viernes, 29 de noviembre de 2019
2ª Acta selección alumno-traballador para o obradoiro de emprego Terras do Sor III
Publicada no taboleiro de anuncios da entidade, da oficina de emprego e na sede electrónica do concello do Vicedo 2ª acta da selección do alumno traballador do obradoiro de emprego "Terras do Sor III" (Especialidade carpintaría e moble/Concello de Muras): https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0
jueves, 28 de noviembre de 2019
Convocatoria da Consellería de Economía, Emprego e Industria de recoñecemento da experiencia profesional en distintas especialidades
A Consellería de Economía, Emprego e
Industria convoca para o ano 2020 o procedemento de recoñecemento das
competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na
Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do
Catálogo nacional de cualificacións profesionais.
PRAZO: Hasta el 27/12/2019
ESPECIALIDADES E PRAZAS QUE SE OFERTAN
NO PROCEDEMENTO:
·
Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2): 300 prazas.
·
Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais
(SSC320_2): 250 prazas.
·
Socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD340_2): 200 prazas.
·
Socorrismo en instalacións acuáticas (AFD096_2): 200 prazas.
·
Docencia da formación para o emprego (SSC448_3): 100 prazas.
·
Extinción de incendios e salvamento (SEA129_2): 150 prazas.
·
Operacións de vixilancia e extinción incendios forestais e apoio a
continxencias no medio natural e rural (SEA595_2): 150 prazas.
·
Confección e mantemento de artes e aparellos (MAP005_2): 75 prazas.
·
Vixiancia e seguridade privada (SEA029_2): 150 prazas, nas unidades de
competencia:
o
UC0080_2 Vixilar e protexer bens e persoas evitando a comisión de delitos e
infraccións.
o
UC0081_2 Acompañar as persoas para a defensa da súa integridade física.
·
Instrucción en ioga ( AFD616_3): 150 prazas.
·
Servizos para o control de pragas (SEA028_2): 75 prazas.
REQUISITOS:
·
Posuír a nacionalidade española; atoparse incluído, como residente
comunitario ou familiar deste, no ámbito de aplicación do Real decreto
240/2007, do 16 de febreiro, sobre entrada, libre circulación e residencia en
España de cidadáns da UE; ou ser titular dunha autorización de residencia en
España en vigor.
·
Ter 20 anos feitos no momento de realizar a inscrición, para o caso de solicitar
unidades de competencia de niveis 2 e 3.
·
Ter experiencia laboral e/ou formación non formal relacionada coas
competencias profesionais que se queren acreditar:
o
No caso de experiencia laboral: Para as unidades de
competencia das cualificacións de nivel 2 e 3, xustificar polo menos 3 anos,
cun mínimo de 2.000 horas traballadas en total nos últimos 10 anos
transcorridos antes de que se realice a convocatoria.
o
No caso de formación non formal: Para as unidades de
competencia das cualificacións de nivel 2 e 3, xustificar polo menos 300 horas
nos últimos 10 anos transcorridos antes de que se realice a convocatoria.
·
Non estar matriculado nun curso de formación profesional inicial, ordinario
ou modular, ou non estar, no momento da inscrición, realizando formación
profesional para o emprego, conducente á acreditación das unidades de
competencia que solicita.
·
Non posuír ou estar en condicións de obter un título de formación
profesional ou un certificado de profesionalidade que conteña a/as unidade/s de
competencia que solicita, nin os seus equivalentes ou a acreditación parcial
da/das unidade/s de competencia que solicita.
·
Non estar inscrito noutro procedemento de recoñecemento da experiencia
profesional ou nas probas libres para a obtención do título de formación
profesional, levado a cabo por calquera Administración ou organismo público,
conducente á acreditación das mesmas unidades de competencia que solicita.
·
As persoas candidatas, maiores de 25 anos, que reúnan os requisitos
de experiencia laboral ou de formación, e que non os poidan xustificar mediante
os documentos requiridos, poderán solicitar a súa inscrición provisional no
procedemento. Deberán presentar xustificación mediante algunha proba admitida
en dereito da súa experiencia laboral e/ou aprendizaxe non formal de
formación.
