrisen danos superiores o 30% da producción normal e que tendo suscritas pólizas de seguro en vigor para a campaña 2010, non foran amparadas polas mesmas.
O prazo de solicitude remata o próximo día 5 de xaneiro do 2011.
Para máis información contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello.

AXUDAS COMPLEMENTARIAS AO PLAN RESOLVE PARA O COMERCIO POLO MIÚDO

Ábrese o prazo dunha nova liña de axudas para a compensación dos xuros asociados ao financiamento obtido polos autónomos e microempresas do sector do comercio polo miúdo, mediante a liña de circulante subsidiado e avalado para autónomos e microempresas (Plan Re-solve), ata o día 31/03/2011.
Máis información pasando pola oficina da Técnico de emprego, sita na Casa da Cultura.

viernes, 3 de diciembre de 2010

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, dunha auxiliar de axuda a domicilio, a xornada completa, desde o próximo 15 de decembro ata o 14 de maio do 2011.
Requisitos:
-Ter nacionalidade española, sen perxuízo no disposto no estatuto básico do empregado público, sobre o acesso ó emprego público de nacionais doutros estados.
-Ter cumpridos os 16 anos e non superar a idade establecida para a xubilación forzosa
-Declaración xurada do aspirante de non haber traballado para este concello máis de 18 meses nos 30 últimos.
-Dispor de vehículo propio e carné de conducir para desplazarse polo municipio.
-Estar en posesión da titulación de estudios primarios, certificado de escolaridade ou equivalente.
-Estar en posesión de curso homologado de auxiliar de axuda a domicilio ou atención socio-sanitaria a persoas no domicilio.
O prazo de presentación de solicitudes remata o próximo día 13, ás 10:00 da mañá.
Para máis información e solicitudes contactar coa Axente de emprego e desenvolvemeto local, con oficina sita na Casa de Cultura.

OFERTAS DE EMPREGO

* ENCARGADO de puerto para San Ciprián. Titulación mínima: licenciado en náutica e transporte marítimo. Experiencia mínima de 3anos preferentemente en buques granaleros. Inglés naútico e técnico alto. Inscricións en www.infojobs.net
* AUXILIAR ADMINISTRATIVO para empresa de peixe situada en Celeiro. Selecciona EUROFIRMS ETT. Xornada partida. Incorporación inmediata. Inscricións en www.infojobs.net
* MÉDICO GENERALISTA para Viveiro. Selecciona Limber Multiservicios un médico de mediciña xeral para residencia da terceira idade. Experiencia mínima dun ano. Inscricións en www.infojobs.net
* EMPACADORES/AS DE PEIXE para Celeiro. EUROFIRMS ETT. seleccionará a 10 persoas con experiencia no sector do peixe, dispoñibilidade para traballar en turno noite/mañá e posibilidade de incorporación inmedita. Inscricións en www.infojobs.net
* PROMOTOR/-A PUNTO DE VENDA para Viveiro (3 vacantes). As funcións serían promocionar un novo producto en punto de venda durante 3 semanas. Horario de 4 horas de luns a sábado. Alta na seguridade social e contrato. 400 euros polas 3 semanas de traballo. Requírese boa imaxe e boa comunicación verbal. Inscricións en www.infojobs.net

miércoles, 1 de diciembre de 2010

OFERTA DE EMPREGO

Necesítase COCIÑEIRO/A, para restaurante en Ortigueira. Persoa xoven con titulación específica. Tlf.: 697507104

LISTAS ADMITIDOS CURSOS PACTO TERRITORIAL POLO EMPREGO

Na páxina web da Deputación Provincial de Lugo publícase a lista provisional de admitidos nos cursos que vai organizar o Pacto territorial polo emprego: http://www.deputacionlugo.org/contenidos.asp?mat=1036

OFERTAS DE EMPREGO

Empresa mariñana busca sesenta electromecánicos, electricistas e mecánicos. Os perfís a cubrir son tres: oficiais de terceira electromecánicos, electricistas e mecánicos, con formación profesional en electromecánica, mecánica ou electricidade.Os candidatos deberán ter unha experiencia mínima de seis meses na actividade.
Os interesados nos postos poden chamar o teléfono 982213170 ou rexistrar o seu currículo na páxina web de adecco, www.adecco.es