O procedemento consta de tres
fases: fase de asesoramento, fase de avaliación e fase de acreditación da
competencia profesional.
Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20191127/AnuncioG0424-191119-0007_gl.pdf
Programa emprendedores coworking Mondoñedo
O Concello de Mondoñedo, xunto co IGAPE e a EOI pon a disposición dos emprendedores lucenses un programa de formación orientado ó deseño dos plans de negocio.
O único requisito é ter unha idea de negocio, independentemente do grao de madurez da mesma. A partir do día 3 de decembro farase a selección entre todos os proxectos inscritos.
Máis información e inscricións no seguinte enlace: https://www.eoi.es/es/espacios-coworking/mondonedo-5a-edicion
O único requisito é ter unha idea de negocio, independentemente do grao de madurez da mesma. A partir do día 3 de decembro farase a selección entre todos os proxectos inscritos.
Máis información e inscricións no seguinte enlace: https://www.eoi.es/es/espacios-coworking/mondonedo-5a-edicion
lunes, 25 de noviembre de 2019
Oferta selección dun/dunha Auxiliar administrativo/-a adscrito a organización de dous cursos para desempregados
Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, con carácter de urxencia, mediante concurso-oposición, dun/dunha AUXILIAR ADMINISTRATIVO/-A, a media completa, con adscrición á organización de dous cursos de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais. Sendo a data de inicio prevista o día 11 de decembro.
O prazo de inscrición iniciase o día 26 de novembro e remata o 02 de decembro de 2019. A selección realizarase o día 03 de decembro de 2019, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.
Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0
OFERTAS DE EMPREGO VARIAS
- - Personal de hostelería para
Hotel en Burela. Todas aquellas personas interesadas pueden enviar su c.v.
a agencia@amarina.org
- - Se busca Lic/Dipl en
Informática con competencia docente para impartir un curso de Seguridad
Informática (AFD). Todas aquellas personas interesadas pueden enviar su c.v.
a agencia@amarina.org
- - Se oferta puesto para Limpieza de Edificios, Locales
Comerciales, Pisos turísticos..... para la zona de A Mariña. Todas aquellas
personas interesadas pueden enviar su c.v. a agencia@amarina.org
- - Se busca persona con
titulación de Electricidad/ Electrónica para trabajos de Mantenimiento en
Urbanizaciones y para Reparación de Electrodomésticos en Gama Blanca y Marrón
para la zona de A Mariña. Todas aquellas personas pueden enviar su c.v. a agencia@amarina.org
jueves, 21 de noviembre de 2019
Últimas prazas para os cursos de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais
Recordámosvos que o Concello do Vicedo organiza dous cursos de Atención sociosanitaria a
persoas dependentes en institucións Sociais, un en horario de mañá (de
9:00 a 14:00 h.) e outro de tarde (15:30 a 20:30 h.), sendo a data
prevista de inicio o 11/12/2019 para os dous cursos e a de fin o
29/04/2020 para o de mañá e 18/05/2020 para o da tarde.
Estas acción formativas están dirixidas ás persoas desempregadas e
cofinanciadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da
Xunta de Galica e o Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.
Ao finalizar, en caso de superar tódolos módulos, obteríase o
correspondente certificado de profesionalidade de nivel 2. Os
requisitos para poder acceder son: estar desempregado e inscrito no
Servizo Público de Emprego e ter unha titulación mínima: ESO, FPI, un
certificado de profesionalidade do mesmo nivel,etc.
Quedan moi poucas prazas, así que para máis información ou inscrición chamar canto antes ao concello do Vicedo
ó teléfono 982590029 ou 982590195, e preguntar pola Axente de emprego e
desenvolvemento local .
Oferta de emprego de limpador/-a para cubrir vacacións
Están expostas no taboleiro de anuncios
do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante
concurso-oposición, dun/dunha LIMPIADOR/A baixo a modalidade
de contrato de traballo de interinidade, coa xornada das persoas as que
sustitúe, desde o próximo día 23 de decembro de 2019 ata o 28 de xaneiro de 2020.
O prazo de inscrición omenza mañá día 22 de novembro e remata o próximo día 02 de decembro de 2019, ás 9:30 horas, realizándose o proceso de selección ese mesmo día 2 de decembro ás 10:15 horas, na casa consistorial de O Vicedo.
Para máis información e inscricións: pasar pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info
O prazo de inscrición omenza mañá día 22 de novembro e remata o próximo día 02 de decembro de 2019, ás 9:30 horas, realizándose o proceso de selección ese mesmo día 2 de decembro ás 10:15 horas, na casa consistorial de O Vicedo.
Para máis información e inscricións: pasar pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info
Oferta auxiliar de axuda no fogar para cubrir vacacións
Están
expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante
concurso-oposición, con carácter de urxencia, dun/dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, para cubrir vacacións, con adscrición ao servizo municipal de axuda no
fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de inicio prevista ao finalizar os trámites do proceso selectivo
O prazo de inscrición iniciase o próximo día 22 de novembro e remata o 28 de novembro de 2019. A selección realizarase o día 29 de novembro de 2019, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.
Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0
martes, 19 de noviembre de 2019
Oferta emprego Auxiliar de axuda no fogar. Xornada parcial (22 h./semana)
Están
expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante
concurso-oposición, dun/dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a
xornada parcial (22 h/semana), con adscrición ao servizo municipal de axuda no
fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de inicio prevista o día 12
de decembro, e por un período de seis meses.
O prazo de inscrición iniciase o próximo día 20 de novembro e remata o 29 de novembro de 2019. A selección realizarase o día 02 de decembro de 2019, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.
Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0
Oferta selección dun/dunha Auxiliar administrativo con adscrición á secretaria-intervención
Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso, dun/dunha AUXILIAR ADMINISTRATIVO,
a xornada completa, con adscrición á Secretaria-Intervención do concello do Concello do Vicedo. Sendo a data de
inicio prevista o día 10 de decembro, e por un período de tres meses.
O prazo de inscrición iniciase o próximo día 20 de novembro e remata o 29 de novembro de 2019. A selección realizarase o día 02 de decembro de 2019, a partir das 10:30 na Casa Consistorial.
Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0
viernes, 15 de noviembre de 2019
Designación membros comisión avaliación para o nomeamento de docentes cursos desempregados
Publicado decreto de designación dos membros da comisión de avaliación, con
carácter de urxencia, para o nomeamento dos docentes
necesarios para impartir os módulos formativos (incluidos os trasversais), preparación
de clases e titorías de dous cursos de Atención socio-sanitaria a persoas
dependentes en institucións sociais, subvencionados ao abeiro da Orde da Consellería de Economía, Emprego e
Industria, do 17 de abril de 2019 (DOG número 86, do 7 de maio de 2019),
pola que se establece as bases reguladoras do procedemento TR301K polo que se
subvencionan as acción formativas do plan formativo para o emprego (persoas
traballadoras desempregadas) da Comunidade Autónoma de Galicia para o período
2019-2021, procedéndose mediante a Orde do 17 de abril de 2019 (DOG número 86,
do 7 de maio de 2019) a efectuar a 2019 a convocatoria pública de subvencións
para os exercicios 2019 e 2020.
Para máis información pinche no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0
lunes, 11 de noviembre de 2019
Actas selección obradoiro de emprego "Terras do Sor III"
Publicada nos taboleiros de anuncios da entidade, da oficina de emprego e na sede electrónica do concello do Vicedo acta da selección de alumnos, director, monitores e administrador do obradoiro de emprego "Terras do Sor III": https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0
martes, 5 de noviembre de 2019
SELECCIÓN DOCENTES PARA DOUS CURSOS DE ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS
No PROGRESO de hoxe día 05/11/2019
publícase o anuncio da convocatoria para proceder
ó nomeamento, con carácter de urxencia, polo sistema de concurso, dos postos de traballo
de docentes necesarios para impartir os módulos formativos (incluidos os
trasversais), preparación de clases e titorías de dous cursos, un en horario de
mañá e outro de tarde, da especialidade de Atención socio-sanitaria a persoas dependentes
en institucións sociais, aprobados ao abeiro da Orde da Consellería de Economía, Emprego e
Industria, do 17 de abril de 2019 (DOG número 86, do 7 de maio de
2019), pola que se establece as bases reguladoras do procedemento TR301K polo
que se subvencionan as acción formativas do plan formativo para o emprego
(persoas traballadoras desempregadas) da Comunidade Autónoma de Galicia para o
período 2019-2021, procedéndose mediante a Orde do 17 de abril de 2019 (DOG
número 86, do 7 de maio de 2019) a efectuar a 2019 a convocatoria pública de
subvencións para os exercicios 2019 e 2020.
O prazo para a presentación das solicitudes será de dez
días naturais, a contar desde o
día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria nun dos xornais de
maior difusión da provincia de Lugo. Polo tanto, comenza mañá día
06/11/2019 e remata o día 15/11/2019.
A presentación de solicitudes poderá
realizarse no Rexistro xeral do Concello de Vicedo ou en calquera das formas
establecidas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 01 de outubro, do procedemento
administrativo común das administracións públicas.
Dada o carácter urxente da convocatoria, e
para evitar posibles prexuízos para o solicitante, a presentación das
instancias por calquera outro medio distinto ao da presentación no Rexistro
xeral do Concello de Vicedo, deberá ser comunicada vía fax (número 982590001),
ou vía e-mail o seguinte enderezo: concello@concellodovicedo.org
Pode consultar as bases e descargar ás
instancias, pinchando no seguinte enlace: http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0 (Apartado
taboleiro de anuncios)
lunes, 4 de noviembre de 2019
OBRADOIROS DE XERACIÓN DE PROXECTOS DO MAR ORGANIZADOS POLO GALP A MARIÑA-ORTEGAL
Este é o
calendario dos obradoiros de xeración de proxectos do mar que
se realizarán entre o 5 e o 20 de novembro no territorio, para que poidan difundir e participar nos mesmos. As sesións están
organizadas polo GALP A Mariña-Ortegal, dentro do proxecto GOBERMAR, en
colaboración cos concellos da zona.
Data de
celebración e horario
|
Hora
|
Lugar de
celebración
|
Localidade
|
Martes 5 de novembro
|
17.00
|
Local social da casa do concello
|
CARIÑO
|
Mércores 6 de novembro
|
18.00
|
Auditorio municipal
|
CEDEIRA
|
Martes 12 de novembro
|
18.00
|
Centro de San Roque
|
ORTIGUEIRA
|
Xoves 14 de novembro
|
18.00
|
Centro de Formación Ocupacional
|
BURELA
|
Martes 19 de novembro
|
18.00
|
Sala multiusos da casa do concello
|
VIVEIRO
|
Mércores 20 de novembro
|
18.00
|
Casa da Xuventude
|
RIBADEO
|
Os encontros
están dirixidos a empresas do sector, confrarías, asociacións, persoas
emprendedoras e público interesado en xeral.
Nos encontros
trataranse os seguintes temas:
· Obxectivos e ideas de negocio con posibilidades de
financiamento. Detalle de proxectos produtivos financiados nos últimos 3 anos
para o sector.
· Necesidades que se detectaron no traballo de campo (confrarías,
asociacionismo e empresas)
· Café-debate. Espazo aberto para identificar novas
liñas de negocio nas empresas extractivas, transformadoras e comercializadoras.
As persoas
interesadas en asistir deben inscribirse a través do seguinte correo
electrónico: gobermar.marinaortegal@gmail.com
Suscribirse a:
Entradas (Atom)